Se tedes algunha foto que vos gusta pero á cal lle quitaríades algo...mandádema jeje
Pásoo como un enano nesto de amañar fotos
Hai que recordar gardar sempre a foto orixinal, para non esquecernos da realidade. Xa nos pasa moi a miúdo na vida real, na que sempre recordamos todo máis grande e máis bonito, como para que nos pase cunhas das poucas probas obxectivas que temos de como foi o pasado.
A foto orixinal que me permitín destrozar é esta na que Salvia e eu descansábamos un ratiño do traballo da escola de wind e vela de Gandía (un saúdo para todos) no 2003. Mimá, como pasa o tempo.
Pois ben, decidín quitarlle o caseto de atrás, e poñerlle o ceo que tiña noutra foto. E, de paso... ¿nunca vos imaxinastes como seríades cos ollos doutra cor? pois aí está Salvia cos ollos marróns e eu azuis
Nótase moito que estamos "plantados" nun fondo azul e penso que é pola luz que nos ilumina a nós, xa que na orixinal estábamos debaixo de un toldo...e suponse que ó aire libre deberíamos de ter máis luz. Aínda que na segunda parece que o sol está máis ben detrás de nós, polo que deberíamos de estar a contraluz...non sei, admítense consellos, suxerencias...Aquí estamos para aprender.
Un saúdo!
9 comentarios:
Boas Rubén:
De nada polas fotos, eu estou encantada de fácelas e de pasárvolas! o de non poder ampliar algunhas non teño nin idea de que pode ser, xa me pasou noutras actualizacións...pero non te preocupes que chas mando por correo.por certo? como fas pra que che aparezan así de grandes na pantalla prinicipal?? eu non o dou feito, e mira que investiguei...
Con respecto a esta foto...menuda cara que tes!!! quitarlle esos olliños tan bonitos a túa moza. De todas formas gústame o apaño, aínda que se poida notar, a foto quedou chulisima. Xa che mandarei alghuna que temos Juan e Eu pa que as amañes...jejeje
E contade con nos pra seguinte paella-churrasco que imos encantados. A próxima vez que vaiamos avisamos antes!
BIKIÑOS!
Boas!
Ía a decirche que subiras as fotos a unha páxina como photobucket, pero acabo de ver que xa o fas! non sei cal pode ser o problema...
eu súboas e despois redúzoas dende photobucket a 640x480 para que non se me saia da plantilla. Ti súbelas reducidas?
ah, xa recibín o teu correo, para a próxima comilona/churrascada/festa/ surfari estades avisados jeje
e a Salvia, mentres non lle modifique a forma dos ollos, penso que os sigue tendo preciosos jejeje aínda que sexan color marrón caca jeje. que romántico son...non atino unha con xeito, agora que podía quedar guay...
¡Que raro te vexo cos ollos claros, meu fillo! Gústasme máis como es.
jeje graciñas maie
jajaja, con los ojos de ese color te me pareces a kelly slater.
Ahora solo faltan los aereos y los titulos, jejeje.
Venga meu
un saludo
jajaja...
e en ke me parezo jose? no color dos ollos non? jajaj
o dos títulos e aereos non te preocupes... un par de semanas dando caña e listo jaja
talogo!
Aaaaahhh! así que por fin descubriches o fotochó.
Se escoitaras a teu pai...
Ese home sí que fala con ligua de verdade.
Por certo, e "ofderecor" observo con lascibia (ou é lascivia?) que Salvia non perde nadiña calquera que sexa a cor de ollos... pero ti... mira que eres feo tu...
jajaja eu tamén te aprecio Pedro jeje
Publicar un comentario