miércoles, 19 de diciembre de 2007

O tamaño das olas

Moi boas!

A ver se debatimos algo sobre unha cuestión: A forma de medir o tamaño das olas.

Ós profanos na materia parecerálles algo absurdo atopar debate neste tema, pero é que, para os surfistas, os metros, son como os mocos, cada un ten os seus.

A enquisa que teño posta na marxe esquerda tamén fai referencia a este tema, e por se a alguén lle fai gracia ou lle sona raro o da porta, ten a súa explicación.

Todos falamos algunha vez por telefono con algun compañeiro de mar intentando describir como eran as olas de un baño ou como están as de unha praia nese mesmo instante. Se os falantes xa se coñecen non hai problema, pero se non é o caso... podemos explicar perfectamente o estado da superficie da auga, colores, vento, mareas, nivel de ordenado, definición do pico.... e atopamos trabas ó explicar algo tan básico como o tamaño das olas. Tal é así que penso que todos recurrimos algunha vez a comparar o tamaño dunha ola con algo máis "tanxible", común, e de tamaño máis estandarizado como é unha porta ou algo semellante (que para ó que na enquisa respondeu "depende da porta" contéstolle que falamos de portas normais, de 2 metros aproximadamente)

Por iso pregunto: ¿cantos metros dirias que mide unha ola que ten a mesma altura que unha porta?

Eu penso que xa escoitei de todo:

-que si as olas se miden por atrás: a estes dígolles que non están sendo fieis á realidade, porque unha ola pode ter un metro por detrás e 7 por diante como teahupoo

-que si se miden en metros reais desde a parte vertical da ola: hai olas que teñen 5 metros de alto e non teñen ningunha parte da ola totalmente vertical, as tendidas.

- que si se miden dende o nivel do mar (que non é igual á base da ola) á cresta,

-e, posiblemente, a medida máis difundida (á que lle chamo "metro surfeiro") na que o primeiro metro ten o tamaño dunha persoa de pé, e a partir da cabeza se mide en metros reais... ¿por que?

Pois atopámonos coa situación de que o METRO, unha medida internacional, algo OBXECTIVO, relacionado coas matemáticas que É o idioma universal, que ata Zapatero e Rajoi estarían de acordo en que un metro son 100 centímetroosss..... pois non. No mundo do surf o metro é algo subxectivo e cada un ten o seu.
e aquí o demostro cos primeiros 33 votos da enquisa
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

non mo explico!
si xa ós surfeiros nos pintan en algun que outro anuncio de televisión de tontos, vividores, fumaporros, atontaos....(recordades o anuncio de rufles...tres tipos rastas esperando olas e dicindo uuuuaaaaaaaaauuuuuuu) ¿imaxinades como reforzaríamos esa imaxe se nos ven a dous surfistas intentando poñernos de acordo sobre o tamaño que ten unha ola de metro e medio???!

Eu sei que moitos de vos estades acostumados a medir con "metros surfeiros" pero non estades de acordo conmigo en que deberíamos de medir en metros reais dende a base da ola? É dicir, se ti mides 2 metros, estás de pe na base da ola, e a ola ten a mesma altura que ti, a ola ten 2 metros.

Sei que hai guías de surf como a de Jose Pellon na que explican as equivalencias dos metros "surfeiros" ós reais. Un metro igual a 2 metros reales, 2 metros igual a tantos.... pero paréceme innecesario!

Eu recurro á ciencia e escribo "ola" no wikipedia. E sáeme entre outras cousas o seguinte dibuxo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
No que se explica que H é a altura da ola e vai dende o valle ata a cresta!
Eu véxoo bastante claro! vos non?

Sei que é dificil cambiar un convencionalismo tan extendido... pero tamén antes as mulleres non podían levar pantalóns.

Non credes que poderíamos chegar a un acordo?

18 comentarios:

Perry dijo...

Buff! A nai de toda-las discusións!!

Os de windsurf o teñen máis claro xa que os seus metros son os reais desde a base da onda porque é o que aproveitan de rampa para saltar ou o que lles vai caer por riba se a pifian.

Eu normalmente evito a discusión dicindo que a ola chega á rodilla, á cintura, ó peito ou a cabeza.

A partir de ahí xa non sei medi-la, se quedas corto vas de "sobrao" e se tiras por largo vas de "flipao"

Creo que este último punto é o determinate para non dar unificado alturas.

Persoalmente, creo que a mín o que me importa é o tamaño da onda que me vai romper enriba cando estou remontando, pero non sería obxetivo xa que a vexo sempre enorme!

