jueves, 24 de julio de 2008

Faro de Lariño "in action"

Pasoume Brais esta foto, quería compartila con você

faro de lariño

É do domingo no faro. Pero como sempre digo, as fotos engañan moito. Esta seica foi a mellor ola do día. O resto non se lle parecían moito. É máis, comentan que o baño estivo bastante revoltillo, e que so houbo un momento no que saíron unha poucas boas.

Bueno, eu marcho, a ver si se apaña algo por Rostro

apertaaaasss

Meria fedieval de corcubión

Foi unha pifia de non sei que amigo, e desde aquela a "feira medieval de corcubion" pasou a ser historia. Acabo de acordarme doutra pifia neste mismo contexto: un amigo falou dun "tendedor de venderetes" no lugar de "o vendedor do tenderete".

Pois nada, que o venres, sábado e domingo, foi a feira medieval de Corcubión, xa non sei cantas van, pero cada vez parece que van mellorando. As fachadas das casas e case todo o casco vello se disfraza de medieval. O chan pasa a ter palla, os carteis fórranse de telas de saco, uns gaiteiros e percusionistas amenizan a feira sen descanso...

encóntraste con infinidade de espectáculos de todo tipo (malabares, lume, equilibristas, teatro...), a maior parte da xente que acude tamén se disfraza...que non che sorprenda que che digan: "ei, coidado co dromedario" xa que tamén circulan por ahí paseando ós nenos...

como a miña cámara ten estropeado o flash (ou pega un fogonazo que te deixa cego e sale a foto sobreexposta, ou sale un miniflash que deixa unha foto completamente oscura) solo puiden apañar esta duns cristais porosos de cores que se embadurnaban cun aceite e dan un olor que ambienta a casa e aporta unha serie de beneficios (seica)

Photobucket

E aquí, unha foto que nos sacou Trun. Estamos Deivis e eu (postos a disfrazarse de medieval, fumos de medievalAs, xunto con Tei :)jeje)
feira medieval corcubion

Se queres ver máis fotos...hainas neste video. É moi largo pero ten moitas fotos jeje


Un saúdo a todossss

miércoles, 23 de julio de 2008

Repaso bloguero

Supoño que si estás lendo isto, é porque estou na túa lista de blogs ou páxinas a visitar no día. Ben, eu tiña a costume de ir de blog en blog mirando novas actualizacións, pero a verdade é que se perde bastante tempo. Sobretodo se a conexión non é das máis rápidas.

Por iso, fixen a lista de blogs coa aplicación que nos ofrece "blogger", na que podemos ver os blogs ordenados de máis recentemente actualizados, a menos.
Así que, se a ti tamén che resulta máis cómodo, dime que blogs soes visitar máis a miúdo para poñelos na lista e facilitarche a ti o "repaso".

Un saúdo!

martes, 22 de julio de 2008

kite nos muíños

Hoxe tocou facer kite na praia dos Muíños. Ó principio, ventarrón.Demasiado para a miña cometa de 12 metros. Habería uns 24-25 nudos. Zoilo prestoume cometa latitude de 8 m. Máis adiante o vento comezou a estar algo máis racheado.
Por certo, falando de Zoilo... visitade a súa nova web furacan, é alusinante

que ben me despreso aquesí?

domingo, 20 de julio de 2008

Novo curro (reeditado)

gasolinero

jiji

bueno, en realidade foi o uniforme que tiven que poñer un día para unha das bromas gastadas no curro, para "arredemo".

ingleses mallorquíns en Carnota

Esta entrada vai dedicada a Hugo e Óliver.
Uns rapaces ingleses que viven en Mallorca e que veranean en Carnota :)

Decidiron facer un curso de surf, e acertaron coa decisión porque parece que naceron para o surf. É verdade que as condicións eran favorables, dous rapaces mellizos de 17 anos, con boa forma física, lixeiros, con actitude, e nadadores dende pequeniños. Este zumo de características fixeron que o primeiro día se puxeran de pe na táboa en menos do que canta un galo, e cunha boa técnica. Un pop-up de un golpe e super limpo.
O segundo día xa me andaban preguntando para coller as paredes!jeje

hugo

agora, eles enséñanme a min inglés, xa que cando chateamos pedinlles que me falen inglés a ver si aprendo un pouco jeje (aínda teñen paciencia)

Pois nada, un saúdo para estos máquinas e que sigan arrasando!

martes, 15 de julio de 2008

LIBREEEEEE!!!

