martes, 13 de noviembre de 2007

Castañazo de Mesi en Rostro

Moi boas!
a falta de olas, tiro de "fotos de archivo" para recordar baños e momentos vividos.

Neste video aparece unha pequena leche das miles que nos pegamos ese día os da panda. Resulta que as olas eran moi orilleras, pero chegaban para recorrer uns metriños (os que non saíamos voando por culpa do rebote) para finalmente estrellarnos o máis artísticamente posible.

O premio goya das caidiñas foi para..........Mesii!! por su interpretación en "todo lo que sube baja!"


jeje...
Ese día case houbo máis carcajadas que olas, que xa é dicir.
Unhas das máis grandes (carcajadas) foi cando sucedeu o seguinte suceso, valga la sucedancia:
Rueda, Mario, Bruno, Marcos e penso que algún máis, estaban na orilla, ríndose de nós, e coas mans aguantando das tripas máis tempo que da cámara...

Eu saín un rato da auga para ver un ratiño o espectáculo...(sin cambiarme o traxe nin nada)

a marea estaba subindo, e detrás dos observadores estábase acabando de formar unha pequena laguniña alargada, paralela á praia..Eles dábanse conta, pero non lle deron importancia (había saída polos laterais)

pero nesto que unha ola das da serie, rompeu con tal forza que fixo dudar se chegaría ata onda eles ou non. Case todos se deron media volta dispostos a escapar da ola que os mollaría por completo, pero, ó atoparse coa laguniña, tiveron que correr cun fogete no cu de forma paralela á praia ata rodear a laguna (non sei si me explico)..

... Pero Rueda, que tardou uns segundos máis en reaccionar pensando que a ola non chegaría onda eles... cando decidiu escapar, a auga do mar xa se unira coa lagoa por un extremo. Foi correndo cara o outro lado da lagoa e a ola tamén chegara onda ela, cambiou de sentido, volveu a dar a volta... estaba acorralado! a ola estaba uníndose coa lagoa dende os extremos cara o centro deixando a Rueda atrapao no medio... el, berrando coma un tolo, pasaba por min dun lado para o outro correndo sen saber que facer... dun lado para o outro.. tal cual coma un dibuxo animado.

As risas dos compañeiros impedíanlle fixarse no que lle decía eu entre carcajada e carcajada:" ven que te collo no colo! jajaja jajaja jajaja, ven que te collo! jajaja"

No último momento, saltou cara min cual recién casada e collino como bo marido. safou da molladura. Eu co ataque de risa que me estaba dando case non podía con el... pero finalmente deixeino na area seca. Cada vez que me acordo dame mal xD

En fin... esto é surf amigos...e non levar unha pegata de quicksilver na punta da táboa, non credes?

Unha aperta a todos e a disfrutar do surf dos amigos e da vida como se fose o último día

CARPE DIEM SEMPRE MEKAJINÁ (pero pensando en maña;)

8 comentarios:

Raquele dijo...

Jaaaaaaaaaaajajajajajajaaaajajajajajajajajajaja....
Ai mimá que mexo por min coa risa, si chego a estar aí, teríanme que recoller en camilla!! X-DD

(de verdade que estou chorando co ataque que me deu!)

Bicos e a seguir pasando tan bos ratiños.

PD: Ru, hasme de contar esta historia en persoa, que seguro que enriqueces a anecdota con "fxiuunnn" "poooombaa" e cousas polo estilo.

Rubén dijo...

jejejeje... estouche imaxinando abanicándote coa man jejeje

si estás alí dache mal. empeorarías a túa saúde mental por falta de osíxeno no cerebro fijo jjejej

en persoa poderei imitarche o que facía el...o seu alarido desgarrado jeje

un abraso

Natural Mystic dijo...

ajjaajajajaj ruben iso é surf é amistade é pura vida!!

un abrazo e moi boa a anecdota!

Perry dijo...

Vaia "guaipou" que pegou o colega!

O surf é paslo ben, e se tes a sorte de comparti-lo é do mellor. Con amigos pódeste botar unhas risas incluso cando a cousa está fastidiada. (E iso é de agradecer)

Rubén dijo...

dimo amin. Ás veces agradécense eses baños solitarios con olas boas.. son moi místicos, relaxantes e "adrenalíticos" ó mesmo tempo...
pero eu estiven surfeando prácticamente solo dende os 18 anos. Media factura de mobil era por chamar a amigos para ver se podían vir comigo, e acostumeime a surfear so. pero houbo días "grandes" que me metín so, e me rompeu o invento. e veste alí, no medio do mar, entre olóns, e cos teus peíños , as túas manciñas e os teus pulmóns para saír de aí sen máis axuda....e dis..(Rubén... á próxima hai que pensalo máis..)

agora que estou surfeando acompañado de toda esta panda pásoo moito mellor... aínda que haxa algunha que outra saltada "de colegueo" hai máis risas que o compensan.

un abraso a todos

Anónimo dijo...

o leer a tua historia estoume recordando cando me levou a corriente,ahi no rostro con 13 anos,na dereita da praia tuben ke,gatear polas pedras pra poder sair ke acojone.gepeto menudas risas ke me botei nonme estraña ke non gañes pra taboas.as ondas e o ke ten.jijiji

Anónimo dijo...

son koko

Anónimo dijo...

boas risas ese dia, o rueda parecia unha galiña choca dun lado pra outro.
que tal o baño chachi ese do rostro? eu en san teleco e xa se sabe o dia sejinte en san ganimedes.
gepeto tesme que deixar o novo tablon ese retro, polo menos pra saber si parte.
un abraso e boas ondas
mesi