A cuestión é moverse, facer algo diferente, fuxir da rutina, despexarse, disfrutar do deporte, facer traballar a ese corazonciño e a eses pulmóns, sentirse vivos... sentirse vivos na Costa da Morte
Collimos as bicis, despertamos ás pernas e recordámoslles que a posición de sentado, non é a natural. ¿A onde imos? sexa a onde sexa, que sexa cara o mar.
Saímos dende Cee, e fumos dirección a Rostro. Dámonos conta do primeiro detalle: O depender cada vez máis das máquinas, fai que teñamos unha mal percepción do entorno. Non nos fixamos nas pedazo de costas que subimos tódolos días co coche, ata que temos que pedalealas...¿Pero esta costa sempre foi así de pendiente?? mimáa!
Nas costas arriba, a David e a min, ó ir "de tranquis", danos tempo a ir charlando, a fixarnos nas cousas, árbores, regatos, prados, muros de pedra, animais pequenos e...

Unha árbore que literalmente se estaba zampando unha chapa das que delimitan os cotos.
Para sacarlle a foto tivemos que facer algún que outro numerito jeje

Unha vez chegamos a Rostro, mentres íamos pola pista paralela á praia, deunos unha toleirada das nosas e dixemos, ó próximo camiño collemolo cara a praia, sexa como sexa. Acabamos indo a todo trapo por un camiño pequeniño, polo medio dun pinar con baches e montañas de pirlo. chegamos a un lugar sen saída e David nun pronto de adrenalina, liberdade e frenesí, seguiu pedaleando entre uns coleiros mentres cantaba: "entre os coleiros lalala entre os coleiros lalala" ata que se lle enterrou a roda de adiante e deu un pinchacarneiro para adiante en menos do que canta un galo. jajaja. Eu casi caio tamén pero do ataque de risa que me deu
Despois, fumos bordeando os cantís de Rostro dirección Fisterra. É increíble o impresionante que é ese cacho de costa e o pouco que o visitamos.
Quedámonos un bo rato contemplando o mar.

David
Seguimos bordeando a costa por camiños máis acondicionados para quads que bicis, con pedras, aera, baches, herba...e sen deixar de disfrutar da paisaxe, chegamos a Arnela.
Despois decidimos ir a esas antenas que se ven á dereita dende Mar de Fora. Subimos unha desas costas que che fan replantear moitas cousas:
-aaii quen estivera montado nun quad/moto/coche/cabalo/cousa con motor
-aaii quen nos mandaría... co ben que se está no sofá
-mecagoen ...2·%&$/·()$/·%
-la madre que me../&$%$·%$%/(
-¿que o deporte é sano?? creo que me vai a dar un chungo!!
Aínda que nos decíamos cousas para motivarnos e acelerar a subida:
-DONUTS DONUTS DONUTS
-CHULETÓN CHULETÓN CHULETÓN
Unha vez arriba, non te arrepintes de nada... Volvimos a disfrutar dunha perspectiva de Mar de Fora e do cabo Fisterra pouco habitual

Hai momentos nos que estou no mar, engaiolado pola maxia dunha praia virxe, ou no monte, onde a natureza me susurra unha das súas mellores melodías, nos que penso que aínda que me remontara 600 anos atrás no tempo, ese momento sería exactamente igual. Nada cambiaría.
Aí arriba, despois de ir un bo rato polo monte, houbo un momento no que o silencio era sobrecolledor. Bueno, minto... pero o único que se escoitaba era froito da natureza. So se sentía o ruxir do mar de fondo e o mecer das árbores polo vento. Nada era artifical nin humano. A armonía do momento so era interrumpida polo estalar das polas baixo os nosos pés. Chegamos a un lugar no que, antes, había un monte espeso onde os raios de sol tiñan dificil acceso; agora é un campo de paus e ramallos con troncos carbonizados. Unha paisaxe desoladora. Un monte sen vida.
Á natureza costaralle anos volver a recuperarse, pero farao, sempre que lle deixemos.
Nós, pegámonos dende alí un baixadón polo monte ata casi o instituto de Mar de Fora. Unha baixada tan larga que non aguantaba coas pernas de ir tanto tempo de pe na bici amortiguando baches e pedras. Chegamos a fis, repoñemos enerxías cun bocata e bollería e volvemos para casa.
Un dos maiores placeres do día? chegar a casa, pegarse unha ducha e derrumbarse no sofá cun sorriso na cara de satisfacción persoal despois desos 35 kilómetros tan machacóns :)
Unha aperta!
CARPE DIEM
CARPE MARE