sábado, 24 de noviembre de 2007

Pitanaturalmystic na costa da morte

Boas!

Onte tiven o pracer de coñecer en persoa a Pita de pitanaturalmystic.blogspot.com.
Chegou sobre as 11 da mañá, cargámolos trastos na súa peaso de Vito, e tiramos para Mar de Fora para ver o que se cocía.

As olas estaban bastante ben cando chegamos, pero liámonos un pouco a falar con Rueda (o novo fareiro dos faros Fisterra, Touriñan, Lobeira, Carrumeiro e Lariño... flipa!). E entre pitas e flautas metímonos na auga un pouquiño tarde. Aproveitamos unhas cuantas olas...
Este son eu


Unha pena que un esquerdón que pillou Pita fose das poucas olas non grabadas.
E dalí a unha hora máis ou menos, subiu a marea e as olas xa non tocaban fondo.

Recollímolos bártulos e tiramos para Nemiña todo pola costa, parando en Valentín a coller uns "bocadillos".Póñoo entrecomillado, porque realmente, non sei si o que nos deron eran bocadillos ou non. A vos que vos parece?

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Eu dicir díxenlle: -Mira, facedes bocadillos?

E en realidade penso que me entendeu:
- Mira, posme uns 500 jramos de xamón serrano en lonchas das jordas e en vez de envolvermo en papel poslle dous cachiños de pan un porriba e outro porenmbaixo?

Unha vez en Nemiña, intentamos comer os bocadillos como personas normales, (encántanme os retos) e despois collimos os tablóns
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e tirámonos á auga, aínda que as olas eran algo máis pequeniñas que en Mar de Fora, chegaron para coller bastantes olas.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un abrazo!

8 comentarios:

KingMatt dijo...

Vin eses pequenos pinchos, no Blog de Pita. JAJAJAJAJA.
ES-PEC-TA-CU-LAR.
Temos que facer tempo un fin de semana en canto Ricardo teña os oidos a punto, e facer unha:
JRAN XUNTANSA TABLONEIRA.
Por suposto visitando a ese Jran cosiñeiro, Valentin.

Un Saudo.

Natural Mystic dijo...

eso!!! gustame a idea quedar todos e tirar pa costa da morte sisisisisi!!!
jaajajja ruben nunca olvidarei ese bocadillo, ajaja to dios que me preguntou que tal por abaixo???a resposta foi...unhos bocadillos de carallo!!ajajajajajajaja!
Vinme moi contento pra casa, gustoume moito o lugar e ambiente e en nada espero poder estar xa ahi de novo e se pode ser na compaña de kingmatt, antisurfer e o resto da familia mellor que mellor!
unhaa aperta po fareiro.com e para ti!!

Rubén Prieto dijo...

jajaajja, os bocadillos eses xa forman parte da historia bloguera surfera... non os olvidaremos.

Pois cando queirades xa sabedes. surfeada, churrascada, surfeada,churrascada, festiña, tenda de campaña, soneka, surfeada, limpeza do lugar e pacasa (o que non quede almorzando algún resto de criollo) jejeje

unha aperta!

Natural Mystic dijo...

oesss ruben a ver se o final fasme ese debuxo la ola non grabada, jaajaj cago no demo como me gustaria verme!!jajajaajajaja!!

un saudo!

Rubén Prieto dijo...

jejeje fareino! a ver se hoxe teño un ratiño. non sei si me sairá pero weno, intentarase...

Perry dijo...

"Xornadas Gastronómico-Surfeiras"!!

Xa tedes uns cantos das Rías Baixas apuntados!!!

Anónimo dijo...

boas jaiteiro, parese que tes un novo amijo jejej. ademais de cobarde un pouco saidiño.
rueda o novo fareiro!!!! ostia que pasada!! que se preparen as compañias asejuradoras.
moito mar, e vento jodido para o finde, outro sabado a recolecta do niscalo tardio.
unha aperta
mesi

Rubén Prieto dijo...

Xa ves mesi! Rueda o novo Fareiro jaja que ben sona. cando haxa néboa hai que ir a ver como se estampan os barcos contra as pedras, porque como Rueda se quede durmido a baca non soa! jajaja

e non te preocupes ke este finde baño vai a habelo, haberá que buscar moito pero sen baño non nos quedamos mecajina

Bueno... pois polo que vexo xa imos sendo uns cuantos para facer unha boa quedada. A ver si vai adiante a organización da limpeza de praias e aproveitamos a ocasión para quedar, con xornada gastronómica surfeira incluída jeje

unha aperta a todoss!