domingo, 16 de diciembre de 2007

Pescando surfeiros

O título do post parece de coña pero a verdade é que o asunto, gracia, o que se di gracia non ten moita.

Falo dunha modalidade de pesca que pode facer que algún día nos vexamos nun bo apuro. Trátase dos palangres que se empregan nas praias ... Para os que non os coñezan, son unhas táboas que están enterradas na area, das que sae unha goma que ten unha línea con un par de anzuelos.

Pois ben, disto xa tiña constancia de que se facía nalgunha que outra praia, pero como o máis cómodo é pensar "bue, malo será que nun revolcón teña a mala sorte de ir ata o fondo e engancharme nun chisme destos"...pois o final pasamos de todo.

Pero o que vimos en Nemiña fai uns 4 días David, Rueda e eu... xa é o colmo. Para aumentar as posibilidades de pesca, colocaron unha línea de uns 4 metros de largo con moitas ramificacións, todas elas cheas de anzuelos e o peor de todo....unha pequena boia no extremo. Algo así:
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O que fixemos foi acercarnos con moito coidado entre ola e ola e romper o enganche da línea á boia para que os anzuelos se vaian cara on fondo.

Imáxinádevos o petate: cóllete unha ola e tes pouco aire, pápate a seguinte e xa che costa aguantar a respiración debaixo da auga... e cando estás desexando zamparte unha bocanada de aire, resulta que non chegas á superficie porque tes un anzuelo enganchado en calquer parte do corpo... no neopreno ou na pel! Eu, como penso que é prácticamente imposible desengancharte debaixo na auga (sin ver e con "estrés") penso que a mellor solución en tal caso é calmarse, armarse de valor e pegar un tirón para desgarrar o neopreno ou o cacho de pel que esté enganchado. A fin de contas, a ferida que te podes provocar non é nada, comparado co que che pode pasar se te pos nervioso e non atopas a solución. Outra opción é levar un puñal de buceador no tobillo para cortar a tanza.


Así que, amigos...xa sabedes. Se vedes unha boia, alonxádevos dela, sobretodo se vedes que se afunde cando debería de subir coa ola (sinal de que está "anclada" ó fondo). Denunciádeo se o vedes polas vosas praias (xa que a técnica do palangre só se permite en pesca de altura), tede coidadiño e tede ben claro o que facer en diferentes situacións de perigo.

Unha aperta e boas ondas!

14 comentarios:

Raquele dijo...

Hostiá! que perigo! Espero que todo aquel que vexa algo semellante o denuncie ó Seprona. Que non teña que pasar unha desgracia para que se denuncie (que é o que sempre pasa por desgracia)
E vós moito coidadiño eh Ru? :-S


Deica o mércores!

yago dijo...

Buenas Ruben y compañía. LLevo tiempo leyendo tu blog pero este post me ha tocado la fibra sensible.

La primera vez que fui a hacer surf hace 17 años, me enganché un anzuelo en el dedo gordo del pié mientras intentaba remar penosamente (era la primera vez que me echaba en mi vida!!) hacia el pico.

El dolor, mezclado con un mar bastante revuelto que no me dejaba mucha libertad de movimientos empezó a crear en mi cierta angustia. Mi compañero que casi había llegado al pico no entendía que coño hacía yo revolviendome como un pez encima de la tabla. Por fin conseguí arrancármelo como si le quitara en anzuelo a un pez, dándole la vuelta y desgarrando la parte que toca del dedo. Y de ahí a urgencias.

Esto fué en Sabón y nunca más he vuelto a ver nada parecido. Así que ya sabéis: si os pasa algo parecido lo mejor es tranquilizarse e intentar quitaros el anzuelo como si estuviese enganchado a un pez y no a vosotros. Aunque os duela. Y sis estais hundidos, hacer loq eu dice Ruben, aunque os duela todavía más.

Un saludo y recuerdos para la gente. A ver si un día compartimos algún baño en ese secret que ya conozco pero no te preocupes que no suelto prenda.
(Saluda a Jonas de mi parte. Dile que soy Yago de Coruña. Él ya sabe).

Perry dijo...

Ca sorte que teño últimamente, pescan un peixe-perry seguro!

De momento voy librando.

aKuA dijo...

Joder qué grima! uffffff ya lo que faltaba. Yo me enganché a una boya pero sin regalito, aunque también te das un buen susto quedarte ahí agarrada sin saber cómo salir y la serie encima.

Joe, encima la sangre pone nerviosos a... los pescadores! jejeejejee.

TRUN dijo...

Manda carallo!Dentro de pouco,haberá que levar unha navalliña debaixo do neopreno,coma fan os mariñeiros.
O que pasa é que hay moito espabilado que anda a botar armadillas e palangrillos nas praias.A ver se colle algo para vender no nadal.O individuo que anda con estes aparellos,non ten perdón.Por certo coñezo a dous surfistas que andan a pintar a mona botando estes aparellos nas praias próximas a Fisterra.(Conto calado que todo se sabe.)

estrela dijo...

Por si que he un perigo eso,tes que ter moito coidado,porque nalgun momento podeste encontrar con algo asi,he eu si que non seria capar de arricalo desgarrandome a carne,creo que afogaria,por iso que tede coidadiño un saudo

Néstor dijo...

Si de cara ás navidades non e raro encontrar cousas de estos nocturno-furtivos.
Por aqui tamén teñoencontrado algún pero polo xeral sen boia. Moi perigosos cando baixa a marea e quedan os anzuelos pola area e non os ves e os pisas.
Moi boa a descripción Rubén e xa sabedes, coidadiño.

Rubén dijo...

Graciñas a todos por deixar as vosas opinións por aquí...