Pooorr fiiiinnn libreeee!!!



todo un curso esperando este momento!
Acabo de facer a última proba das oposiciónss! eu penso que me saiu ben pero eso téñeno que dicir eles, os do tribunal :)

agora xa esta a sorte botada! xa podo surfear sin parar, seguir intentando tocala guitarra, probar o arnés de kite dunha vez, dar algún que outro curso de surf, gravar algunha que outra bromiña, debuxar o que me apeteza e cando me apeteza, sacar fotos a diestro siniestro, facer algún "surf trip", dar voltios en bici, ir ó ximnasio cando me apeteza, quedarme co ordenata ata as tantas, xogar co meu sobriñiño antes de comelo a bicos... dioooooosss que gustooooo!

Ah! por certo, mañá os da "escola de teatro de cee" estrenamos obra! así que estades invitados. Titúlase "máis humores e amores varios". Son unhas 8 obras pequeniñas (sketchs, ou como se diga) polo que se fai bastante ameno. Será no concello e sobre as 10 supoño!(que vergonza, aínda non sei a hora, jeje)

Hala! un abraso pa todoooss

jueves, 10 de julio de 2008

Muxía is diferent

Mira que me fixo gracia esto que vin en Muxía
Photobucket

Ó principio pensei que se confundiran e colgaran o cartel do revés.
Despois pensei que igual os taxis quedaban para o outro lado, e lle deron a volta para que a flecha coincidira...

pero despois, unha vez na casa, fixeime na foto, e supoño que o máis seguro é que rompese o tornillo da parte de arriba e o cartel se dese a volta...

... pero xa sabes, as veces un quere pensar que as cousas son como non son, porque así gusta máis, ou fai máis gracia...trátase de mirar de reollo á realidade, cousa que non sei si está ben ou non. Como di un que me sei eu, a sinceridade absoluta non existe...

martes, 8 de julio de 2008

Un menos!!

Acabo de facer a defensa da miña programación!!
A segunda proba do proceso de oposición. Consiste en defender oralmente, un traballo de 60 páxinas que elaboramos e entregamos ó principio do proceso. É dicir, falar durante 20 minutos sin parar diante do tribunal que esta formado por 5 personas. Os cinco mirando para ti, un pensando no que dis, outro pensando no sono que ten, e outros pensando en que farán de comer :)

Solo me queda a exposición da unidade (similar, pero de 30 minutos) para estar totalmente liberado

A ver si desta me chaman para sustituir polo menos. Se eres mestre de educación física contacta comigo para pedir unha baixa cando cho pida! ofrezo cursos de surf gratuítos jajaja (é broma ehh, a ver si me van a denunciar pola coña)

un abrazo a todos!
Deséxolle moita sorte ó resto dos opositores (pero, aos de educación física de primaria de Galicia menos que a min, claro está, sincerida por delante jaja)

martes, 1 de julio de 2008

Fotos mentireiras!

Din que máis vale unha imaxe que mil palabras....pero no tocante ás imaxes de surf, eu penso que son necesarias moitas imaxes e mil palabras (como o título do blog de Willy, una imagen y mil palabras) para poder describir "decentemente" o que foi un baño.

