sábado, 10 de noviembre de 2007

A ver se chega o inverno!

Xa me esta picando o mono!
A ver se acaba o verán e chega o inverno dunha vez! os embalses estanse quedando sen auga, e xa comezan as ganas de que chegue un temporaliño como poseidón manda. Un bo vendabal para surfear neses sitios nos que so se pode surfear cando windguru marca 8 metros... e sobre todo para ver se chega algunha nevadiña.

Cada vez que paso polo garaxe e vexo a táboa de snow chea de polvo... penso "tranquila que dentro de pouquiño...imos a disfrutar ti e eu xuntos...acordaste? que recordos!....momentos placenteiros... revolcóns pola neve....ui cando te collaa... voute a rebentar! a ver si eres tan flexible como din..." jeje (quitádelle tódalas connotacións sexuais, que non era a miña intención)

a ver se cae outro paquetón como o que caeu o 3 de Marzo do 2006
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e nos pegamos unha escapadiña a Leitariegos a disfrutar da neve virxe dos forapistas
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un saúdo e a bailar todos a danza da chuvia!

2 comentarios:

Natural Mystic dijo...

XA QUEDA MENOSSSS!!!este ano hay que quedar pa darle os forapistas que me comentou o deleita que hay unha parte cara atras que ten un fora pista moi bo...moito me tarda xa poder darlle!

Rubén dijo...

jejeje..e a min!
pero para baixar polo outro lado da montaña hai que subir a patas! que pereza... jeje.. anque sería unha boa alternativa se a escapada fose un día de fin de semana e houbese moita xente. aínda que para subir eu ó mellor aínda apaño... jeje ando a voltas pensando en subir remolcado coa cometa... a ver como lle pega o vento.
a ver se abren as dúas pistas novas, as vermellas... que a temporada pasada quedeime coas ganas.

un abraso!