viernes, 28 de diciembre de 2007

confianza irresponsable?

Moi boas!
Sinto non actualizar tanto como me gustaría... pero xa sabedes como son estas datas, que non hai tempo para moitas cousas. De feito, polo que me contan as estadísticas de visitas, parece que non son o único que paro pouco no ordenador :) Pasamos de ter a semana pasada días de casi 100 visitantes e 170 paxinas vistas á case a metade nesta semana. Que por certo... nunca imaxinei que fora a ter tantas visitas! (aínda que para moitos sexan moi pouquiñas) e menos escribindo en galego! Aproveito para agradecer dende aquí enooormemente a todos os que me visitades con frecuencia..

Bueno, pois estos días pegámonos algún que outro baño decente e os últimos días en dique seco, pero moi agusto. Coa famila, moza, amigos... de "turismo rural"...etc.
Hoxe botámonos en Nemiña Rueda, Mesi, Coco, Pablo, Bruno, Felipe, David e eu. Estaba a mítica dereita/dereitón que ou cae en barra, ou é rapidísima ou abre ben (dúas de cada 10)as máis grandes 2 metros pasadiños (reais). E o anterior baño foi o Domingo ás 9 da mañá en Rostro (na parte da dereita)... algunha saía pero tampouco estaba moi alá.

Aproveito para solidarizarme dende aquí con Mesi, que xa rompeu non sei cantas táboas... e a última que comprou, un longboard Pukas acojonante de máis de 700 euros...duroulle nada máis e nada menos que 3 baños. No terceiro, quedou en dous cachiños por culpa dunha ola de 3 metriños pasados (reais). É o que se di, unha auténtica putada. Menos mal que na súa casa caeron bastantes euros da lotería para consolarse un pouquiño (non digo cifras non? jeje)

Bueno, xa para despedirme, para non deixar tan "seco" este post, e para darlle algo de sentido ó titulo da entrada... colgo un video que acabo de ver que me alucinou.
(parade a música e dádelle voz ó video para escoitar as carcajadas do cativo)

A min persoalmente, enternéceme; Porque teño un crio en casa, porque teño unha cadeliña (http://surfcostadamorte.blogspot.com/2007/06/rula.html), e coñezo os vínculos afectivos que se poden establecer con un ser tan "humano" como un can. Ás veces case se palpan as emocións que van de un a outro, e a confianza que se pode chegar a ter nun animal así, é tremenda... só o saben os que tiveron un bo can/cana. Pero tamén recoñezo que as imaxes poden estremecer, polo tamaño do can... pola posición...e porque é casi imposible pensar "e si o can tolea? ala vai o cativo!". Pero tamén........¿E si vas no coche co cativo e se che cruza un cabalo tolo, ou unha vaca tola, ou un humano tolo con coche, ou se durme un camionero, etc, etc....

4 comentarios:

estrela dijo...

Tes razon niso Ruben,non ai moito tempo para actualizar,eu levo dende a semana pasada jajajja,as datas jajajaj,o do rapaz e moi simpatico,pobre esperemos que no o pisara despois,co pequeniño que e,e dille a Raquel que non e por que sexamos boa xente e que o fai moi ben jajjajjaja

entre luscos e fuscos/un calquera dijo...

jajaja.eu unha vez tiven un can asi k se poñia a xogar cos cabuxiños e os pitiños e se tiraba no chan e despois de xogar kedaban na campeira tos durmidos un enriba doutro.era un palleiro galego.non tiven can coma ese.era tan bo ese can k cando morreu meu avo,os tres dias morreu el de pena.sempre andaba tras del eh...

Rubén dijo...

que bonito... hai moitos cans mellores que moitas persoas. Eu tamén tiven un que quedaba a durmir cos gatiños metidos entre as patas, abrigados coa súa pelambrera.lambía neles coma se foran os seus fillos.
E uns amigos tiñan unha mastín, e unha vez escapouselles o crio de 3 anos polo pobo adiante, e a cadela foi tras del de gardaespaldas e volveu con el a casa.(ou a cadela trouxo á cativo... eso non o saberemos :)

iago dijo...

queda de puta nai coa musica de fondo, non fai falla parala.

saudos