Isto ben a que o outro día fomos ata Nemiña pensando que iba a haber bañazo... e ó final estivemos horas mirando as olas, pero sen saber en que parte da praia botarnos, xa que non había un solo pico no que rompesen dúas olas seguidas e "iguais". Pero mentres nos pasábamos horas mirando o mar esperando a que subira a marea coa esperanza de que se adecentara o baño... puiden sacar algunha foto que non é fiel ás olas que había, pero podería enganar a calquera

nemiña engaña

Este tipo de foto, así, sen ningún tipo de explicación pode provocar envidia a máis de un, pero a realidade é ben distinta. De vez en cando salía unha ola de este tipo, pero en lugares distintos de forma aleatoria e rompendo de formas distintias (a maior parte eran barras)
Polo tanto temos unha realidae por un lado, e unha foto que nos transmite outra ben distinta.
A realidade dese momento era: baño desordenado, sen pico definido, onde a maior parte das olas eran barras, algunhas machaconas que levantaban area, e outras demasiado tendidas. Peeero cada unhas cuantas series, podía salir algunha ola que abrise durante uns segundos, e se cazas ese momento... tes unha foto "resultona".

Nesta foto, en cambio, xa se intúe a forma coa que vai a romper a ola
Photobucket
Rompe unha barra tremenda de un lado a outro e deixa un codiño sen forza enriba dun "canal" por chamarlle algo.
Esta foto xa ensina un pouco mellor como estaban sendo as olas nesa zona e nese punto da marea.

Para que vos fagades unha idea, estivemos mirando as olas dende as 4 da tarde ata as 9.
Cando xa marchabamos, xa coa marea chea, parei no medio da pista que pasa por enriba de Nemiña para mirar a última serie. Docal, que viña detrás, fixo o mesmo.
Vimos romper un par de olas e finalmente deixamonos enganar por un par de fotos "mentais"...
Photobucket
Photobucket
Photobucket
...e tirámonos á auga.
Ó final, collimos algunha oliña, pero ningunha parecida ás das fotos...
todo hai que dicilo, había un factor que me facía ter máis ganas de botarme: había que estrenalo traxe! jeje (gracias ás garantías e a Dani Raz)
Photobucket


Vamos, que non te tires dos pelos cando vexas noutros lugares fotos de olazas que te perdiches...porque seguramente o baño non foi como parece. Réstalle sempre un par de puntiños :)

Moraleja: eu sempre digo que do que escoites, nada; e do que vexas, a metade.

miércoles, 25 de junio de 2008

Véndese moto Yamaha Diversion 600S

É unha amoto de 600cc. do ano 92. con 64cv.
Un consumo de +-6%

con:
-Escapes en inox
-Kit de cadea novo
-Cúpula nova
-Topes anticaida
-Aceite e filtros recén cambiados
-Manual de taller
-Latiguiños de freno metálicos.

Por cambio a moto maior
PRECIO: 1900€
Ver en Meicende.Arteixo.
Contacto:
presedo_xunta@yahoo.es
Photobucket


Sorte coa venta ao noso amigo Peter P. Mille!

Abrazoss

martes, 24 de junio de 2008

Liberado do tocho!

Por fiiiiinnnnnn! LIBREEEEEE

Non sabedes o agusto que se queda un despois de librarse de ese tocho de 25 kilos, un kilo por cada tema. Eso é o que pesan na cabeza, non na man, claro está.
Photobucket
(cando estaba sacando a foto apareceu este amiguiño de "strangiss"jeje)

Parece que o sangue se che transforma en helio e tendes a subir, a flotar!

Que tal me foi? pois penso que ben. Para os que non sepades como vai o conto, sacan ó azar 3 bolas que teñen o número dos temas, e ti escolles o que prefiras.
Dos 25 temas que hai, eu tiña uns 10 mellor preparados que os outros e tocoume un desos 10.
O tema que fixen foi o 3: "Anatomía e fisioloxía humana implicadas na actividade física, patoloxías relacionadas co aparato motor, e avaliación e tratamento no proceso educativo"
A raíz deste título tes que desenvolver o tema nun tempo de dúas horas. A min deume tempo a escribir 14 carillas, pero o que conta é que guste o que vai escrito nelas así que... vai a haber que esperar a sabela nota.

