Bueno Pita, díxenche que che faría un intento de dibuxo daquela esquerda que pillaches con tanto estilo, e aquí está, espero que che guste :)
En realidade este dibuxo debería estar na entrada de "pitanaturalmystic en surfcostadamorte". Para o que non sepa do que estou falando, na entrada mencionada comentábamos que fora unha pena que a única ola que non foi grabada, foi "a ola" do baño. Unha esquerda que Pita surfeou moi ben.
E a falta de fotos, pois sempre intento plasmar as "fotos mentais", e eso máis ou menos foi o que vin mentres remontaba.
Un saúdo!!
10 comentarios:
ajajajajajaja moi chulo ruben!!graciñas!!xa me tardaba velo!ata te quedaches como posicion de pe traseiro, o copio para telo gardado!
GRaciñass!
un abrazo meu!
jajjajaa, pono no teu blog se queres tamén.. :)
de nada home! non as merece
unha aperta
Moito estilo Carlos jajajja,moy bo o debuxo Ruben,un saludiño
Anda! non sabía que te chamabas Carlos jajaja, graciñas estrela! pero agora que o vexo, a perna dereita quedoume desproporcionada. pequeniña e delgadiña ... en fin cousas que pasan :)
ajajaajjajajjaaj ruben xa empezamos co tamaño das pernas...ajajajajajajajajaja sempre o mismo tema....!!!
Ruben pasate como a todo dios, poucos saben que o meu nome e Carlos, ainda que prefiro que me chamen Pita!
Jajjjajja Alegrome de presentarvos, o das pernas un pouquiño jajajajja e broma,e de agora en diente Pita de acordo,eh sintoo,espero que non te importara un bico
ajajaaja que va estrela non me importa nada como me chamen, so que estou acostumado a Pita dende hay moitisisisisismos anos e por iso se me fai hasta raro o de Carlos, pero non me importa, como prefira cada un...
oiee ruben que risas co debuxo,ajajaj a xa veras os comentarios no meu blog!jaajajaaja!!
Moi bo o debuxo, tes memoria fotográfica ehh rubén.
A verdade que se asemella moito, non vin a ola esa e só estiven con Pita un día na agua,pero con iso xa me bastou para recoñecelo no debuxo.
ajajaajajajaja o final vou ser o das poses...ajajaajjajja!!
jajaja... a ver... a colocación dos brazos igual non era esa... igual caricaturicei a pose, pero... si fose Occy o que puxera a pose... mellor pensao, xa sei de que vai a ir a seguinte entrada jeje
Néstor, intentar que se pareza xa é moito falar... é demasiado complicado para min se non teño unha foto da persoa diante
abraso!
Publicar un comentario