O finde pasado, a verdade é que foi bastante completiño a nivel "surfístico".
A tarde do Venres bañazo en Mar de fora con esquerdas boas e 4 gatos na auga.
O sábado pola mañá bañazo en Nemiña: completamente glassy, ordenado, 2 metriños reais pero con forza, algún tubiño e algún que outro sifón. Na auga éramos unhas 15 ou 20 persoas. Entre as que estaba Evaristo e un rapaz de barbas... ¿enrique? non recordo, síntoo, dous rapaces de Viveiro que coñecían a Jose, David, Riss, e toda esta panda.. mándolles un saúdo dende aquí a todos.
Sábado pola tarde descanso (aínda que en mar de fora quedaban boas olas pero con bastante xente)
Sábado pola noite paella para 10 en Nemiña ata as 2..moi bo ambiente, risas, fogata, risas, arroz, churrasco, charlas, autocaravanas...
e o Domingo pola mañá, un bañiño pequeniño pero mooi divertido en Rostro. Onde tiven o gusto de coñecer a Maika Boquete, que nos estivo sacando fotos, e ó mozo Juan.
Estas son unhas das fotos que nos sacou. Tedes máis e mellores no seu blog maikaboquete.blogspot.com
Mesi pa dereita e Alberto pa esquerda
Mario antes do takeoff
Mesi disfrutando e Suso animando
Graciñas de novo polas fotos Maika
WWW.MAIKABOQUETE.BLOGSPOT.COM
Unha aperta!
9 comentarios:
Moi chulas as fotos,tiñades a pinta de estar pasando xenial jajaj pos si que foi productivo o finde jajaj un saludiño
Saludos, guapas fotos.
graciñas... a verdade é que o pasamos bastante ben. Sobretodo porque non contábamos con baño..
o das fotos hai que agradecerllo a maika no seu blog, que ten máis e máis chulas.
un saúdo!
Si xa as vin Ruben,e xa tivemos unhas palabriñas polo do das fotos de non poder amplialas,que a min tamen me pasaba iso jajaja...e o do baño pos mellor aun,son cando mellor sintan non?cando non os esperas jajaj
Sabes o que me jode de esas fotos??, que aparte de non collelas, eu, JAJAJA, Xa veras como en Semana Santa, cando ande eu por esas latitudes: chovera, facera frio, e habera temporal, ou estara plato. Como si o vira.
Boas fotos e boa sesion, si señor.
Un Saudo.
Buenisimas fotos!!!! Creo que en Semana Santa del año pasado coincidí en Nemiña con el tío que está con los brazos levantados..... Nosotros eramos tres gordos en tablones y el estaba en una tienda de campaña....joer que recuerdos
Ya nos veremos de nuevo.....espero que con poca gente, ya que desde hace años cada vez hay más "surfers guays" por vuestras playas. Un saludo y disfrutad.
Bos días Rubén!
Estivemos pensando cómo mandarche TÓDALAS FOTOS... e sabendo o que pesa a carpeta, e o pouco que paramos todos na casa... o que imos facer é grabalas nun cd e darchas a próxima vez que nos vexamos ok? que no tardaremos moito en ir, ou quen sabe, vir ti por aquí!
Un bikiño!
Killer Pics!!
Thanks
Edu, xa verás como algún baño con xeito habemos de coller oh... por mis cojjjj...ss jeje
Xabre, é moi probable que coincidiras con el...anda moito pola zona tamén. E non sei por que todo o mundo o recoñece...a todo o mundo lle sona jeje. E non te preocupes polos surfes guays, que agora penso que somos maioría os vividores churrasqueiros :)
Maika, estou de acordo, paréceme o máis facil :)
gracias markitos
unha aperta a todos!
Publicar un comentario