Dani (de surfinglifebydani)cando veu por casa díxome que porque non lle daba un toque de cor ós dibuxos. Propúxome acuarela, pero ademáis de ser unha técnica moi complicada por non poder rectificar etc...eu sonche moi vago e solo o engorro de ter que coller pinceis, auga, pintura, misturas de cor...buff.. que va que va. A min gústame coller un lápis, un cacho de papel (usado a poder ser) e intentar un bocetiño. Si sae, ben; e si non sae, atalogo.
Cando fixen este bocetiño, tiña unhas ceras de cor cerca así que probei. Nunca fun de pintar os debuxos, ó mellor é porque nunca se me deu moi ben. Ou por pereza, non sei :)
O dibuxiño non é moi alá porque so foi para probar... aínda por encima de que é foto de dibuxo feita co móbil, o tamaño do debuxo é mínimo. Para que vos fagades unha idea o tablón ten o tamaño de unha tarxeta microSD.
Para facelo dibuxo inspireime nunha ola que lle vin coller antes de antonte a Aitor en Rostro (moi bo baño)
Bueno, pois eso, que me gustaría que me dérades a vosa opinión. A partir de agora, os debuxiños, en branco e negro ou con un pequeno toque de cor?
9 comentarios:
cabron, e o meu debuxo da machacona donde está?, cando mo fas, fas outros pero o meu nada de nada.
Hola Ruben,a min a verdade e que sempre me gustaron os debuxos a lapiz,o a carboncillo,vamos en branco e negro,sempre gustaronme moito mais asi,pero a quen lle teñen que gustar e a ti,e como mais facil te sexan de facer .....te saen bastante ben,un saludiño
jajaja, David, si xa che fixen o debuxo na túa casa! jaja o que tes que facer é escanealo ou sacarlle unha foto e mandarmo pa que o colgue :)
Estrela, moitas gracias pola túa opinión. a min, sempre me gustaron máis e sempre os fixen en branco e negro.A carboncillo teño feito algunha cousiña pero gústame máis traballar cun lápis calquera porque me resutlta máis fácil os detalles pequeniños e os sombreados.
E sempre pasei bastante de colorear, pero non sei si sería un pouco o conto da zorra e as uvas. Como non pintaba ben, non me gustaba o resultado... e polo tanto non me gustaba pintar :)
Se a todos vos gustara moito máis con cor, intentaría facelo esforzo de pintalos todos ou case todos. Pero se non é así, pintarei os que me apeteza... para practicar un pouquiño a ver se melloro algo e por se algún queda ben :)
veña... máis opinións jeje
Un saúdo!
buenas ruben, os debuxo en blanco e negro sempre lle dan un toque mais formal e son moi bonitos e cun toque de cor e mais realista.podes ir mezclando.agora ti decides.un saudiño
Graciñas Liber
:)
Eu o teño moi claro.... Blanco e negro!!!
Debe ser "deformación profesional" pero os colorines recórdanme máis os debuxos dos nenos... jeje
Estou dacordo con libertad en que o blanco e o negro da un toque máis formal.
Pois xa veño eu a discrepar.. non creo que o branco e negro sexa máis formal. Precisamente o que me mola do s debuxos en branco e negro é que son froito da espontaneidade... o que di Ru: colles un lápis e o que saia.
As cores sempre supoñen un tempo pra pensar, compoñer. Pero tamén aportan riqueza, non sei... a min gústanme as dúas modalidades.
Conclusión: Ru, fai o que che saia dos "güevos" ! (que fina son carallo!)
jeje graciñass
SWJUN OS DEBUXOS QUE LEVO VENDO DE OLAS, FEITOS POR REUBEN CREO QUE EN BLANCO E NEGRO APRECIASE MILLOR AS CARACTERISTICAS DA OLA E A PROFUNDIDADE DELA, DUNHA FORMA MAIS RAPIDA E SENCILLA SEN TER QUE PASAR MAIS TEMPO BUSCANDO COMBINAIONS DE COLORES APROPIADAS.
CADA UN QUE SE IMAXINE O COLOR DA OLA COMO LLE MOLE. PERO O IMPORTANTE E TRASMITIR O TIPO E TAMAÑO DE OLA QUE NESA SESION HABIA.
UN SALUDO
DEIVIS
Publicar un comentario