Ra, non te preocupes que por agora a única que me pescou foi Salvia jeje

Yago, Benvido! gracias por animarte a escribir e compartir con nós esa experiencia. Unha honra ter a un surfeiro tan experimentado entre nós

Pois ben.. que sepades que xa falei cos culpables da "estratéxica" colocación do palangre.
Comentáranme que seguramente serían uns que teñen un pequeno restaurante na praia "do crime" e acertaron.

Acerqueime ata o bar e falei cun señor mallor que supuxen que sería o dono do negocio.

Para que escoitara ben e se fixase na importancia que realmente tiña o tema (non vos podedes imaxinar o cerradiña que pode ser algunha xentiña destas aldeas mariñeiras) , permitinme o "luxo" de dar por feita a primeira desgracia. Comentei que un amigo quedara enganchado...eu vira a táboa flotando...desgarráramos a pel...bla bla bla... e que no hospital tivéramos que mentir sobre a causa da urxencia porque se non, tramitaban dende alí a denuncia. E comenteille que, a pesar do susto, non quixemos denunciar porque supoñíamos que foran eles, e se podíamos arreglar o tema polas boas.. mellor que mellor.

O señor reaccionou bastante ben; dixo que avisaría ó neto "maior" que fora o que puxera o palangre...etc. Solo pareceu padecer algún tipo de alerxia á palabra "Seprona". Exceptuando iso todo perfecto. pero o que máis me "enterneceu" foi outro neto seu (de uns 11 anos) que se asomou por alí, que trataba de explicarlle ó avó que eu iba a avisarlles, e non paraba de darme as gracias por facelo. Tamén me explicou que os palangres soían poñelo polas noites e quitalos polas mañás, pero que ese día debera de aumentar o mar o suficiente como para impedirlles a retirada da trampa.

Eu iba con un nivel de "mala leche mental" bastante elevado, que, mesturado co poder que nos da razón... levaba o peito o suficientemente hinchado como para discutir co mismísimo papa, pero, se practicamos ese "deporte minoritario" chamado empatía... ás veces podemos apaciguarnos un pouquiño por dentro. Sobretodo con frases como: "bué... nos quitámolos aparellos, pero tes que pensar que nos fasémolo pa vivir e témolos que quitar pa que vos vaiades a pasalo ben..."

Raquele dijo...

Según ese home logo, todo aquel que se mete no mar é para pasalo ben... e si resulta que ti pagas a túa licencia de pesca relixiosamente e te metes no mar pra gaña-lo pan, que?.. tes que levar un susto por culpa dun listo!
Fixeches ben en falar con eles. Este irmán meu íbache pra dimplomático, jajaja...

Mañan vémonos!

Isabel dijo...

Diosssssssssssss que facía un mes que estaba sen "interné" e que ben estaba, porque mira ti do que me entero namais entrar. Por favor, non entredes ata que pase logo o nadal, a ver se vai haber máis e vos mancades ou afogades. ¡¡¡¡!!!!Xa me dirás onde foi o tema e quen, que non me aclaro .

KingMatt dijo...

Demasiado bon fuches, rapaz.
Eu arranco todo, e o tiroo no lixo. Iso si, deixaria unha notiña, pa cando viñeran a recollelo. ''Os 4 robalos de 5 kilos que habia enganchados, vanme saber a gloria. Xa estou atento pro proximo lance, Gracias''.
E da notificacion o Seprona non libran nin de coña.

Un Saudo.

Maika Boquete dijo...

A verdade é que fíxeches moi ben en ir a falar con eles aínda que teño que dicir que lle botaches "..." de enfrentalos, porque esta xente da nosa zona nos se andan con caralladas con cousas coma esa e facelos entender e misión imposible.
Foi o mellor que puideches facer. Xa che digo eu que ós do SEPRONA entraríalles por un oído e saírialles polo outro. Eu canseime de escribirlles cartas avisándolles do que facían un grupiño de ignorantes que usaban o río da miña aldea como pozo negro particular, ou que en Rostro aínda queda Ghalipote como pra facer gasolina durante un ano, e aínda sego esperando resposta...

Nos tes a sensación as veces que a xente anda cos ollos pechados e as orellas tapadiñas?pois iso...

E o de arrincar o anzuelo así sen máis... non sei eu se sería capaz...

iago dijo...

bufff.... mima creo que xa me fodeches para unhas cantas sesións... ostia que grima.

impresionante o testemuño de yago... imos a ter que ir cun coitelo na perna coma na peli do "Jhonny Utah", para este menesteres.

Rubén dijo...

jajaja king, o da nota estaría guay, e robalos de 5 kilos non había, que si non xa tiña eu para facer os regalos das navidades jeje:)

ma, o tema foi en nemiña...e os do negocio xa imaxinarás empeza por Sabu e acaba por ril :)

Maika, canta razón tes.. hai xente que é moi dura de mollera por aqui. Eu tamén chamei unhas cuantas veces polo do chapapote, pero ó 112. Algunha vez fixeron caso, pero a maior parte nada de nada. O de arrancar o anzó... si se che pasa a pelicula da tua vida por diante dos ollos, supoño que sacas valor de donde sexa

iago, sinto foderche as sesións jeje pero é mellor ter ben pensado o que facer en casos de urxencia. A min sempre que me prestan unha cometa, pregunto e miro moi ben os sistemas de seguridade, para desprenderte dela en caso de accidente, e os respectivos donos míranme raro... como:"tes pensado soltala ou?mira ke non cha deixo!" jejeje pero se non tes claro o que facer en terra, peor será a X metros de altura ou a 40 km por hora arrastro polos prados jejeje.
O do coitelo no tobillo coma os buceadores non é unha idea tan descabellada eh...

un abraso a todos e gracias polos coemtnarioss