sábado, 3 de noviembre de 2007

Comezamos Novembro

Comezamos o mes de Novembro...e nada. Nin unha borrasquiña con xeito. Vai a chegar o Nadal e aínda non se acabou o verán. Non vos parece?

O mes de Outubro despedímolo decentemente en Mar de fora media tropa: Felipe (o presi), Rueda, Marcos, David e eu (se me falta alguén que escriba un comentario!) xunto con 3 corcheiros de Cariño. E na area, para alegría de todos nos, estaba Liber e a moza de Marcos sacando fotos. Fotos que colgarei cando estean reveladas :)

O día seguinte, volvimos para alí emocionados... pero nada. O mar de fondo xa tiña cambiado a Nordés e había microoliñas. Unha pena porque estábamos casi todos.
Pero eran o suficiente como para pasalo rato e botarnos unhas risas. David e eu inventamos unha nova modalidade de surf. chámase changesurf ou surf cambiado, jeje, e trátase de surfear coa tabla do compañeiro pero sen cambiar os inventos. Hai que pillar as olas e remar cordinados para non separarnos. Vamos, que estivemos facendo o tonto un bo rato.

David e eu en busca das olas nun verán sin fin
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Coma sempre, ó rematar despedímola sesión cunha preciosa posta de sol
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E aquí está Salvia, fotografiada por Reyes. Facendo tempo mentres nós non saíamos da auga :) Sempre digo que as mozas dos surfeiros merecen un monumento.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Boas olas!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

...Merecen hoo! boa "pasensia" teñen!
Iba a pasar frio eu por esperar ó meu jalán.. érache boa! eu na casiña ó pé do lume, e a el que lle cunda.

¡¡¡Biquiños (Á tía Salviña sobre todo)!!!

;)

Anónimo dijo...

Boas!
Felicidades polo teu blog, esta moi chulo.
Fai pouco estiven por Fisterra e só podo decir que vivides nun sitio precioso. Fixen surf no Rostro e logo vin a posta de sol en Mar de fora é foi espectacular.

Apertas.

Rubén Prieto dijo...

moitas gracias funkymonk!
a verdade é que hai moita xente que non se da de conta do paraíso no que vivimos.. pero bueno, os que o sabemos sentímonos afortunados :)
unha aperta..