Creo que algunha vez vos comentei que miña irmá debuxaba moi moi ben... Pois ben, recordaba que había unha páxina na que colgara debuxos seus e atopeina.
Primeiro colgo estes debuxos, que formaron parte dun traballo que realizou que consistía en ilustrar o libro de "El Perfume". Fíxoos uns cuantos anos antes de que saíra a película, así que os que leeron o libro poden decir se o que se imaxinaban mentres lían se asemellaba á ilustración.
Por se non queda claro, esta escena é na que a nai do protagonista pare no medio da pescadería, na feira, nun ambiente, nunhas condicións, entre tanta suciedade, sangue porquería e cheiros asquerosos.....que difícilmente pasarían unha inspección de sanidade
J.B.Grenouille's mother by ~Raquelinha on deviantART
Aquí a primeira víctima de J.B.Grenouille
Grenouille's first victim by ~Raquelinha on deviantART
Pero como poderedes comprobar, é unha "debuxanta" que abarca case tódolos estilos...
Marela the cow by ~Raquelinha on deviantART
Este forma parte dun libro de poesías.A ver se consigo o poema co que se corresponde, sería interesante.
Pensamento by ~Raquelinha on deviantART
Este é un dos meus favoritos... Acaso pensábades que os destellos da auga eran o reflexo da lúa? estábades equivocados.
A Flor da Auga by ~Raquelinha on deviantART
O final dunha tarde de verán
Paseo by ~Raquelinha on deviantART
Este é outro dos meus favoritos.
Odin by ~Raquelinha on deviantART
E, para min, outro punto ó seu favor é a orixinalidade das ideas. Aquí dándolle a volta á tortilla
Duggium by ~Raquelinha on deviantART
E por se alguén quere ilustrar un libro infantil..."hai pa tós"
Vacaciones by ~Raquelinha on deviantART
Estes non son os seus mellores debuxos nin nada polo estilo. Penso que os mellores, ou os regalou ou están colgados por casa...pero para que vos fagades unha idea do poderío que ten co lápis, cando tódolos mortais garabateamos espirais, cubos ou calquer cousa mentres falamos por teléfono... ela fai estas cousas
Boceto by ~Raquelinha on deviantART
17 comentarios:
Eu non sei dibuxar nin o contorno da miña man!
Eche toda unha artista!
vaia ruben a tua irman dalle o debuxo moi ben!!jueee!ajajaja oie para a proxima, non e por malmeter nin nada, pero prefiro que me faga ela o debuxo do meu "estilo" no ola, ajaajajaja que despois me chaman sireniña...ajajaajajaajajajajjaajaja!!
un forte abrazo!!
jaajjaja feito pita
perry, esta lévao na alma me parece a min... desde pequeniña a lembro cun lapis na man :)
E meu pai tamén lle pega guay, a maior parte dos cadros que hai pola casa son acuarelas súas...a ver se algún día colgo algo del.
Por isto me da a risa cando me din que debuxo ben jejeje. sempre penso, pois se vedes a miña irmá... ou pintar ó meu pai....
abrasoss
Muy bien tu hermana, dibuja que te cagas, ahora se porque dibujas las olas cuando no tienes fotos, esto viene de familia.
Un saludo meu, y feliz navidad.
byeee
jeje graciñas
Bo nadal pa ti tameu meu!
unha aperta
Vaia artista que tes por irma.
Noraboa.
Os ultimos gostanme especialmente, e non so pola tematica, JAJAJA.
Un Saudo.
No ya veo que la cosa es de familia..aunque tu hermana pone el liston muy alto: dibujos de caer de culo y parir "grumetes" guapos de veras,tu con los dibujos (delfines molan) y las fotos no estas manco que se diga,asi que peaso familia de artistas...un saludo...y mucha envidia!!!
son "preciosismos"
si e tan boa persoa coma seu irman chegame, e si encima debuxa ben(mellor ca ti) mellor q mellor, o finde machaca, vente
moitas graciaassss!...
barbakana, para acadar o listón que pon miña irmá, eu polo menos xa podo facer callo no dedo do lapis...que vamos, nin á puntiña dos sapatos :)
Daviidd! non me digas esas cousas en público que me sácalos coloresss homee! jejej
así que "machaca" eh... vámolo a deixar para outra ocasión meu. Que á miña nai, ademais de gustarlle ter á familia enteira xunta, seguro que prefire que os integrantes estean enteiros tamén :)jjeje
unha aperta e a pasalo ben estos días... e os que non son estos tamén
Buffff Ruben pois si que tiñas razon cando dicias que a tua irman pintaba ben,pois si,ei Raquel es unha artista,seguro que o lees,asi que noraboa e felices festas a os dous ajjaj perdon e a todolos demais rapaces
¡¡Halaaa...o meu ego vai alimentado para todo o ano!! Jo Ru, que ben me cae esta xente! jajajaj...
Por certo, feliz ano a todos, que o 2008 vos traia boas series e bo vento ós que surfeades (que seredes a maioría) e ós que non, pois que cando menos, o novo ano traia moitas alegrías (e que deamos queimado o turrón e os masapáns antes de chegar ó entroido, que toca comer filloas!!)
Graciñas polos comentarios!
Ra.
Eu flipo ca forma que tedes de escribir o galego en "meiriño"...es precioso...decides que "fasedes" e cousas polo estilo..me enamore do voso galego do sur cando entiven uns dias en Lires,botamonos a surfear en Meniña..cando o do Prestige..e xente que estaba na auga co bodyboard,o chegar á aréa collia o "capaso" pra recoller o petroleo no seran...despois do almorso..bonito lugar...praia enorme con moito mar !!!Quedei prendado..joer!.
jajaja
pois a ver cando se che ve a barba por aki meu! jej
a verdade é que é moi curiosa a fala desta zona. Ademais hai acentos e formas de falar diferentes en zonas moi pequenas. Por exemplo, os daquí diferenciamos pola forma de falar a un fisterran dun de muxía... ou dun de muxía a outro de camariñas. En serio. cando veñas imítoche os diferentes acentos da zona dende muros ata camelle jajaja
Eu e a miña irmá precisamente non temos un acento moi propio da zona,normalmente non falamos con "seada e ghegheo" (jeje) porque os meus pais son de Lugo e digamos que a nosa lingua materna é o "galego lucense" misturado con galego normativo, (recorda que os meus pais tamén son mestres e algo sempre inflúe). Pero ás veces, de coña ou por contaxio falamos con gheada e seseo.
o que nunca escoitara é o término "meiriño"!
unha aperta e un sorriso a todos
Que me coman os demos se non vou estalar como unha castaña. Da jloria ver todo o que deSides dos meus fillos pero esta páxina está correndo o risco de non ser apta para diabéticos... Pero díjovos ijualito que "su majestad": me llena de orgullo y satisfacción....Bicos e boas festas.
A reproducción que fai Rubén dos acentos da costa da morte é digna de ser grabada por un lingüista ou un filólogo... eu pártome cada vez que o oio porque os clava.
Bueno, deixovos, un bicaso dende Sevilla outra ves.
Ra.
Publicar un comentario