lunes, 25 de febrero de 2008

Bricosurf

O venres fun visitar a Chus (chusmasurfboards.blogspot.com).
Alucinei co seu taller, e coas 5000 tablas e proxectos de tablas que alí había.

Tiña pendiente recoller material que pedimos conxuntamente para aforrarnos gastos de envío (microbalon, resina, catalizador e parafina) pero ademáis deso, recollín tanta información sobre fabricación e reparación de táboas que me saía polas orellas.

este finde púxenme mans a obra. Sei que sería máis fácil mandar a amañar as táboas a Tito de Coruña, ou a Chus, pero quero aprender a facelo eu para aforrarme viaxes, abaratar costes... e por que me gusta.

Comecei coa wat say 8`2. Fixéraseme unha burbulla de unhas dúas cuartas de superficie, é dicir, separouse a fibra do foam e ó quentarse o aire que había no medio inflaba ata que un día rebentou.
Fai tempo deslaminei a fibra que estaba despegada e deixeina a secar unha temporada.

antes de amañar

Este finde collina, e comprobei que había moito foam malo. É dicir, a espuma estaba reblandecida e amarillenta. E así non se pode enfibrar xa que se acabaría despegando a fibra xunto co foam malo, do foam bo. Non sei si me explico.

Polo tanto púxenme a lixar ata chegar a un foam branco e duro. Como a transición a un foam de calidade era bastante gradual, non sabía moi ben cando parar de lixar, pero noteino ben cando ó dar pequenos golpes cos dedos no foam, sonaba a táboa en vez de... non sei... sonaba "toc toc" no lugar de "fup fup", jejeje. Ademáis, tamén tiven que quitar fibra que estaba despegada.

Ó final quedoume esto
a medio amañar
Photobucket

Agora, segundo o que me recomendou Chus, para volver a deixar a táboa nivelada, teño que botarlle espuma de poliuretano, desta que se vende en sprays, e despois lixar. Si alguén coñece outra solución será benvida, xa que a resina igual come esta espuma. Teño que facer unha proba antes.

E a seguinte en ser curada é esta xoia miña que vai xenial, pero sobre todo en olas grandes. É unha 7,5 á que lle rompín unha quilla

Photobucket

a quilla que lle arranquei, que fora feita por min, deixou unha base de resina tremenda que era imposible de lixar. Así que collín o rotaflex con moito medo e coidadiño e comecei deixar a zona da quilla ben nivelada. Emocioneime co ben que me estaba quedando e comecei a perder medo e a darlle brío nos movementos ata que tiven un par de descuidos.jeje.
Photobucket

Agora teño que facer mezcla de resina con microbalon para cubrir os furadiños, lixar, laminar, e despois poñer outra quilla que fixen (cando a atope, que non sei onde a puxen)

Por certo, na viaxe a Muros, aproveitei para pegarme un bo baño en Area Maior (nas dunas de louro) pero non sen antes pegar un vistazo ó Faro

Photobucket
Photobucket
que non me convenceu porque había 15 corcheiros que non paraban de coller olas e uns cuantos cambiándose... ademais na orilla saía cada tubo, que me fixo temer pola única táboa que me queda enteira, así que pasei e disfrutei de bo baño en boa compañía en Louro.

Unha aperta!

5 comentarios:

Chusma Surfboards dijo...

A próxima vez que veñas traete a libreta e toma apuntes, jajajaja, en serio volve cando queiras, un abrazo

Rubén Prieto dijo...

jajaja si si, fareino!
ou mellor levo unha grabadora que non me vai a dar tempo a escribir todo o que me gustaría...

Por certo, ti o de botar espuma de poliuretano para despois lixar e laminar...xa o tes feito?

un abraso

Anónimo dijo...

Como estou hodido (sen voz, ainda que con voto) teño tempo para leer a inxente información da túa páxina.
Moi boa e didáctica (ata para os neófitos coma min) o do bricolaxe surfeiro.
E eu que pensaba que ca miña taboa de planchar xa abondaba para lanzarme á s ondas!!
Ah, onde se pode conseguir unha pegata de "Os Tombos"?

