lunes, 3 de diciembre de 2007

Bo finde (Reeditado)

Este fin de semana estivo completiño a verdade...
O Venres estrenei o traxe de neopreno con dous baños, mañá e tarde; o sábado baño pola tarde e hoxe kite en Estorde.

O venres volvín con Carlos á ola de pedra da que vos falei o xoves 22. Desta vez acompañoume David. Estaba algo máis grande que ese día.
Esta é a ola. Por fin teño foto :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
e video! pero é de outro día distinto

David, que colleu o body, fíxose un tubo moi bonito. Iba contemplándoo todo, jeje, mirando arriba, ós lados...
Ó igual que o outro día, marchamos da onda cando, sentados na táboa, nos tocaban os pes nas pedras... marea demasiado baixa.

E pola tarde... o mellor de todo: Pegámonos un baño en Rostro de película. As olas terían uns 3 metros pasadiños (metros reales). O baño non lle convencía a todo o mundo, pero Rueda, David e eu fumos para a auga. Teríamos que comer algunha serie, pero as que abrían merecían a pena.

O pico non estaba moi definido, pero de vez en cando saía algún dereitón... buf. Eu collín unha na que disfrutei coma un enano. Había tempo e tempo que non collera unha ola así. Ó final da ola levantouseme unha sección, na que me arrimei algo a parede (non o suficiente) e me agachei unha cuarta, suficiente para permitir que o labio me rodeara. Un dos fallos que cometín foi confiar no tamaño da ola e do tubo, e non arrimarme máis á parede, xa que cando ía por dentro (non fun máis de 2 segundos eh) o labio íame caendo no hombro ata que me acabou tirando. E David tamén se colleu co body un tubo espectacular. (sobre isto teño que facer algún dibuxiño cando teña un rato)

O sábado había o suficiente mar como para que se desfasaran as praias "normais" pero non o suficiente como para que funcionaran as praias onde non se soe surfear. polo que nos tivemos que conformar con un metriño que caía en Estorde, pero divertido.

E hoxe... había un maretón tremendo. Fomos a tiro fixo a un sitio todos confiados, pensando que habería 2 metriños.... JA! 6 metros impracticables que caían con unha bestialidade tremenda. Hoxe ó final acabamos facendo kite David e eu en Estorde. Nunca navegara con kite nesta praia e pareceume moi divertida. As olas dan bastante xogo. Eso si, se chega a haber 4 nudos máis de vento... iríamos perfectos.

Para rematar, aquí vos deixo un enlace cun traductor de galego-castelán. Poñerei algo ó respecto ó inicio da páxina.

Unha aperta!!

10 comentarios:

Perry dijo...

Por aquí o Domingo xa se viron cometas e algunha vela, había máis dun mes que non se navegaba na Lanzada, pero nada destacable.

Chusma Surfboards dijo...

Passssa meu pensei que che iba a ver por dentro da ría pero o final nada, de todas formas esperaba mais tamaño, pudemos entrar nas dunas perfectamente, bueno perfectamente non, con traballo abondo que si che pillaba unha serie botábache a terra.

¿Por certo como levas as tablas?

Un saludo

Rubén Prieto dijo...

estou esperando a que teñas que facer un pedido de material para coller contigo resina e microbalon jeje

aínda non empecei a darlles ós foams forma por medo a que se me deterioren..de toques, rozaduras etc por non estar laminadas. Pero bueno, antes de nada teño que facer uns caballetes coma os teus.. que me gustou a idea.
Nas dunas debía de estar grande eh,..ejej

Perry, o tema do vento..É unha boa alternativa. Sobretodo porque o equipo de kite pódelo levar sempre no maletero. Unha mochiliña e unha taboa de 1,30 da menos a lata que unha táboa de surf. O deporte está xenial e é divertidísimo... pero eu quédome co surf eh...jeje

Un saúdo!

Anónimo dijo...

que cabrones...
el Fnoc marcaba rojo rojo este finde semana por alá...
joder joder..3 metrinhos pasados...
ummmm que hueviños se te deben quedar al entrar en rostro contra esos barrotes...
aqui parece que ya llegó el invierno y los vientos de oeste frios cruzan la peninsula y aplanan el mar, que empieza a estar frio...la cosa se para por momentos... pero que nos quiten lo bailado...un buen otoño sin duda.
F

Rubén Prieto dijo...

jeje, Ferdy no te puedes quejar que casi tuvisteis más olas en otoño ahí en el mediterraneo que aquí en el atlántico jaja.

Hueviños los vuestros, que acostumbrados a olas del mediterraneo y "poca experiencia" con el surf os metíais en Peizás con tamañito, mar de fora con 2 metros... Te acuerdas del tubo del Jola? ajaja

Un abrazo muy fuerte tio

Chusma Surfboards dijo...

Nas próximas semanas vou a facer o pedido de resinas, antes de facelo pégoche unha chamada.

Non me olvido que che debo un outline.

Anónimo dijo...

Que buena la izquierda, parece un poco peligrosilla, pero es la ostia.
David es de viveiro??
venga meu, un saludo
cuidate

Anónimo dijo...

queria poner si david era el david de viveiro que anda conmigo, hubbico como le llamo yo, jeje
vengaa

Rubén Prieto dijo...

Chusma, agradécese a chamada para compartir gastos de envío e agradécese o do outline, aínda que o do outline seguramente copie o da miña pukas e o agrande un pouquiño. O que aínda non sei é como o farei :)

Jose, que ti digas que é perigosa?? no me lo creo jajaj. A ola está guay, é similar á do muelle ese ke surfeades vos que ides coas rodillas polas pedras. O david non é hubbard, é un amigo de aquí.
a ver cando vos dignades a facerme unha visitiña :) cnado queirades eh, que non faga falta que volo díga.

Un abraso!

Anónimo dijo...

OS TUBOS QUE PILLEI HABIA TEMPOQ UE NON OS COLLIA. O DA OLA DE FONDO DE PEDRA ACOJONA POLA CERCANIA DAS PEDRAS E POR ISO NON ME SENTIA TRNAQUILO DE TODO, PERO INDA ASI FOI UNHA ESPERIENCIA PA REPETIR.

E AS OLAS DE ROSTRO FORON A HOSTIA XA QUE PODIAS IR POLA PAREDE A TODA JAITA E PA REMATAR ENTUBAR E DISFRUTAR DO SON QUE SE ESCOITA NO INTERIOR DA OLA.

UN SALUDO

DEIVIS