sábado, 17 de noviembre de 2007

Escola de vela cataventos

Boas!

Onte as prediccións non prometían nada. Unha chamada de Rueda convenceunos a David e amin para que fóramos a Mar de Fóra a pesar de haber moi moi pouquiño tamaño. uns 90 105 cm de ola jeje. Collimos as táboas máis grandes e tiramos para alí. Pero unha idea que nos roundou pola cabeza fixo que parásemos no muelle de Corcubión a visitar a Noemí e a Marcos da escola de vela Cataventos.

Unha vez alí, fixemos un intercambio. Deixámoslles as táboas e puxemos (aínda non sei como) dous kayaks na baca do coche. Pensamos que con iso igual o pasábamos mellor nas microoliñas que nos esperaban... ou polo menos ía a ser algo diferente :)

Chegamos á praia, collímolos kayaks, e "pájua"
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Ó final, as olas non estaban tan mal, isto foi o que fixemos ;)



:) agora en serio, a parte plana dos kayaks cun lixeiro cóncavo aínda nos permetía coller algunhas paredes! pasamolo bastante ben para como estaban as condicións...pero unha duda non paraba de rondarme a cabeza: "¿como faran os "kayaksurfers" cando lles rompe diante dos fuciños un olote mentras remontan?" nin idea. Se hai algún lector que o sepa... si pode aclararme a duda agradézollo

Agora so me queda agradecerlle a Marcos e Noemí a súa paciencia. Se algunha vez visitades esta zona, que considero que é bastante bonita... propóñovos que disfrutedes da paisaxe das nosas costas dende o mar, e para facelo, nada mellor que alquilar algún veleiro (ou kayak) desta escola e disfrutar ó mesmo tempo doutro deporte moi chulo como é a vela. Claro que tamén podedes facer un curso!

A escola atópanse no peirao de Corcubión, e teñen bastantes barcos de vela lixeira, e algún outro con camarote e todo. Por moi pouquiños euros podedes pasar unha moi boa tarde. Se queredes poñervos en contacto podedes escribírlles ó seu e-mail: info@cataventos.net ou chamar ó Teléfono 666 36 93 24 ou ó 981745062
A súa páxina web é http://www.cataventos.net/

Un saúdo!!

4 comentarios:

Juan dijo...

Non sabedes canto vos envidio.
Non saídes das augas,calquer día pola mañán despertades con escamas no corpo!!!

Non sei a que te refieres co das pestañas na foto do pescador,por copialas non hay problema,si non consigues facelo dimo e explicocho
Por certo,Mauro quéreme unha tabla de surf ¿xa vendiches as túas?

Rubén Prieto dijo...

jeje algo parecido me din os meus pais. eles dinme que me van a sair branquias detrás das orellas jeje

o das pestañas non me refería á foto. referíame ó blog. ó principio de todo tes unhas pestañas que se corresponden con etiquetas. poñen: inicio, sobre el blog, paisajes, e ézaro.

as pestañas do pescador non consigo verllas jeje

un abraso!

Anónimo dijo...

e penso q unha opcion e non cajala no momento da entrada e subir todos fostidos si mollar nin un pelo, e si non aplikaranlla a de volver a empezar outra vez...XD saludos

Rubén Prieto dijo...

Ah Juan, sintocho pero xa vendín tódalas táboas. Bueno, quedame unha, pero fáltalle unha quilla. Hai que esperar a decembro que chegará o material novo xunto con un par de quillas extra.

saúdoss