Para moitos, o surf é casi sinónimo de "quicksilver" ou "billabong", outros o primeiro que se lles pase pola cabeza é un día de sol, con rapazas en biquini e unha táboa de surf cravada na area para "fardar". Outros pensarán que o surf está directamente relacionado coa lei do máis forte para poder coller algunha ola entre malas caras e insultos de "locales"...
Pero outros moitos, cando pensamos en Surf, pensamos no mar, nas olas, na amizade, na "pandilla", na adrenalina, nos tubos, na diversión, nas risas, na natureza, e obviamente no coidado do medio no que disfrutamos.
O club de Surf Os Tombos, organizou para onte a limpeza dunha praia da costa da morte. A praia escollida foi Nemiña. Participamos unhas 20 persoas, e gustaríame agradecerlle a todos a súa participación, en especial ós que tiveron que vir dende máis lonxe (Ferrol, Coruña, Carballo...), e os que traballaron na súa organización para que todo fose como a seda.
Había bastante basura, pero non imaxinamos que recolleríamos tanta cantidade.
(As fotos firmadas por Pita, están feitas por el, obviamente, o resto son case todas de Bruno, e as peores son as miñas :) graciñas polas fotos)
Comezamos sobre as 10:30 e ó longo da mañá íase sumando máis xente
Aquí o menda, o único pringadillo que limpou "disfrazado" jeje. un cavernícola apañando chapapote
Recordades o que dicían no 2002? As praias están esplendorosas!
recoller a basura da praia foi o traballo máis lixeiro, o que costou máis foi traer tódalas bolsas que íbamos enchendo a medida que recorríamos a praia. Tivemos que facer varias viaxes para traelas todas. Esperemos que na próxima limpeza sexamos os suficientes como para traer tódalas bolsas dunha viaxe
Todo o que xuntamos
se as novas xeracións se educasen e convivisen con accións de este tipo, mellor nos iría a nós, e ó mundo que deixamos para os que veñan...
Aquí miña irmá, mostrándolle ó seu fillo o mar por primeira vez
A limpeza, que foi levada a cabo por un 95 % de surfistas, era interrumpida ás veces por berros como: -¡Mirade que dereita!
-¡Tubazooo!
-¡Aí ben a serie!¡A recoller rápido que hai que ir para a auga!
Ó acabar de limpar, pegámonos un baño. Ó saír xa ían pola 3ª tanda de churrasco. Que por certo, estaba boísimo (noraboa ós cociñeiros)
Despois do churrasco, algo de charla, e volta para a auga
E nada mellor para rematalo día que unha fogueira para quencer as mans mentres comentamolo día
En definitiva, un día perfecto. Un día no que as nosas conciencias quedaron case tan limpas como a praia
Unha aperta a todos!
PD Podedes ver máis fotos en www.maruxianorte.com e próximamente no blog do club (www.clubsurfostombos.blogspot.com)
16 comentarios:
esos si que son locales
pasé por aqi
agur
Moi boa exposición do día, non dixeches os que viñan de Santiago coma eu, o día valeu a pena ainda que as ondas non fosen as mellores, voute roubar un par de fotos para o noso blog que eu non as fixen, deica logo.
moi boas as fotos...a ver se repetides outra que esta vez quedei coas ganas do churrasco jejeje
un pracer ir dende ferrol para recoller a praia, e pasar o bo dia que pasei con vosoutros, xa sabedes que podedes contar conmigo pra seguinte!!
Así da gusto!!!!
Viva Galicia y el buen rollo entre colegas, seguro que no os peleáis por quien salta la ola a quien.
Disfrutad de ese buen rollo; no todo es coger las mejores olas, sino disfrutar fuera y dentro del agua en la playa.
ESA CHURRASCADA!!!!
Enoraboa!! Ogallá os concellos tomen nota da iniciativa, e sobre todos os veciños das distintas praias que adoitan pasar de todo. Un exemplo para o resto da comunidade surfeira, máis preocupados moitas veces en liortas e localismos que en defender e coidar o medio.
Noraboa, non sabes o que me aleda ver que rapaces novos coma vos se adican a cousas coma esta. Sodes merecedores de todo o meu respeto e admiracion.
A todos os que estivechedes, un 10.
Espero poder estar na proxima.
Un Saudo.
se ponen los pelos de punta
fer
anonimo, graciñas..pasate por aquí cantas veces queiras :)
ohidden!! non sabía que ti eras o do blog de "..costa verdescente"! como non me avisaches? jjeje graciñas por vir
Néstor, que traias tamén gana de limpar! que o que non limpa non come churrasco ehhh jajaja repetiremos, repetiremos...
pita, iso está feito. Graciñas de novo polas fotos!
anónimo, claro que si, mola casi tanto o surf como o "presurf" e o "postsurf". entre os que nos coñecemos, sempre nos gusta compartir algunhas olas no baño..e cos de fora, se respetan son respetados :) O único que esiximos é un saludar cun sorriso jeje :) nada de malas caras...
Moitas gracias costameiga! non sabía que andabas por estos lares!
Moitas gracias a ti tamén Edu, nos tamén esperamos que estés na próxima. Polo que contan de ti, o nivel de risas pode aumentar aínda máis non? jeje
Ferdy, cuando estábamos haciendo las cadenas (todos unidos por una causa) para transportar la basura, o cuando a veces levantaba la cabeza y veía 20 personas recogiendo desde palos de chupachups hasta bidones de plástico...no es que se me pusieran los pelos de punta, pero alguien acariciaba mi conciencia :) Con gente así da gusto
Noraboa e gracias en nome da Natureza por facer cousas coma esta!
A min tamen quedoume moita pena por non poder ir,e tamen espero estar na seguinte,e que agora no inverno cando tes que sair da casa o sabado as catro da tarde non te da tempo a nada,pero moi bo traballo,e moi chulas as fotos Ruben,un saludiño a todos,e segude asi rapaces,a Natureza a temos que coidar todos
Cita:
''Polo que contan de ti, o nivel de risas pode aumentar aínda máis non? jeje''.
Non creas todo o que che contan, a realidade suele ser moito peor JEJE.
Un Saudo.
Eu non cheguei a tempo pra limpar (que tanto mamá mais eu íamos con ese propósito) pero pra min foi un gusto e un placer pasar a tarde na praia, coñecendo ós teus colegas e reencontrándome cos meus! Un saúdo, Suso e Noelia!!
Tamén foi un día especial pra min porque Diego coñeceu o meu mar. Puido ver antes o mar de Rota pero quixen que Nemiña fose "a elexida"
Noraboa a todos os que estivestes alí. Síntome orgullosa de todos vós.
Un bicaso!
...a avoa do neno foi quen o achegou á mesma orilla e puido ver a súa cara de "ossstiá.. pero eto que éé?! ante as olas que rompían. A cousa promete! jejeje!
;-)
jajajaja, a ese cativo en ano e medio velo collendo unha oliña na orilla conmigo no tablón... xa verás ra jejeje. voulle a facer unha táboa en menos do que canta un galo :)
graciñas polo comentario :)
abrasoss
gracias tamen a estrela e golfiño!
abrasos pa toodsss
Iniciativas coma a vosa, deberían ser contaxiosas.Tedes que darlle máis transcendencia ó que fixestes. Debiades enviar ós xornais fotos e comentario. Que vexan os xornalistas que tamén hai noticias gratificantes. Non vai ser todo restos de porcallada de botellón. Moitos bicos para todos.
Publicar un comentario