Agora queda a defensa da programación (falar durante 20 minutos sobre un traballo no que aparece programado todo un curso)
e a exposición da unidade didáctica (falar 30 minutos sobre unha das 15 unidades didácticas que ten esa programación)
Pero isto xa é compatible con surfeaaarr.... navegaaarr..... amañar tablas...(empecei hoxe, xa vos contarei mañá como foi)

Un abrasooo!!!

viernes, 20 de junio de 2008

ordenador multipositions of the pantalleixon

A pantalla do meu portátil empezou tendo un par de dedos de holgura, despois o plástico foi estalando, cada vez era máis dificil cambiar de posición sin que "crujira" o plástico. Acabou desprendéndose a visagra de un lado (rompeu)
e finalmente rompeu a visagra do outro lado! e ...sorpresa! o ordenador sigue funcionando perféstamente! jaja
o único "raro" é que teño un fío rodeando o conxunto teclado-pantalla cual backstay aguanta o mastro dun veleiro. Pero como vedes podo variar a posición da pantalla en función da posición do "cablesujetapantallas". Vamos, todo muy pofesioná



Cando me din: "pásame o ordenador", respondo, que queres? o teclao? a pantalla? ou ámbalas dúas cousas?? jeje

miércoles, 18 de junio de 2008

Nemiña: terreo virxe ou terreo con servicios

á vispera do meu cumple, fai 10 días, foi un dos poucos días destos meses que me din un baño.
Acerqueime ata Nemiña pero había moita xente. Casi 20 persoas na auga, así que esperei a que chegara Mesi e Suso Tudor, e dímonos o baño casi ás nove da ¿noite? como me gustan os días laaaarrgooss.
As olas non estaban mal pero tampouco como para tirar cohetes. Boto de menos o tablón para estos días de olas "peques"

Photobucket
Esta dereita ten mellor pinta do que en realidade era. Era unha baixada bonita e despois íbase quedando tendida e tendida ata quedarse na babosa que se ve na foto de abaixo, (a do surfista que está á dereita da foto)

Photobucket
A ola que máis me gustaba era a do pico que está máis á esquerda, onde vai o outro surfista. Saía unha dereitiña chula de vez en cando e a esquerda tampouco estaba mal...



Antes de ir ata Nemiña, noutra praia, cacei esta ola. Pero a realidade era ben distinta. Tan distinta que non me botei á auga.(estaba a marea demasiado chea e subindo)

mar de fora

E en Nemiña, para os que non estean enterados, fixeron esta plataforma de madeira con paseo, barandilla, bancos, fonte de auga potable (de manantial sen clorar), e duchas (coa mesma auga) coa ventaxa de que temos auga todo o ano.

Photobucket
Cando vimos as máquinas palas entrar en Nemiña, "enfadámonos" un pouco, pero despois de disfrutar dos servicios..... cambiounos o conto.

Desventaxas (para min):
- Non me gusta ver como unha praia tan "virxe" coma Nemiña se vai urbanizando e preparando para que sexa visitada por todo o mundo. Dame a impresión de que o seguinte paso é asfaltar algún prado para facer aparcamentos, colocar un chiringüito, e pouco a pouco algún empresario sin escrúpulos fichará a praia para plantar o seu próximo chalet a pe de praia
-...(este guión déixocho a ti)

Ventaxas:
- Poder endulzalo traxe ó sair da auga
- Endulzarnos nós pegándonos unha duchiña
- beber auga potable ó sair da auga (a ver canto dura funcionando)
- Ter onde poñer a secar os traxes
- Ter onde "estar" mirando as olas sen ter que estar sentados nos capóts dos coches


Ti que opinas? transformación si, ou transformación non?
Gústache o cambio?

Fai calor, préstache un chapuzón?

Moi boas

Como che vai todo?
Eu nada, por aquí, encerradiño e deixando as marcas dos codos no escritorio.
Quédanme 3 días para a proba teórica dos 25 temas, e, aínda que non é a proba que máis puntúa, é unha das que máis pesan psicolóxicamente. A memorización non é o meu.

