viernes, 7 de diciembre de 2007

Olas e táboas

Moi boas!

Estos días tivemos baños...uns mellores que outros, pero hóuboos.

Antonte metímonos David e eu nunha pequena cala de difícil acceso. Trátase dunha dereita que sae cando todo está desfasado, sobre fondo de pedra; ou máis ben sobre unha "praia de bolos". Parecía un baño tirando a mediocre pero sorprendéronnos algunhas oliñas de 2 metros que abrían moi ben. E tivemos a sorte de que estábamos abrigados do "mal vento". Foi todo a pedir de boca exceptuando un tortazo que se levou David de regalo para casa ó saír polas pedras..jeje.. que se mellore esa muñeca!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Este é o sitio pero a foto non é do día que nos metimos.

Antonte metímonos en Estorde pero non sei para que...pf... barrotes, todo revolto , vento de mar, algas, caca de vaca... nada, saímos da auga ós 25 minutos de entrar, despois de mirarnos e preguntarnos coa mirada....¿que facemos aquí?. David dixo: Penso que poderíamos estar facendo algo máis productivo. Jajaja, collimos o seguinte espumote e saímos.

Hoxe recibín unha chamada de Rops (lavidaporelnorte.blogspot) decindo que estaban el,Kiyo Alex e Stefano (amigos de Coruña) de camiño para Nemiña.
O primeiro que pensei foi: -oh! pero se non hai condicións!??
Dáballes igual, eles tiraron para aquí e punto :)
Con 4 metros e medio de ola segundo windguru, supuxen que Nemiña estaría desfasado, así que unha vez que eles o comprobaran, espereinos en Cee e tiramos para Estorde :) Pero nada, demasiado pequeniño. O vento norte que se empezou a levantar animounos a tirar para Nemiña.

Víase que de tamaño estaba ben, pero estaba algo revolto. Non había un pico definido pero de vez en cando saía algunha ola boa.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E como vir ata aquí "paná" é tontería, pois metímonos sen pensalo moito. Ó final só nos metimos Rops, Alex e eu
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
e Stéfano e Killo quedaron sacando estas fotos. Despois de ver un seriote que caeu en barra arrasándoo todo, un dos que quedaban en terra díxolle a Alex cando se dirixía cara a auga "que aproveche!" jejeje... eu tamén pensaba que íbamos a comer bastante...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
pero ó final non foi para tanto.(nesta foto se vos fixades vese remando a algún de nos polo medio da parede)

Saían dereitas...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Dereitóns...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
(posiblemente a ola máis grande surfeada e fotografiada de Rops)

E algunha esquerda, como esta que me abriu dende o pico ata a orilla
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Graciñas polas fotos Rops!

Despois do baño pasei por casa a ver si secara ben unha quilla que fixen de madeira e que laminei para reforzala.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Lamineina como me pareceu ver nalgunha foto, pero unha vez recortado o sobrante
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Fixeime en que polos bordes, por algún lado, non estaba unida a fibra dun lado co do outro. Aínda teño que recortar máis, lixar e botarlle outra capiña de resina... a ver como queda (acéptanse consellos!)
E teño que poñerme xa a amañar/facer táboas.
Esta 8,2...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
que se parece ó "yellow single fin" porque pasou por moitos donos, saíulle, separouselle toda a fibra do foam. Deslaminei todo o despegado e púxena a secar. Disto xa fai uns meses, así que teño que poñerme a laminar ese cacho XA (ou cando me chegue a resina que pida con Chusma)

E aquí teño dous foams mortos de risa
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
A do medio vai a ser (se todo vai ben) unha short pero para os meus ochentaitantoscasinoventa quilos, vamos, algo máis gordiña e grande do normal, posiblemente unha 6,7. Co da dereita intentarei facer un retro fish e a da esquerda....é unha táboa da prehistoria do kite, que me regalou un amigo por non tirala á basura. A ver se a reciclo e aproveito que ten tres almas para intentar facer unha de surf para kite. Desta si que pode saír unha chapuza digna dun museo jajaja

