viernes, 29 de febrero de 2008

Ruta pola costa

Non hai boas olas, non hai vento... hai que pensar nalgunha alternativa. No lugar de facer kilómetros en balde buscando olas... porque non facelos en bici? Parece que nos ferve o cu.

A cuestión é moverse, facer algo diferente, fuxir da rutina, despexarse, disfrutar do deporte, facer traballar a ese corazonciño e a eses pulmóns, sentirse vivos... sentirse vivos na Costa da Morte

Collimos as bicis, despertamos ás pernas e recordámoslles que a posición de sentado, non é a natural. ¿A onde imos? sexa a onde sexa, que sexa cara o mar.

Saímos dende Cee, e fumos dirección a Rostro. Dámonos conta do primeiro detalle: O depender cada vez máis das máquinas, fai que teñamos unha mal percepción do entorno. Non nos fixamos nas pedazo de costas que subimos tódolos días co coche, ata que temos que pedalealas...¿Pero esta costa sempre foi así de pendiente?? mimáa!

Nas costas arriba, a David e a min, ó ir "de tranquis", danos tempo a ir charlando, a fixarnos nas cousas, árbores, regatos, prados, muros de pedra, animais pequenos e...

Photobucket
Unha árbore que literalmente se estaba zampando unha chapa das que delimitan os cotos.
Para sacarlle a foto tivemos que facer algún que outro numerito jeje
Photobucket

Unha vez chegamos a Rostro, mentres íamos pola pista paralela á praia, deunos unha toleirada das nosas e dixemos, ó próximo camiño collemolo cara a praia, sexa como sexa. Acabamos indo a todo trapo por un camiño pequeniño, polo medio dun pinar con baches e montañas de pirlo. chegamos a un lugar sen saída e David nun pronto de adrenalina, liberdade e frenesí, seguiu pedaleando entre uns coleiros mentres cantaba: "entre os coleiros lalala entre os coleiros lalala" ata que se lle enterrou a roda de adiante e deu un pinchacarneiro para adiante en menos do que canta un galo. jajaja. Eu casi caio tamén pero do ataque de risa que me deu

Despois, fumos bordeando os cantís de Rostro dirección Fisterra. É increíble o impresionante que é ese cacho de costa e o pouco que o visitamos.

Quedámonos un bo rato contemplando o mar.
Photobucket
David

Seguimos bordeando a costa por camiños máis acondicionados para quads que bicis, con pedras, aera, baches, herba...e sen deixar de disfrutar da paisaxe, chegamos a Arnela.

Despois decidimos ir a esas antenas que se ven á dereita dende Mar de Fora. Subimos unha desas costas que che fan replantear moitas cousas:

-aaii quen estivera montado nun quad/moto/coche/cabalo/cousa con motor
-aaii quen nos mandaría... co ben que se está no sofá
-mecagoen ...2·%&$/·()$/·%
-la madre que me../&$%$·%$%/(
-¿que o deporte é sano?? creo que me vai a dar un chungo!!

Aínda que nos decíamos cousas para motivarnos e acelerar a subida:

-DONUTS DONUTS DONUTS
-CHULETÓN CHULETÓN CHULETÓN

Unha vez arriba, non te arrepintes de nada... Volvimos a disfrutar dunha perspectiva de Mar de Fora e do cabo Fisterra pouco habitual
Photobucket
Hai momentos nos que estou no mar, engaiolado pola maxia dunha praia virxe, ou no monte, onde a natureza me susurra unha das súas mellores melodías, nos que penso que aínda que me remontara 600 anos atrás no tempo, ese momento sería exactamente igual. Nada cambiaría.

Aí arriba, despois de ir un bo rato polo monte, houbo un momento no que o silencio era sobrecolledor. Bueno, minto... pero o único que se escoitaba era froito da natureza. So se sentía o ruxir do mar de fondo e o mecer das árbores polo vento. Nada era artifical nin humano. A armonía do momento so era interrumpida polo estalar das polas baixo os nosos pés. Chegamos a un lugar no que, antes, había un monte espeso onde os raios de sol tiñan dificil acceso; agora é un campo de paus e ramallos con troncos carbonizados. Unha paisaxe desoladora. Un monte sen vida.