Ás veces, cando estou estudiando, e sudando de calor, danme ganas de levantarme da silla bruscamente e, sin pensar, baixar correndo a pola bici, pedalear a todo trapo ata Corcubión, chegar ó muelle coa lengua de fora e lanzarme á auga pegando un bo salto. Con bici ou sen ela :)

A sensación dunha zambullida así é moi placenteira. Entre outras cousas, atopamos o placer dos contrastes. Colles carrerilla polo muelle, pegas as dúas últimas zancadas acadando bastante velocidade e, finalmente, co pe cerca do borde colles impulso para intentar voar. O primeiro contraste atópamolo no sonido, pasamos de escoitar as nosas zancadas e a nosa respiración acelerada ao silencio absoluto mentres retémolo aire nos pulmóns ben cheos. Só escoitamos o vento que nos roza as orellas. En realidade estamos un segundo polo aire, pero no recordo estamos moito máis; da tempo a sentirnos libres mentres unhas formiguiñas chamadas adrenalina recorren suavemente as nosas tripas. Imos colocando os brazos por diante da cabeza e unimos as mans para entrar na auga de forma hidrodinámica e.... derrepente, zambullímonos na auga. Fría. Onde cada poro, quente, que expulsaba suor en cada pulsación, se refresca coa presión da auga fria. Auga fría que percorre o noso corpo de arriba a abaixo a medida que avanzamos gracias á inercia da caída a un par de metros de profundidade
Solo queda subir á superficie e nadar a toda leche cara as escaleiras para non seguir pasando frio :)

psss.. iba a escribir unha entrada sobre nemiña e ó final mira con que me fun a enrollar.. en fin... bueno, ahora xa que estamos, ensínoche un video dunha zambullida, pero nesta tireime de pe, e antes falaba das de tirarse de cabeza


bueno, ahora atopei este

saltamos eu e deivis respestivamente, nun descenso de barranco que fixemos fai tempo. Deivis, a ver si nos levas a facer este veran un barranquiño que xa me apetece

lunes, 16 de junio de 2008

Se vende Polaris sportman

David vende os seus quads!!

POLARIS SPORTMAN 600 TWIN do 2004

Photobucket
Photobucket
600 cc
Ten tódalas revisións correctamente pasadas e tódalas pezas orixinais. Está todo totalmente homologado. Durme sempre en garaxe e está moi coidadiño
Precio: 4000 € (negociables)


POLARIS SPORTMAN 800 EFI do 2006 (fai en xuño dous anos xustos)

Photobucket

Photobucket
800 cc

Está "novo do paquete". Ten pouquísimos kilómetros.

Se hai interés real pódese probar calquera dos dous sen compromiso.
É recomendable velos "en vivo y en directo", e seguro que non hai inconveniente en que o comprador lle faga unha revisión mecánica antes de compralo. Están na tenda Hg Motors en Cee.

Véndeos por querer comprarse unha moto

CONTACTO: FALAR CON DAVID
Correo- windadrenaly@hotmail.com
teléfono- 6cincuenta 33 5dous 4sete

Se queres un bicharraco que suba polas paredes, esta é a túa oportunidade!

Un saúdo!!

tags:
segunda mano, segundamano, 2º, compra-venta, compra venta, quad, atv, cee, coruña, galicia, compro, vendo

viernes, 13 de junio de 2008

1º Bloganiversario!!! (REEDITADO)

Pois nada! que me acabo de dar conta de que este blog ten xusto un aniño de vida!
E si está vivo, é gracias a ti.
GRACIÑAS POR VISITARME!!

Ah! e quen me ía a decir a min, que escribindo un blog en galego me ían a visitar dende estos sitios! Aínda me costa crelo
Photobucket
Un saúdo especial aos que de vez en cando pasan por aquí dende fora da península.

Praia da Costa da Morte
Photobucket
Mar de fora

jueves, 12 de junio de 2008

Cámaras ocultassss....Arredemo!

Moi boas!