E esta táboa...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
foi a que comprara para iniciarme no kite (ó final botaríame uns 4 días con ela), pero que xa foi o triple de veces detrás dunha lancha que detrás dunha cometa.
Agora, coa intención de preparala para facer tow-in, quiteille os dous footstraps de adiante para poñerlle un central e quiteille tódalas quillas exptuando dúas bastante grandes que ten atrás. A ver como funciona. A cola esa tan rara fastidia á hora de xirar, pero supoño que significará agarre na parede da ola. A ver se a probamos o domingo que marca windguru 9,9 metros jejeje.

Mimá, vaia tostón de entrada!. Premio para o que chegara ata o final jajaja

Un abrazo a todos!

6 comentarios:

Perry dijo...

Pues suerte!!

Ya contarás que tal va esa cola!

Anónimo dijo...

ola ruben a tabla non digo q no mole. Pero a peazo tv de plasma q sale o lado n es menos.
Habar cando cha paso ver q a ultima vez q fun tiñas una tv mas pequecha.
Un saludo de teu cuñado o loco das escopetas

Anónimo dijo...

BUFFFFFFFFFFFFFFF A ,UÑECA JODIDA O FINAL TEÑENMA QUE AMPUUTAR.QUE PUTADA. JEJJEJE

QUE VA XA TA PARA OUTRAS.

AINDA TABAM POTABLES ESAS OLIÑAS DO VENRRES. TEDES UNHA FOTOS CHULIÑAS.

BUENO HOXE TOCA KITE COM PARAJUASSSSSSSSSSS AS AS AS JUAS AS AS.

UN SALUDOOOO

DEIVIS

Anónimo dijo...

wese!!
lo pase genial en nemiña, has vixto los partes para mañana??????

uohohoho !!

el kiyo me kiere cobrar por haber estado sakando fotos xDXD

volveremos! carallo esos foams kieren tener forma ya!

una aperta, soy rops

Anónimo dijo...

Boas Ruben! Para as killas, debes de poñer pelos de fibra por diante e detrás pra poder lixar ben, digamos que os bordes deben quedarche transparentes. Eu fixen tablas a pricipios dos oitenta xunto co meu irman e outro amigo. Agora volvo a retomalo e tamén teño unha encarga de un Kite surf. Dende logo será un experimento inesquecible, xa que non teño nin idea de como son. Esta semana empezo unha Wombat., así que se o final fabrico a de Kite, xa che poñerei algunha foto. Ia ver o Chusma este sábado a Muros pero ofinal non puiden.Un saudo e sorte coa killa...

Anónimo dijo...

graciñas polo consello antisurfer, entonces intentarei poñerlle uns peliños de fibra polo canto da quilla antes de pasarlle a segunda man de resina (entendín ben?) Eu estiven mirando como é a construcción das táboas de kite e é totalmente distinto. a non ser que vaias a facer unha táboa de surf pero para kite, é dicir, reforzada con unhas 4 capas de fibra e un par de footstraps. Noraboa por retomar algo tan bonito como esto.

Iago! (cuñado) pois a ver cando te pasas a ver unhas peliculiñas logo! as escopetas que utilizades no tiro o plato empregan cartuchos con perdigóns de plomo??

Rops! aquí estamos para outra visita eh! a ver si vides máis a miúdo!! eu tamén o pasei guay en Nemiña, e eso que parecía un baño guarro de todo :)

Deiví.... vaia navegada nos pegamos onte en Carnota eehh! JAJAJ eu teño os cuadriceps rebentadísimos. Quedeime con ganas de facer máis supermáns deses... e facer algún que outro doblebackloop pero de forma intencionada jajaja. En ocasións manda máis a cometa ca min jeje


Graciñas a todos polos comentarios
Unha aperta!