Anónimo dijo...

ola rubén¡¡

te escribo por la reparación de la primera tabla que enseñas. Yo estuve reparando un caso parecido el año pasado. Cuando una tabla filtra agua y no nos damos cuenta. Suele pasar que se despega la fibra y el foam se pudre. Al tocar sobre la zona afectada suena a hueco y si esta zona recibe una presión especial; zona de los pies y de manos,suele ocurrir que nos aparece un toke constantemente.

A este tipo de patologia tablística le llamo "tener cáncer" y la quimioterapia o tratamiento es el saneamiento de la zona como tu has empezado a hacer.

yo para deslaminar la tabla en la zona afectada. utilizo la radial con un disco de fino de corte (2 mm)y corto la fibra procurando dañar lo menos posible el foam.

Una vez delimitada la area a sanear y retirado el foam canceroso. me dispongo a lijar la zona afectada hasta dar con el foam bueno. El foam en buen estado se diferencia por su densidad y por su color blanco. Es conveniente no utilizar el cepillo eléctrico para este menester; porqué este foam podrido contiene salitre y oxidaríamos las cuchillas del cepillo.
Ya tenemos saneada la zona, el siguiente paso es ocupar el hueco con un material que no pese mucho y tenga la densidad adecuada para el peso que vayamos a ejercer sobre esta zona.
A modo de curiosidad, te puedo decir que un foam de surf tiene una densidad de 45 kg/ cm. No creo que con la espuma de un spray, llegues a conseguir esa densidad...pero pero... si en esa zona no se ejerce presión. prueba ¡¡ puede ser una solución valida, pero ten encuenta que la espuma de poliuretano aplicada al aire libre,suele dejar bastantes burbujas de aire y las tendrás que rellenar con microbalones.

Si, rubén.El año pasado rellene un hueco parecido al tuyo con espuma de poliuretano y después de laminar con varias capas , al palpar la zona, la fibra se hundia.

Yo rellenaria la zona con una mezcla de trozos de foam de surf y microbalones.Ocupando el volumen de la zona principalmente con amplios trozos de foam.
Cuando tuviera más o menos rellenado el hueco. Nivelaria todo con una fina capa de microbalones y lijaría fijándome en un detalle. Tienes que lijar un poquito más; para que al laminar el arreglo. te quede la fibra nueva , más o menos,a nivel de la fibra original de la tabla.

otra cosa... para el canto, vas a tener que hacer un injerto de espuma de poliuretano y cuando esté pegado, darle forma como si estuvieses haciendo los cantos de una tabla y con una malla metálica.

una saludo y perdona por haberme liado tanto.

p.d ya me contareis, quién es el alemán de os tombos?...;-) animales hay muchos, cuando se presenta delante un buen churasco como el de este sábado ;-) :-).

otra cosa... me gustaria comentar que con vuestra iniciativa libre e desinteresada. Habeis hecho más por nuestro óceano y por eso que llaman surf que todas las federaciones y marcas suerfeiras. Sois un referente de sensibilidad medio ambienal, naturalidad, honestidad y simpatía. Con vuestro espiritu positivo, os habeis ganado todo el respeto del mundo.

michi barqueiro

Rubén Prieto dijo...

Mimá michi... si te esmeras tanto nas táboas como nos comentarios seguro que surfean solas! :)
a min gústame ler, así que non te cortes en escribir. Sobre todo si escribes cousas tan positivas e alagadoras como estas! jeje. moitas gracias por todo o que dis, en serio, aínda que non creo que sexa para tanto. Interesanos o coidado do noso entorno como a moitas agrupacións que estiveron limpando dende fai moito tempo. Non é algo totalmente novedoso, pero non deixa de estar ben feito.

Moitas gracias polos consellos da táboa. A verdade é que non pensara no da espuma de poliuretano. De nada sirve quitar o foam blando si despois o que se lle bote para nivelar non acada a dureza desexada. Ben sendo o mesmo. Quitar foam malo para poñelo blando.

Peter p. de mille! con unha táboa de pranchar seguramente se poda surfear!ds se sigues buceando polo blog seguramente atopes un video no que se ve a uns profesionais surfeando con portas, mesas coas patas para arriba, patinetess.... pero para aprender a facer surf non cho recomendo jejeje
Polo da pegata... ei de preguntar ó presi a ver se quedou algunha. Ó mellor hai que facer outra tanda :)

unha aperta!