Últimamente non creo que actualice moi a miúdo, ou polo menos que o faga con fotos actuais. Pois esta semana, e a que ven, estarei encerrado, enclaustrado, encarcelado entre muros de temas, atrapado por barrotes de lexislación, esposado polo boli, cos codos encadenados á mesa baixo a aburrida e insoportable luz do pu**to flexo.

Torturando tanto o cerebro, moitas veces APETECE tender a roupa, poñer unha lavadora, limpar a casa...calquer cousa que non requira pensar.

Porque, por se tes curiosidade, e nunca chegaches a sabelo...voucho a dicir: pensar, DOE. (ou polo menos a min) :) será a falta de costume supoño...

Este sprint final "estudiantil" ten un culpable: o sábado 21 teño o primeiro exame das oposicións. Non me queda nada.

Hoxe polo menos tiven un día de "Relax" (día sin estudio) xa que me pasei o día en Cangas, estrenándome no programa de camaras ocultas da Telegaita: "Arredemo!" jeje
Pasámolo moi ben e foi unha experiencia nova que espero repetir con certa frecuencia a partir de agora...

Aquí un video do programa sacado de "llutúb"

podes velo os martes ás 21:30


abrasoss!

lunes, 9 de junio de 2008

Cumpleanos Feliz!! (CON VIDEO)

Este sábado 7 de Xuño foi un día bastante completiño

Primeiro, ao mediodía, celebrei o meu 23 cumpleanos en familia, e despois de comer tirámonos todos sobre unha alfombra no xardín, baixo a sombra da palmera a repousala comida. Era unha estampa que parecía propia dun anuncio de Margarina :) alí descansábamos meus pais, miña irmá, o meu sobriño de 8 meses, a moza, eu e Rula (a cadela).
Pasamos media tarde na herba rindo, descansando, durmindo, xogando co neno e co can, e sacando fotos "familiares". Desa "sesión", poño esta foto que lle saquei ó ollo de Salvia.

Photobucket
Teño fotos nas que o ollo sale ben enfocado, pero a dicir verdade, as macros dos ollos son un pouco grimosas. Por iso me gustou esta aínda que o enfoque se fora ao flequillo.

Despois, pasamos a outra media tarde cos amigos en Caneliñas. Unha pequena e preciosa aldea costeira de tan só UNHA habitante (a pitillera), que traballou toda a vida na ballenera que alí descansa en ruinas.

Photobucket
Isto é o que se ve de Caneliñas dende "O rincón de David e Sara", que é unha pequena casiña de pedra

Photobucket
onde celebramos o cumple e pasámola noite tódolos amigos.

Fixemos un bo churrasco
Photobucket

e zampámolo en menos do que canta un galo :)
Photobucket
de esquerda a dereita Sara, Zoilo (www.furacan.com), Reyes, Nando, Rosi, María, Tei (vaia lengüetazo), Dani (asqueado pero sen descruzalos brazos xD), Jenny, David (Deivis) e eu. E detrás da cámara, Salvia, graciñas ;)

Pasámolo xenial. Houbo moitas risas, lágrimas provocadas por risas, xogos, excursións nocturnas, aventuras de terror, actividades hípicas ás 4 da mañá (ejem), cortometraxes....

Frases:
-Joder, no veo el camino -Tranquilo, sigue las estrellas

- Al galoooopeeeee Cuucoooo!!.... buen caballo, buen corcel

- (video con voz e luz tenebrosa) Hay una historia (susurrando)...en Caneliñas....¡al lao de Gures no sabes!? (Bueno, esto dito así non ten gracia pero nós entendémonos jeje, este cacho de video hai que colgalo)

Aquí vai o video do que vos falaba

(actor: Tei) Se poñedes "cuarto milenio caneliñas" en youtube xa vos aparece jaja.

