jueves, 15 de noviembre de 2007

Viaxe a San Isidro Día 5 (parte I)

Moi boas!

Non sei si recordades uns videos que colguei sobre unha viaxe que fixemos a San Isidro...pois ben, faltábame o último día por colgar. E tardei tanto porque o video do último día duraba uns 13 minutos, e ó ser máis largo de 10 non sabía en que páxina colgalo, xa que casi todas teñen un límite de 100 megas ou 10 minutos.
Ó final cortei un cacho do video (esta parte), e cando teña tempo reeditarei a última parte, xa que teño un problema co sonido.

Si queredes ver, ou recordar os videos dos días anteriores a este, podedes atopalos na carpeta (etiqueta) que pon snowboard. E si non vos apetece pegarvos o atracón, recordo que o de mono vermello é Dani de Coruña, amigo e excompañeiro de piso, o esquiador de negro é Orozco, o esquiador de chaqueta beige é Ramón, a esquiadora de cazadora azul é Eva,o snowboarder de negro é Alex e o que non para de pegarse leches de cazadora laranxa son eu jejeje




Cambiando de tema, onte por falta de olas, fumos Iván, Jose (Guillén) e eu a facer kite. Vento algo racheado pero na racha íase ben. Os dous saímos moi contentos da auga porque Jose pegou chimpos moi chulos e controlados (un vinllo eu e subiu 2 metros e medio mínimísimo), Iván tamén pegou varios saltos e un saltazo de medo(que lle viu Jose), e a min saíronme un par de 360´s cambiando de sentido...

E hoxe, supuxen que habería olas, polo que aparquei a cometa e fun a Fisterra. Aproveitei olas chulas en solitario sobre as 3 da tarde, cando as máis grandes chegaban ós 2m (unha porta), máis tarde chegou Felipe (o presi) que se fixo un par de tubiños, e acabou subindo a marea demasiado provocando que nos fóramos. Pero foi un bo baño.

Un saúdo!

No hay comentarios: