Hoxe tiramos para unha praia que con marea alta non funciona (a non ser que haxa moitísio mar) e como a marea hoxe subía sobre uns 4 metros polas mareas vivas, o baño estaba sentenciado de morte pola nosa lúa.
Cando me dirixía á praia, unha mensaxe fixo que o pe do acelerador me pesase cada vez máis (Pero dentro dos límites da cordura). Carlos xa chegara á praia:"hai baño, vou pa auga". Cando as mensaxes son tan cortas, significa que as olas son o suficientemente boas como para non perder un minuto mais en seco.
Cando cheguei á praia, víase que había tamaño bonito, máis de unha porta. Parecía que algunhas cerraban pero a que abría iba moi ben. Avisei a Dani de Raz (encantado de coñecerte) e tirei para a auga.
Pensando que o baño se ía a resumir en comer cerrotes para disfrutar de algunha que abra... a miña sorpresa foi que xusto cando pasei a última duna e cheguei a praia, vin unha pedazo de serie de película
Carlos xa saltara dende as pedras á auga e eu corrín a todo trapo cara o canal.
Ó principio collimos algunhas boas. Saían esquerdas como churros e Carlos nos primeiros 20 minutos púxose morado. Eu collín unhas poucas das boas e despois xa tardaban máis. Facíanse algo máis tendidas polo que había que esperar á serie grande.
Despois de que subira demasiado a marea, nadamos cara o outro lado da praia, e despois volvimos a onde estábamos. Os rebotes que se facían por culpa da marea alta eran tremendos. Despois de comentarlle a Carlos que me molaban os 360´s que facía no labio, lentos e con estilo... mentres remontaba fixo un cerca de min e un rebote mandouno polo aire ata a base da ola. Deulle tempo a facer todo o tres sesenta polo aire. Estivo guapísimo. Eu pensei que o fixera apropósito pero dixome:" eu pensei que iba a ser un 360 normal..."
Mañá baixa o mar... a ver que facemos...
Un saúdo!
2 comentarios:
A verdade,que si tiña moi boa pinta a ola esa,o debuxo tamen a luce
Non eran todas así, pero ó chegar, nos primeiros 20 minutos caeron unhas series preciosas. Esquerdas como churros. Pero despois había que esperar a serie boa para que fose vertical a ola. O malo desta praia é que cando sube a marea hai moitisima profundidade, e inda por riba estábamos en mareas vivas...
Publicar un comentario