perdoade por tirar de "capítulo repe" pero é que me din conta de que non só no meu ordenador se vían as fotos cortadas pola marxe dereita :) e reducínlles o tamaño un pouco. Agora creo que se ven mellor. Tamén reducirei o tamaño de algunhas fotos de diferentes entradas por se queredes pegar un vistazo.
Nada de olas, nada de vento. O mar, coma un espello; o ceo, azul coma o mar, espello do ceo.
Non había ningún deporte "de risco" que practicar, así que Mesi, David e eu, decidimos ir ata ás Illas Lobeira remando. Era o día perfecto para ir.
-"vémonos á unha no peirao de Corcubión"
-"Perfecto,xa levo eu os bocadillos"
Despois de estar media hora esperando por eles dous, e eles dous media hora esperando por min, eu nun lado da lonxa do muelle e eles no outro, preparámonos para marchar.
Dúas piraguas, un kayak, sete bocadillos para os tres, cinco litros de auga, camara de fotos, e en marcha.
David e Mesi pasando por diante do castelo de Corcubión
Primeira parada, o carrumeiro novo
Subimos ata arriba, a pesar de ter os peldaños barnizados de color "branco gaivota" :)
Fisterra dende o Carrumeiro
Mesi e David co monte Pindo ó fondo
Chegamos á illa. Esta é unha praia que en marea alta se queda nuns 6 metros cadrados.
Dimos unha volta arredor da illa, mentres Mesi,(auténtico "local" da illa dende que era pequeno) nos ensinaba onde acampa cando vai, e nos contaba anécdotas das súas, como unha vez que foi 5 días cun amigo, sen campinggas e sen comida, comendo a base de pulpos e centolas e cociñando nunha pota; e tendo un palé de madeira para facelo lume para os 5 días...(este si vai a "supervivientes" arrasa jeje)
E como non, algo tiña que poñerme de mala leche.
Non mo explico!! Tendo en conta que porcos hainos en todos lados, para min segue sendo unha contradicción tremenda. A xente que vai ata un sitio así, penso que é porque lle gusta disfrutar da natureza e das paisaxes que esta nos ofrece. E non sei como o estropea todo facendo esta merdallada! trátase de un antigo depósito de auga que se convertiu nun depósito de basura. Haberá que ir ó concello a poñer unha queixa. Aínda que seguro que non se fai nada ata que se inclúan estas illas no conxunto das illas atlánticas, xunto coas Cies...etc. Entonces, si que haberá multa para todo o mundo, ata para o que se acerque ata alí cunha piragua e se lle ocorra pousar un pe na area sen pedir permiso ó concello con 15 días de antelación.
En fin, corramos un estupido velo e intentemos seguir disfrutando da excursión...
Mentres Mesi e David foron a bucear para disfrutar do paisaxe subacuático aproveitando o transparente que estaba a auga...
...eu quedeime por aí sacando algunha foto
Vedes a cabeza do bulldog?
un par de estratos de cuarzo partían a illa á metade
O faro das illas Lobeira
O Monte Pindo dende unha perspectiva pouco habitual
O piragüista invisible
A auga, máis que clara.
E chega a hora de marchar. Levantouse un pouco de vento do noroeste o que me dificultaba algo a remada xa que o kayak que levaba eu non cortaba a auga tan ben como as piraguas. Pero unha vez dentro da ría, a auga volvía a estar coma un plato.
A ruta feita foi esta. Uns 15 quilómetros entre a ida e a volta.
Un bo día
5 comentarios:
Qué caña de excursión! menudas fotos más chulas! Jeje el Mesi éste sí que está preparado sí, jajaajajaaja qué bueno!
Lo que no entiendo es que te tuvieran que esperar dos horas y media jaajajajaajaja!
Lo de la suciedad, la verdad, yo tampoco lo entiendo, pero lo de la queja estaría bien, menudo paraíso, una preciosidad, gracias por las fotos!
moi chulas as fotos ruben!! a ver se o venres compartimos baño!
unha apertaa!!
Pues ya ves akua, yo esperando por ellos, y despues de media hora me llaman diciendo... "kee, donde estas?" y yo:"en el muelle" y ellos: "nosotros tambien!". ellos a un lado de la lonja y yo al otro.
y gracias a ti por el comentario! :)
Polo que marcan as prediccións seguramente teñamos baño pita!
graciñass!
boas compañeiro do metal, fin de semana con boas olas e ti cantando o cumpleaños feliz polo interior jejejj!!
Gustanme esas portas intercaladas nas olas. Carpinteria Arca portas e estanterias jajajj.
akua, dos horas y media es porque aqui no existen los moviles jejej.
""llaman "kee, donde estas?" y yo:"en el muelle" y ellos: "nosotros tambien!". ellos a un lado de la lonja y yo al otro.""
todo esto no te creas que fue una conferencia por Vodafone sino que fue a grito pelado tal cual PACHIIIII!!.
un aperta e non tragar moito salitre.
mesi
Publicar un comentario