Hoxe tivemos que pasar o día en Coruña, así que aproveitamos para mercar un traxe de neopreno e facer esas cousas que fan os turistas cando chegan a esta cidade, e que nos nunca facemos porque estamos "cansados de ir A Coruña". Salvia e eu fumos a comer de bocata a uns bancos preto da Torre de Hércules, despois vímola por dentro (cousa que nunca fixera) e case para rematar o día visitamos o Museo do home.
Mentres comíamos, alucinei cando pensei que vira unha balea tremenda polo rabillo do ollo, pero era un submarino! impresionante. Nunca vira un
quedáronme ganas de ir ó porto para ver se nos podíamos acercar a velo... pero ó final pasamos.
Subimos á Torre...
e baixamos
Despois visitamos o Domus. Xa fora de pequeno, de excursión co colexo, pero neses casos vas máis atento a tocalo todo e rirte cos compañeiros que a reflexionar sobre o que poñen "os montonciños de letras"
Aínda así pegámonos unhas risas vendo como nos quedarían uns quiliños de máis
e algún de menos
e vendo como quedaría a súa cara co meu nariz e a miña fronte :)
Despois disto decidín non ter fillos por se acaso jejeje
De noite, despois de tomar un chocolate con churros, tiven quedarme un rato no coche escoitando música, e antes de quedarme durmido púxenme a garabatear nun bloc de notas que atopei. Por practicar. Despois de uns garabatos fallidos e non saber que dibuxar, mirei arredor para ver se algunha idea me entraba pola vista ata que me atopei no retrovisor. Empecei polo ollo e despois emocioneime e seguín, aínda que a boca me quedou algo rara, e non tiña sitio para acabalo todo. Igual un día si me da a venada intento autorretratarme en serio.
O que me coñeza xa me dirá si se me recoñece ou non... eu penso que aínda hai que pulir bastante :)
Ó chegar a casa non puiden evitar volver a probarme o traxe novo (penso que todos o fixemos algunha vez non? jej) e recordar a ..^¨erd^"-... de traxe co que me estaba botando ultimamente. Estreneino a finais do inverno e mirade xa como estaba. É certo que durante o verán co tema dos cursos (houbo semanas que estiven 6 horas diarias na auga)o traxe levou bastante tralla, pero penso que a pesar disto se deteriorou demasiado, non credes?
mirade o pescozo
e o agrietado que está
e este é o novo que comprei na tenda de Dani en Raz.
Nunca tiven un oneill, a ver como me vai. Parece ser que é un dos poucos ou o único que ten termosellado por dentro e por fora ó mesmo tempo... ten uns detalliños moi chulos, a ver con que olas o estreno mañá :)
Con que sexan como estas xa me conformo
Unha aperta a todos
11 comentarios:
La verdad que lo que mas cerca tenemos,normalmente es lo que menos visitamos jajajja simpaticas las fotos un saludo a Salvia
O malo de Coruña, e que esta chea de ''Coruños'', JAJAJAJAJAJAJAJA.
http://www.youtube.com/watch?v=-MbCiV5Va4A
E broma, EHHHH!!!!! Que hay moy boa xente por ali.
Un Saudo.
Ruben xa vexo que compraches O´neill espero que che de o resultado que me estan dando a min os meus, e macho e que o outro xa lle tocaba retiralo...ajajaja!
moi bonitas fotos, e precisamente o xoves falaba coa miña moza e amigas sobre as tipicas visitas a casa do home, planetario e casa dos peces de coruña que sempre de cativos te levaban coa escola..ajajajaja!!
unha aperta!
Esas visitas son coma os libros. que os les de pequeno e despois si os "relees"de maior sácaslle o doble de jugo. tanto que parecen dous libros diferentes...
O traxe xa foi probado onte con dous baños, o primeiro de unha hora e media máis ou menos e o segundo de unhas 2 e media ou así...e xenial. non me entrou nin unha soa gota de auga, e eso que houbo centrifugados dos bos. ó final do último baño, un amigo estába tiritando de frío e eu botando auga para dentro do traxe e refrescando as orellas que as tiña rojas e quentes. Quentísimo, superelástico... por ahora estou encantado :)
Tiñas que facer Belas Artes.Muy chulo o teu ollo dereito,con unhas pestañas que parecen melena de muller,je,je.
O teu traxe vello está millor que o meu novo ( o mais novo que teño,que o outro e mais trasmallo que neopreno)
jejeje... soe pasar Juan... a ver cando volves a mollar ese traxe "novo" e te animas a vir a navegar connosco e nos fas unha demostración de bo windsurf... ou a mercar unha cometiña jeje
o tema dos debuxiños para min é parecido ó surf, no sentido de que me gusta para facelo cando queira, porque quero e como queira... sin imposicións. En belas artes igual non duraba 2 días. ademais que non teño nivel suficiente... teño que colgar algún dibuxo de miña irmá(rakele). Ela si que domina o lapis. E non usa a goma! ides alucinar :)
un saúdo!
Jrasias rubensiño, es o meu irmán preferido!
A verdade é que os teus debuxos son potentes, ese ollo esta moi conseguido :)
Conto un chiste sobre Coruña coa condición de que nos se mosquee ninguén eh? jejeje :
¿como soan as ambulancias de Coruña?... "Neeenooo neeeenooo neeeenoooo...!"
¬_¬ (e maliño, xa o seiii...)
jeje... un chiste dos nosos ra. un cempés ó outro: -boas! que en que andas, que fas durante o día..
- Ba! pois nada tio, medio día poñendo os calcetíns e o outro medio quitándoos
jeje
jeje.. outro:
"-Papá papá.. teño unha noticia pra ti...
- ¡malas noticias non quero! eu quero boas noticias, malas non!
- vale, poiss.. o airbag do teu coche funcionaa..chachi!
jiu jiu jiu... :-P
jejejeje
ESE TRAXE XA E HISTORIA ME PARESE QUE A NA TRITURADORA DE .........UNHA EMPRESA DE CUIO NOME NON ME QUERO RECORDAR POR SI ME LEVAN PRESOOOOOOOO.
EJJEJEJE
DEIVIS
Publicar un comentario