Cando fixen este bocetiño, tiña unhas ceras de cor cerca así que probei. Nunca fun de pintar os debuxos, ó mellor é porque nunca se me deu moi ben. Ou por pereza, non sei :)

O dibuxiño non é moi alá porque so foi para probar... aínda por encima de que é foto de dibuxo feita co móbil, o tamaño do debuxo é mínimo. Para que vos fagades unha idea o tablón ten o tamaño de unha tarxeta microSD.
Para facelo dibuxo inspireime nunha ola que lle vin coller antes de antonte a Aitor en Rostro (moi bo baño)
Bueno, pois eso, que me gustaría que me dérades a vosa opinión. A partir de agora, os debuxiños, en branco e negro ou con un pequeno toque de cor?
9 comentarios:
cabron, e o meu debuxo da machacona donde está?, cando mo fas, fas outros pero o meu nada de nada.
Hola Ruben,a min a verdade e que sempre me gustaron os debuxos a lapiz,o a carboncillo,vamos en branco e negro,sempre gustaronme moito mais asi,pero a quen lle teñen que gustar e a ti,e como mais facil te sexan de facer .....te saen bastante ben,un saludiño
jajaja, David, si xa che fixen o debuxo na túa casa! jaja o que tes que facer é escanealo ou sacarlle unha foto e mandarmo pa que o colgue :)
Estrela, moitas gracias pola túa opinión. a min, sempre me gustaron máis e sempre os fixen en branco e negro.A carboncillo teño feito algunha cousiña pero gústame máis traballar cun lápis calquera porque me resutlta máis fácil os detalles pequeniños e os sombreados.
E sempre pasei bastante de colorear, pero non sei si sería un pouco o conto da zorra e as uvas. Como non pintaba ben, non me gustaba o resultado... e polo tanto non me gustaba pintar :)
Se a todos vos gustara moito máis con cor, intentaría facelo esforzo de pintalos todos ou case todos. Pero se non é así, pintarei os que me apeteza... para practicar un pouquiño a ver se melloro algo e por se algún queda ben :)
veña... máis opinións jeje
Un saúdo!
buenas ruben, os debuxo en blanco e negro sempre lle dan un toque mais formal e son moi bonitos e cun toque de cor e mais realista.podes ir mezclando.agora ti decides.un saudiño
Graciñas Liber
:)
Eu o teño moi claro.... Blanco e negro!!!
Debe ser "deformación profesional" pero os colorines recórdanme máis os debuxos dos nenos... jeje
Estou dacordo con libertad en que o blanco e o negro da un toque máis formal.
Pois xa veño eu a discrepar.. non creo que o branco e negro sexa máis formal. Precisamente o que me mola do s debuxos en branco e negro é que son froito da espontaneidade... o que di Ru: colles un lápis e o que saia.
As cores sempre supoñen un tempo pra pensar, compoñer. Pero tamén aportan riqueza, non sei... a min gústanme as dúas modalidades.
Conclusión: Ru, fai o que che saia dos "güevos" ! (que fina son carallo!)
jeje graciñass
SWJUN OS DEBUXOS QUE LEVO VENDO DE OLAS, FEITOS POR REUBEN CREO QUE EN BLANCO E NEGRO APRECIASE MILLOR AS CARACTERISTICAS DA OLA E A PROFUNDIDADE DELA, DUNHA FORMA MAIS RAPIDA E SENCILLA SEN TER QUE PASAR MAIS TEMPO BUSCANDO COMBINAIONS DE COLORES APROPIADAS.
CADA UN QUE SE IMAXINE O COLOR DA OLA COMO LLE MOLE. PERO O IMPORTANTE E TRASMITIR O TIPO E TAMAÑO DE OLA QUE NESA SESION HABIA.
UN SALUDO
DEIVIS
Publicar un comentario