Nada de olas, nada de vento. O mar, coma un espello; o ceo, azul coma o mar, espello do ceo.
Non había ningún deporte "de risco" que practicar, así que Mesi, David e eu, decidimos ir ata ás Illas Lobeira remando. Era o día perfecto para ir.
-"vémonos á unha no peirao de Corcubión"
-"Perfecto,xa levo eu os bocadillos"
Despois de estar media hora esperando por eles dous, e eles dous media hora esperando por min, eu nun lado da lonxa do muelle e eles no outro, preparámonos para marchar.
Dúas piraguas, un kayak, sete bocadillos para os tres, cinco litros de auga, camara de fotos, e en marcha.
David e Mesi pasando por diante do castelo de Corcubión
Primeira parada, o carrumeiro novo
Subimos ata arriba, a pesar de ter os peldaños barnizados de color "branco gaivota" :)
Fisterra dende o Carrumeiro
Mesi e David co monte Pindo ó fondo
Chegamos á illa. Esta é unha praia que en marea alta se queda nuns 6 metros cadrados.
Dimos unha volta arredor da illa, mentres Mesi,(auténtico "local" da illa dende que era pequeno) nos ensinaba onde acampa cando vai, e nos contaba anécdotas das súas, como unha vez que foi 5 días cun amigo, sen campinggas e sen comida, comendo a base de pulpos e centolas e cociñando nunha pota; e tendo un palé de madeira para facelo lume para os 5 días...(este si vai a "supervivientes" arrasa jeje)
E como non, algo tiña que poñerme de mala leche.
Non mo explico!! Tendo en conta que porcos hainos en todos lados, para min segue sendo unha contradicción tremenda. A xente que vai ata un sitio así, penso que é porque lle gusta disfrutar da natureza e das paisaxes que esta nos ofrece. E non sei como o estropea todo facendo esta merdallada! trátase de un antigo depósito de auga que se convertiu nun depósito de basura. Haberá que ir ó concello a poñer unha queixa. Aínda que seguro que non se fai nada ata que se inclúan estas illas no conxunto das illas atlánticas, xunto coas Cies...etc. Entonces, si que haberá multa para todo o mundo, ata para o que se acerque ata alí cunha piragua e se lle ocorra pousar un pe na area sen pedir permiso ó concello con 15 días de antelación.
En fin, corramos un estupido velo e intentemos seguir disfrutando da excursión...
Mentres Mesi e David foron a bucear para disfrutar do paisaxe subacuático aproveitando o transparente que estaba a auga...
...eu quedeime por aí sacando algunha foto
Vedes a cabeza do bulldog?
un par de estratos de cuarzo partían a illa á metade
O faro das illas Lobeira
O Monte Pindo dende unha perspectiva pouco habitual
O piragüista invisible
A auga, máis que clara.
E chega a hora de marchar. Levantouse un pouco de vento do noroeste o que me dificultaba algo a remada xa que o kayak que levaba eu non cortaba a auga tan ben como as piraguas. Pero unha vez dentro da ría, a auga volvía a estar coma un plato.
A ruta feita foi esta. Uns 15 quilómetros entre a ida e a volta.
Un bo día
5 comentarios:
boas jaiteiro, a lobeira sempre fantastica, dia perfecto, mar plato e aujas claras para poder bucear. moi boa a foto do monte pindo.
mais que a denuncia da basura que sa lle chega de carallo teriamos que denunciar o cabron que leva raposos para que coman as javiotas e asi el ou eles poder ir a comer o churrasco sen que lle molesten estas aves, destruindo asi o habitat natural destes animais, normalmente a lobeira esta chea de crias e niños, pero ca solta de raposos o que fan e emigrar para os tellados de Fisterra. o expulsado da illa de supervivientes e co que conleva non voltar a ela e: o desjrasiado que leva raposos.
boas olas
mesi
menuda excursion Ruben , a la proxima me apunto. O Pindo parece mas bajito desde la costa verdad?
un abrazo
tes razón mesi, o que levou os raposos tamén de chega de carallo.
Dani, á próxima avísote. E así sacas unhas fotos decentes da zona..que as miñas.. nin a primeira ten o horizonte en hoorizontal xD
Na miña defensa direi que nalgunhas estaba sobre rochas resbaladizas facendo equilibrismos jeje pero a maior parte non teñen excusa
un abraso!
Moitas jrasiax á túa mai por abrirme os ollos a esta páxina.
E jrasiax a ti por enseñarme a Lobeira... a miña asignatura pendente despois de 13 anos vivindo na Costa da Morte.
Visite o noso bar:
www.blogoteca.com/aturuxo9000
Moi boas Pedro! un gusto verte por aquí.
a partir de agora visitarei o teu bar, que xa caín no visio das túas palabras :)
un abraso, vémonos en dúas horas :)
Publicar un comentario