Rubén dijo...

jeje, cando estas remontando penso que parecen máis grandes porque o noso punto de vista está a unha cuarta da superficie da auga. Sería como mirar o marco superior dunha porta coa cabeza pegada ó chan. Xa cambia o tema.

o sistema de referirse á altura da ola polas partes do corpo tamén está ben, pero o límite na medición sería de pé cos brazos levantados. A partir de aí tamén deberíamos saber medir.

Eu e os compañeiros de mar da zona sempre nos chamamos dende as praias que temos máis cerca para informarnos de como están e aforrar gasolina, tempo e contaminar menos. E hai veces que si che din que a ola supera o tamaño mencionado anteriormente (brazos levantados) pode que che interese ir ou non...si supera ese tamaño en un ou 2 metros igual vas, pero si o supera en máis ó mellor non...entonces considero necesario porder chegar a un acordo nese sentido.

Ti por que medida votaches na enquisa Perry?

Rubén dijo...

copio e pego aquí o que escribiron os que votaron en "other":
-tres cuartos de metro
-depende de la puerta (jeje,a este dígolle que unha porta de 2m aprox)
-entre metro e medio e 2 m
e o 4º voto púxeno eu de proba para ver onde podía ler o que escribiran nesta opción así que non conta.

Perry dijo...

Bueno, eu a verdade é que normalmente vou á praia sen lentillas e non vexo moi ben o tamaño se non teño unha referencia na auga.

Eu non votei, pero diría que cerca de metro e medio (aínda que a referencia que daría por teléfono sería: "chega pola cabeza máis ou menos")

Néstor dijo...

Creo que é unha discusión que sempre temos por un tema bastante ridículo. Parece que se hai dous metros e saes da agua dicindo "que divertido estaba ese metrillo" eres mellor surfista que se dis "menudos dous metrazos".
Canto máis experto é o surfista máis vai esaxerar á abaixa(por presumir?) e os novatos á alta(por presumir tamén). Ademáis é directamente proporcional.
Eu fago coma perry e cando pasa da túa altura cos brazos estirados empezo con palabras coma gordo, moi gordo, gordisimo, gordo e burro, etc
Ultimamente pra evitar polemicas cando podo envio unha foto do día e digo "mídea ti".

Rubén dijo...

jajaja.. moi ben.

Andrés dijo...

Yo creo que eso depende de la persona, estoy con Néstor, muchos le ponen más tamaño del que tiene, a mi criterio se debería medir a metros reales o como dicen estirando los brazos y si la ola es más grande ya diría esas palabras.

Saludos.

Rubén dijo...

Claro que si, uns din que as olas teñen máis do que teñen e outros menos. Un tipo despois de coller 3 metros, se di: "ke divertido este medio metriño..." pois pensará que é moi guay porque sabe que algún que outro estaba acojonado na auga...

Pero independientemente deso, estou de acordo contigo en que debemos medir en metros reais dende a base da ola, pero incluso superando a altura de pe cos brazos levantados, ou sexa, uns 2 metros e medio. Porque para un novato, un baño de 2m xa pode ser gordísimo para el, e si che di que na súa praia está gordísimo, pois igual non vas... cando si que está ó teu alcance.

Por exemplo, se podemos calcular que unha ola, ten aproximadamente a altura de dúas portas, podemos decir perfectamente que a altura desa ola é de aproximadamente 4 metros. O que pasa é que parece de "flipaos" decir que estiveches surfeando 4 metros... pero a min xa me da igual. Os que me coñecen xa saben que mido en metros reales, e si non, recórdollelo :) jeje

Un abraso a todos

KingMatt dijo...

¿Nunca vos dixeron que o tamaño non importa?
Que mais ten, as veces pasalo mellor con olas pola rodilla, que outros dias con olas pola cabeza.
O importante e disfrutalas, midan o que midan.
Eu mido en metros reais, pero para os meus amigos un metro e a altura dunha persoa. Niso os americanos levan ventaxa, as olas pra eles son: neck, overneck, shoulder, overshoulder, head, overhead, double overhead, e de ahi pa riba,
JRANDISIMO. JAJAJAJA.

Un Saudo.

Perry dijo...

Carallo se importa!

Que non é o mesmo que che caia unha serie pequena que unha serie enorme!

Aínda que ainas "pequenas pero matonas" Pero iso xa é outra historia.

NACHO dijo...

ruben,o dia de san valentin e tanto pa homes como pa mulleres solo ke nos somos os tontos ke facemos o regalo.E a cerca do de medir non sen pero bueno un saludo.