Buff, hai moitas anécdotas/frases, se vos acordades de algunha comentádeas rapaces :)

Ao día seguinte, houbo que inventar o inimaxinable para poder ver a Pedrosa arrasando en Montmeló :)
Photobucket

Foi un moi bo cumpleanos. Graciñas a todos por vir


E para rematar e a modo de "curiosidade", colgo esta foto da celebración do meu oitavo cumpleanos onde podedes atopar a un longboarder da zona. Adiviñades quen é?
Photobucket

Un abrazo a todoosss!!

miércoles, 4 de junio de 2008

Insecto!

Sigo alucinando coas macros que fai esta camara tan normaliña.

Eu non controlo de fotografía, polo que non sei si técnicamente son boas fotos ou non, pero o que si que sei é que flipo cando vexo a foto no ordenador e lle podo contar os pelos das patas ás moscas. Tiña dúas fotos que me gustaban e non sabía cal poñer, así que poño as dúas :)

Photobucket

Photobucket

A verdade é que a mosca esta era bastante fotoxénica. Non se me queixaba nada, cambiaba de postura cando llo pedía e non se asustaba cando lle acercaba o obxectivo. De feito houbo varias veces que casi a toco coa cámara e recuou dous pasos e listo. Si señor, o que se di unha boa modelo.

E outra que tampouco ten nada doutro mundo pero que me gusta é esta
Photobucket

penso que é porque ten unhas cores que me gustan e alegran.

unha aperta!!

martes, 3 de junio de 2008

Sardiñeiro

Unha foto da praia de Sardiñeiro. Menos fama veraniega que Estorde, menos xente tomando o sol pero non menos bonita.

Sardiñeiro

(Cando saquei a foto, había un cable da luz que atravesaba o plano e era imposible de evitar, pero co photoshop non hai nada imposible jeje, nótase moito?)


E para surfear os días de frío non viña mal un traxe coma este, aínda que non sexa o máis cómodo do mundo. Pero o de estar por dentro do traxe con un chandal, xersei, polo, vaqueros, e non mollarse nin o máis mínimo ten que ser unha gozada.

Photobucket

Fernando da escola de buceo de Fisterra(buceofinisterre.com) Enséñanos o seu traxe. O negro que ten posto, lévao por debaixo do traxe de neopreno, e por dentro ten como forro polar. Podo garantizar que estaba completamente seco e quentiño. Vaia gozada

lunes, 2 de junio de 2008

Campionato de Longboard en Sitges

Fai "pouco" fíxose un campionato de longboard en augas catalanas, e alí estaba o noso amigo Koko para inmortalizar o momento. Graciñas pola reportaxe meu!
Déixovos cos comentarios de koko. Esta entrada é súa :)

As catro primeiras fotos son do campion Dani dominguez,un rapaz de euskalerria,un fenomeno do longboar

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

As duas segintes son do segundo gañador.Norman perdigo pra min o mellor surfeiro catalan.gustame muito o seu surf

Photobucket

Photobucket

A foto 7 non recordo como lle chaman.Coincidimos muito na auga,un bo rapaz
Photobucket

Este é oscar,barcelones,gustame esta foto.deixando o rastro das killas na onda.

Photobucket

As duas ke estan repetidas son de jordi Sanchez ke kedou cuarto.por certo espero ke se recupere.Nun campionato de taboa corta fai pouco en barna romperonlle as costelas mentras estaba remontando un tombo,un tipo tirouselle encima.


Photobucket

Photobucket

A seginte foto é a de Gille, mais coñecido como o rastafarai.E da coruña un bo compañeiro dentro e fora da auga.estase facendo unha nova taboa.jille estrenarala en nemiña neste bran non?la makimachin

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Dani domingez si comentarios.teño ke decir ke as fotos foron sacadas de thebigkahuna.es un dos ke fiseron posible o campionato.foi un fin de semana moi bo,boas ondas bo ambiente pasamolo ben.ainda ke pasoume de todo,deixei as chaves dentro do coche,non pasei da 1 ronda,rompeume o imbento e a taboa foime as rochas....


Os resultados foron os seguintes:

1:Daniel Dominguez
2:Norman Perdigó
3:Lurta Nycolás
4: Jordi Sánchez

Un abrazo meu! a ver se non tardamos moito en vernos...