Será Tai-chi, será la sirenita? será un saludo al sol y ahora toca sacar el culo en pompa? jajajjaja pos no! Esta pose pertenece nada más y nada menos que a Occy. Para o meu gusto un dos surfistas con máis estilo do mundo...
jejeje, esto é para os que comentaban a postura "caricaturizada" que me saíu no debuxo que lle fixen a Pita. Vaia risas que me peguei no seu blog...
En fin. Cambiando de tema.
Onte parecía que había baño, pero estaba algo pequeniño e víase que había ventarrón. Decidín ir a facer kite, e creo que nunca naveguei con un vento tan racheado. Cando paraba a racha, era difícil manter as cometas no aire, e cando entraba a racha íbamos mangaos, por momentos casi pasados e eso que eu iba con 9 metros de cometa e Jose e Iván con 7. Houbo un momento que estábamos Jose e eu de pe, coa auga polo peito, aguantando a cometa no aire esperando a que chegara a racha. E dime el, "esto es como el surf, hai que esperar" ajaja e tanta razón que tiña. Estábamos esperando a racha como quen espera a serie sentado na táboa.
Por certo por se a alguén lle interesa, vendo a miña cometa de 12 metros a RRD Hypertype 12. É unha cometa do 2007 e usaríaa unhas 15 veces, 20 como moitísimo. Está en perfectísimo estado. Quen a queira ver ou probar que me chame ó número que está debaixo da cabeceira onde pon escola de surf ou que me escriba a carpediemsempre@hotmail.com.
Véndoa porque quero comprar unha máis pequena, porque vou empezar a navegar solo cando haxa ventarrón. Aquí nesta zona da costa da morte non hai medias tintas. Ou vas ou non vás. e os ventos que máis me molan son os fortes, para navegar con cometa pequena. Vendabaladas como a que vai a entrar este finde jeje. Comentáronme que pola zona de Coruña 12 m é unha medida bastante solicitada. Para quen non a coñeza é unha cometa con un rango de vento amplísimo. Teño navegado con ela cando xente ía pasada con cometas de 9 metros (tamén hai que dicir que casi chego ós 90 kilos, e tamén iba pasadete, o que quero é ir cómodo con esos ventos)...e cando sopla o suficiente para ir con calquer cometa, con esta tamén vas. A cometa ser é preciosa (para o meu gusto claro) e destaca moitísimo no aire. Para o que se queira informar en serio das características desta cometa que mire isto: http://www.spainkiters.com/phpBB2/viewtopic.php?t=38814&highlight=hypertype
un saúdo!
3 comentarios:
ajajajaja graciñas ruben por defender a miña "pose"! hoxe me viu nestor unha ola parecida, bueno mellor, porque foi mas larga e xa me botei as risas a ver se se anima a facerme un debuxo...!!!
un abrasooo!!
jajaja.. estaría ben.. contraste de percepcións :)
Jajajjjaja pos si son igualitos jajjaj,muy bien Ruben ahi defendiendo
Publicar un comentario