Á natureza costaralle anos volver a recuperarse, pero farao, sempre que lle deixemos.

Nós, pegámonos dende alí un baixadón polo monte ata casi o instituto de Mar de Fora. Unha baixada tan larga que non aguantaba coas pernas de ir tanto tempo de pe na bici amortiguando baches e pedras. Chegamos a fis, repoñemos enerxías cun bocata e bollería e volvemos para casa.

Un dos maiores placeres do día? chegar a casa, pegarse unha ducha e derrumbarse no sofá cun sorriso na cara de satisfacción persoal despois desos 35 kilómetros tan machacóns :)

Unha aperta!

CARPE DIEM
CARPE MARE

8 comentarios:

estrela dijo...

É incrible o fermosa que he a nosa costa,seguimos tendo paraxes virxes,salvaxes,esperando por nos en cada recuncho,as veces cada chegamos a un deses paraxes,parece como si foramos a primeira persoa que chega hasta ali,esperemos que eses recunchos poidan seguir asi por moito tempo,e que poidamos levar un dia os nosos nenos,e queden engaiolados,como nos de cada vez que podemos disfrutar diso,un saludiño e moi bo o teu post,un bico

Rubén dijo...

Graciñas estrela
outro

Isabel dijo...

Eu xa o dixen sempre, e perdón pola chulería: temos a manía de valorar sempre máis as cousas de fóra que as propias... Cantos quixeran ter as praias e os cantís que temos por aquí! Da apuro pensar que hai xente de aquí que coñece sitios de moi lonxe e que aínda non subiu ó Pindo nin controla os areais da zona.

Juan dijo...

Sempre dixen que hay que diversificar deportes para,mais ou menos,non sufrir moito cando facemos algún outro que tamén nos gusta.E a bici de montaña e muy esixente,hay que dedicarlle mais tempo que a muller ou a moza!!! ja.ja.
Si non vos coñecera,e aínda así si non fora polos pes de David,na segunda foto estaría pensando mal.Hay que cuidar detalles cando se fan fotos,que hay moito mal pensado pola internete.

Con respecto as fotos,non hay problema,colle as que che fagan falta e si necesitas algunha que eu poida ter,xa sabes por donde ando.

Para a próxima limpeza de praias,si o traballo mo permite contade conmigo.E ca cámara,claro.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,

Anónimo dijo...

hello im new to the forum, this is a great place to be hope im welcome[url=http://www.vista-registry-cleaners.com][img]http://www.vista-registry-cleaners.com/vistaregistrycleaner.gif[/img][/url]

Anónimo dijo...

loved las vegas? peril the all leftover [url=http://www.casinolasvegass.com]casino[/url] las vegas at www.casinolasvegass.com with beyond 75 … la amuck unstinting [url=http://www.casinolasvegass.com]online casino[/url] games like slots, roulette, baccarat, craps and more and originate down permitted currency with our $400 untied of wardship bonus.
we be tribulation with serene safer games then the superannuated online [url=http://www.place-a-bet.net/]casino[/url] www.place-a-bet.net!

Anónimo dijo...

Did you see [url=http://bit.ly/dk1e10]how to get a apple ipad[/url] for free right on Apple's home page?!?

It's here if the link wont work. I cannot believe its right on their home page http://bit.ly/dk1e10 just copy and past the link into your browser. I just cannot
believe this huge iphone and I love my iphone!!!!

So dont miss out on this magical device for free. Check it out, AWESOME!!! Go to [url=http://bit.ly/dk1e10]apple ipad home page[/url], they are really
ramping up the ipad right now! I[url=http://bit.ly/dk1e10]How to get a free apple ipad [/url]!

Birthday is coming early this year!!

Paula

http://www.bz9.com/ipad1/ Hope you get there in time. Only 500 to be given out to test...