Robs dijo...

boas ruben! carambas con debates polémicos te veo jejejej, yo creo q lo mejor es comparar la ola con la persona, nose, en modo: pues la ola me llegaba por la cabeza o por la cintura o algo asi, sinceramente los metros reales son los que existen, porq no usarlos en vez de crear otros metros diferentes pare medir un metro?

buf vaya trabalenguas no me entiendo ni yo. vamos o eso me dijeron en primero de carrera en fisica... y la verdad la tube que estudiar mas de una vez asiq me kedo bastante grabado

Rubén dijo...

King, para pasalo ben non me importa o tamaño se son juguetonas jajaja
Estou de acordo contigo en que é máis importante disfrutalas que medilas, pero aínda así gustaríame poder decir e entenderme con todo o mundo se digo que a ola coa que me divertín tiña un metro. Non sei si me explico :)
Non pensedes que me obsesiona o tamaño das olas, Eu son dos que me meto á auga haxa o que haxa, e os días que mellor o teño pasado cos amigos, foron días de estar todos con tablón e collendo oliñas de un metro (real).

Non me gusta ter que andar especificando como ahora si metros reais ou non. Ademais, os metros que non son reales.. que son? de mentira? ajaja (onte estiven surfeando 8 metros, pero 8 metros de mentira ehh...e que para min 25 cm son un metro)
Como di Robs, si xa temos uns, para que imos a inventar outros?


É que me da como vergonza, que, nun mundo tan grande como o surf, con tantos surfistas como somos, que non teñamos unha forma de medir as olas común a todos.Non me importa o tamaño das olas, impórtame que haxa un convenio para que todos nos entendamos e non teñamos que andar específicando... Non sei si me explico.

Non vos daría a risa si presenciades o seguinte? (xa vou eu coas miñas comparacións):

Dous tipos pescando, e un colle unha robaliza tremenda. O que a pescou di: "mira cacho robalo! esto pesa polo menos 7 kilos!!

e o outro dille:-" a onde vas animal!! que eso non pasa dos 3 kilos!
-"mecajuntal, que me apostas!"
-" o que queiras!"

Van a pesar o robalo e finalmente pesa 3 kilos

O que non o pescou di: -"Veeess!? xa che dixen eu que pesaba 3 e non 7, animal!"
- AAH NO!, PERO E QUE PARA MIN 7 KILOS SON 3 KILOS REALESS

En fin.. esto aínda podería seguir avanzando cara o absurdo: -En canarias non pescan peixes de máis de kilo e medio, porke un kilo para eles son 5 kilos para nos...
ou
- si mira que che explico como mido eu.... o primeiro kilo pa min son 1800 gramos, o segundo kilo son 1300, e a partir de aí mido en kilos reales

Eu creo que unha cousa que pasa é que nos da medo dicir que collemos olas de 3 ou 4 metros por quedar de "flipaos". En cambio si a eses 4 metros te refires como "estaba tirando a gordo, dos metrillos" pos xa eeres guay


buff.... vou a parar que me embarillo (pero podería seguir ehh)

Porfavor, se hai alguén que mida como o fai a maior parte da xente, e non como os que deixamos aquí os comentarios, que non se sinta "acorralado" nin nada polo estilo, que cos meus amigos tamén discuto sobre isto e non deixan de selo jajaj... quero decir que si poden explicarnos porque miden así, ou simplemente que o fan por que si....que non se corten, en serio.

Aqui tamos de bo rollo, non nos vai a separar unha unidade de medida jajaj


Un abrazo a todos!

Arroás dijo...

Jajaja

Fixome gracia a comparación do robalo, a verdade e que é moi ilustrativa, a pena é que non se poidan pesar as ondas...

Penso que este é un tema coma o do sexo dos ánxeles... Pero se hai que coller unha medida coma estándar, o máis lóxico sería dicir que chegaban pola cabeza ou pola cintura, e así. Aínda que logo no mesmo baño non hai dúas ondas iguais, depende da serie, a marea e tal.

O único que está claro é que entre os amigos sempre hai unha definición máis ou menos exacta do metro surfeiro.

Eu que carallo sei... Habería que preguntarlle aos arroases a ver coma fan eles...

Rubén dijo...

jajaja, os arroases fijo que se entenden mellor que nós...Estou convencido. Se poden aprender/entender máis de 2000 palabras fijo que poden entender que 2 metros son o doble de un. jejejej
Unha aperta!

Isabel dijo...

Alabadiño sexa deus, meu fillo. Sei que comiches crispis caducados, ou? ¿como te liaches tanto aí abaixo? Mimá, pensei que non rematabas máis. Recorda: "lo bué si bre, dos veces bué"

yes1 dijo...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,a片,AV女優,聊天室,情色

黃立成Jeff dijo...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,a片,AV女優,聊天室,情色