jueves, 22 de noviembre de 2007

Onda de pedra

Onte surfeamos unha ola de pedra. Para os que non entendan do tema, que non pensen que me tirei por unha pedra con forma de ola nin nada polo estilo. Non me vai ese rollo; probei unha vez e rompín a táboa e perdín moito sangue polas rodillas....prometinme non volver a facelo... jeje é broma. Por ola de pedra referímonos ás que rompen sobre fondo de pedra, no lugar de facelo sobre area..

Ía a ser un día sen baño decente, pero unha chamada de Carlos animoume a ir ata xunto del. Máis concretamente fíxoo a mensaxe que me enviou:"a ola da pedra está rompendo mellor do que me parecía"

Aínda que vos podo dicir que esta ola está na costa da morte, non podo dicilo sitio exacto porque nun futuro quererei ter fillos, e para telos... sonme imprescindibles unhas partes que me arrancarían si desvelo o segredo.

Cando estaba chegando ó sitio de destino, supoñía que Carlos xa estaría poñéndose morado a tubos, pero sorprendeume unha chamada del: Coa emoción de que rompese esa ola, foi dende santiago a fume de carozo coa furgo na reserva dende Negreira, chegou onda o sitio secreto, púxose o traxe, colleu o body e marchou correndo a toda leche polo medio dos toxos ata que se lembrou de que lle faltaban as aletas (palmada na frente, plas!). Volveu correndo a furgo e cando a abriu deuse conta de que lle quedaran as aletas en casa (palmada na frente, plas!). Foi na furgo co traxe posto cagándose nas zapatillas dos que andan descalzos a fume de carozo para casa a collelas aletas. Cando ía arrancar para a praia de volta...a furgo íbao a deixalo tirado fijo por falta de combustible (palmada na frente, plas!) Foi á gasolinera e.... gasolinera cerrada (plas!). Foi aí cando me chamou. cando estaba pasando as súas cousas para o meu coche...deuse conta de que coas prisas se olvidou o body no lugar onde estaba a ola (plas!)pero tivo sorte, non llo mangaron.

Con todo este rollo, collimos a ola coa marea baixa de máis, pero aproveitámola algo.
Carlos colleu a máis grande e sería algo tal que así
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
(perdoade pola cutrada de dibuxo)
A ola foi impresionante. Tiña un tubazo coma un animal e un labio de medio metro de gordo. Ó haber tan pouco fondo, cando a ola pasaba por encima de algunha pedra fixo uns baches que fixeron voar a Carlos polo medio do tubo, pero aguantou ben e seguiu

Eu collín unha pequeniña de proba, e as dúas seguintes foron máis xeitosas, pero aínda así parece ser que casi nada comparado co potencial real da ola
As miñas supoñon que serían algo así
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Houbo unha sección dunha ola que pensei que as quillas me iban a tocar na pedra. Deberon pasar a uns 30 cm da superficie, en serio.

A marea continuaba baixando, e despois moitas olas rompían na pedra con esta forma (podíase esperar a ola desde a pedra)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
A porta realmente non estaba aí, pero xa sabedes, póñoa para que vos fagades unha idea do tamaño. Non eran moi grandes pero tiñan moita forza

Houbo un momento no que eu, sentado na táboa, toquei cun pe na pedra. Púxenme de pe encima dela e dábame a auga por debaixo da cintura :) despois diso decidimos nadar cara unha praia cercana e seguir pillando olas aínda que cerraran algo máis :)

Foi un baño divertido, pero quedáronme ganas de probala co tamaño e marea adecuados....ten que ser a caña!

Unha aperta!

5 comentarios:

Perry dijo...

jajajajajajajjajaja!!!

Aquí eso de tira-la pedra e esconde-la man non vale, eh!

Que se é segredo non se pode falar diso (a menos que sexan de confianza...)

jose viveiro dijo...

Asi que una olita de piedra, ñannn, que bien suena eso, pues a ver si pones unas fotillas, y un dia de escaqueo nos llevas por ahi, jejeje.
Cuidarse meu
byee

Rubén dijo...

jajaja jose... íbache encantar. a min nunha sección casi me tocan as quillas na pedra. Xúrocho. É que a collimos coa marea demasiado baixa.
Voume pegar unha ducha e facelo debuxo :)

jose viveiro dijo...

Que bien los dibujos meu, un dia tienes que sacarle unas fotillas a la ola, que molaria verla, y encima de izquierdas.
Viva el surfing, jejeje
Un saludo ruben.
chaooo

Rubén dijo...

En breves me pasarán unhas fotos desta ola. Problemas informáticos no ordenador do dono das fotos... xa sabes como son estas cousas :)

a ver cando vos dignades a deixarvos ver por aquí, aínda que coas olas que tedes por aí, case que debería de ir eu:) entra mareton...peizás..??

jeje

un abrazo!!