martes, 11 de diciembre de 2007

Nemiña hoxe

Hoxe, tras unha chamada de Marcos informándome de que en Estorde estaba bastante pequeno, tirei directo para Nemiña.

Desde a pista de terra víase que estaba grande. 3 metros pasados lle calculaba. No video parece bastante máis pequeno do que era, pero bueno. Póñoo para que vos fagades unha idea de como rompía (fatal)

Metímonos Manuel, Fran, Rueda e eu. Costaba algo chegar ó pico se non se entraba polo canal, á dereita de todo, cerca do Saburil.
Unha vez ben adentro, entraron un par de serie que impresionaban.... Dende a base da ola (un bo cacho antes de que rompera), senteime na táboa e contei 7 segundos ata chegar á cresta. Había tempo que non pensaba: "non sei que pasará si me colle esa ola, pero prefiro non probar jeje"

Houbo un olón que me rompeu xusto diante de min, no que pasei de intentar o pato porque sabía que iba a caer o labio uns 4 metros diante de min e tería que facer un "cormorán" para safar a ola. Soltei a táboa e púxenme a bucear. Pensei que safaría porque vin pasar o espumote por encima de min, pero a ola que cazou a táboa, empezoume a tirar polo invento e fun facendo esquí subacuático ata que me acabou cazando de vez :) lavado con 4 funcións, centrifugado zannusi... e "parriba". Collín bastante aire e estaba relaxado polo que o revolcón non foi dos sufridos :)
Non sei que tamaño terían as olas, pero MaRcos díxome: "no se tio, pero se te veía muy pequeñito jajaja".

O saír, saquei estas dúas fotos co móbil. (teño mono de cámara)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
O pincho co que entrou Rueda.

Unha aperta!

1 comentario:

Salvia dijo...

A verdade son unhas fotos chulísimas.. non? e non é "amor de moza"! :)