sábado, 9 de febrero de 2008

Un día no paraíso

Hai veces que, aínda que sexamos conscientes do paraíso no que vivimos, non o disfrutamos como tal.

Onte foi un día moi bonito. Acerqueime a Rostro con Rueda, e ó principio parecía que non había nada de ola. un metriño e rompendo mal (gustábame máis como estaba Mar de Fora). Pero mentres esperábamos polos amigos disfrutando do soliño, as olas ían mellorando.

Decidimos pasear pola praia para ver mellor os picos, e disfrutar da paisaxe. Ver o monte salvaxe, case virxe, ó lado de pedazo areal, adornado acústicamente co susurro das espumas que morren na area... é algo que me relaxa e me transporta a outro mundo. Encántame. Un calorciño na caluga facía ese momento aínda máis agradable, e ver que as olas estaban mellorando, xa non vos conto. Son eses momentos que che fan dicir, ou mellor dito, pensar en alto: Esto é un paraíso.

Pero... algo tiña que fastidialo momento, xa que despois de mirar tanto para arriba e para os lados, comecei a mirar para abaixo. E solo o noso idioma o pode definir nunha soa frase: AAAII QUE CARALLO! (como ben di a camiseta de Rueda)

Photobucket

galletas e galletóns de chapapote parecían intentar colocarse debaixo das plantas dos nosos pes. Literalmente, había zonas nas que había que buscar sitio para colocalo pe. Sobretodo para colocalo eu, que non é que teña un pe pequeno precisamente.

Vimos unha especie de barrilete de plástico, e un cachiño dun casco, e comezamos a recoller o que a nosa alma aliada coa conciencia non nos permitía deixar alí. A impotencia de casi non poder transportar o recipiente cando xa tiña un peso considerable, fixo que so tivésemos que coller os galletóns máis gordos. Cando dicíamos, xa está, non podíamos evitar seguir parando a recoller.

Ó final, uns 20 kilos de chapapote recollidos en 20 minutos fixo que comezásemos a pensar que facer con eles.
- ¿e se os tiramos diante da porta do concello de Fisterra para que veñan a limpiar dunha vez?
- Ou tamén lanzarlle as galletas ás ventanas do concello...

Despois apareceu un tal "sentidiño" que coñecemos só de vista, e díxonos que mellor era facer un escrito, avisar polas boas, e despois xa virían os actos revolucionarios...

Si é que... vai a haber que esperar a que chegue o verán, e con el os turistas para que se poñan a limpiala praia. Claro, entonces, cando a xente ve a praia (no verán)
comproban que non hai chapapote, e nos seremos un surfistas tolos, egocéntricos, que queremos facernos famosos con continuas chamadas de atención sin fundamentación ningunha.

A seguinte praia en limpar, tiña que ser Rostro. Pero é moi grande, realmente necesitaríamos axuda de todos vós para facelo nunha mañá. Tíñamos que ser 30 ou 40 persoas como mínimo!. Posiblemente dispoñeríamos de Quad ou un tractor para transportar as bolsas. Entonces si que faríamos as cousas ben feitas. Con antelación faríamos publicidade nas radios, periódicos e tódolos blogs que quixérades colaborar. Incluso se me ocorre chamar á televisión de Galicia ou incluso ós de "españa directo" ou un programa destes.

É unha vergonza rapaces, que 6 anos despois do prestige estemos sufrindo as consecuencias... e nin se sepa, nin fagan NADA por solucionalo! si é que é normal, porque nin sequera nós nos queixamos! E si non o facemos nós, que somos os que disfrutamos da praia todo o ano, quen o vai a facer?

3 comentarios:

Isabel Tomé dijo...

Contade coa colaboración de Radio Neria. O meu programa do martes xa vai do que fixestes en Nemiña. Pero tal como vos dixen o outro día, tedes que airear máis a iniciativa. O da tele non me parece mala idea.

Maika Boquete dijo...

É así Rubén, se non hai "Madrilejos" interesados na praia non hai coidados. O Venres tamén estivemos nos en Rostro, paseando e disfrutando de todo iso que dis, e tamén recollendo merda, no noso caso, bombillas. Flipei coa cantidade delas que había... e aínda comentamos Juancho e Eu: "a ver se Rubén e os seus organizan unha limpeza aquí, porque falta lle fai". Pos suposto que xa podes contar con nós e tamén con que apareza no meu blog.
Unha aperta!

Rubén Prieto dijo...

moitas gracias maika, xa pensei que ninguén iba a escribir nesta entrada que considero...necesaria.
e graciñas pola posible futura colaboración co voso blog.

E seguiremos necesitando moitííísima máis axuda de moita máis xente. non sei se volver a subir esta entrada para ver con quen podemos contar e con que tipo de axuda.

un saudiño maika