lunes, 9 de junio de 2008

Cumpleanos Feliz!! (CON VIDEO)

Este sábado 7 de Xuño foi un día bastante completiño

Primeiro, ao mediodía, celebrei o meu 23 cumpleanos en familia, e despois de comer tirámonos todos sobre unha alfombra no xardín, baixo a sombra da palmera a repousala comida. Era unha estampa que parecía propia dun anuncio de Margarina :) alí descansábamos meus pais, miña irmá, o meu sobriño de 8 meses, a moza, eu e Rula (a cadela).
Pasamos media tarde na herba rindo, descansando, durmindo, xogando co neno e co can, e sacando fotos "familiares". Desa "sesión", poño esta foto que lle saquei ó ollo de Salvia.

Photobucket
Teño fotos nas que o ollo sale ben enfocado, pero a dicir verdade, as macros dos ollos son un pouco grimosas. Por iso me gustou esta aínda que o enfoque se fora ao flequillo.

Despois, pasamos a outra media tarde cos amigos en Caneliñas. Unha pequena e preciosa aldea costeira de tan só UNHA habitante (a pitillera), que traballou toda a vida na ballenera que alí descansa en ruinas.

Photobucket
Isto é o que se ve de Caneliñas dende "O rincón de David e Sara", que é unha pequena casiña de pedra

Photobucket
onde celebramos o cumple e pasámola noite tódolos amigos.

Fixemos un bo churrasco
Photobucket

e zampámolo en menos do que canta un galo :)
Photobucket
de esquerda a dereita Sara, Zoilo (www.furacan.com), Reyes, Nando, Rosi, María, Tei (vaia lengüetazo), Dani (asqueado pero sen descruzalos brazos xD), Jenny, David (Deivis) e eu. E detrás da cámara, Salvia, graciñas ;)

Pasámolo xenial. Houbo moitas risas, lágrimas provocadas por risas, xogos, excursións nocturnas, aventuras de terror, actividades hípicas ás 4 da mañá (ejem), cortometraxes....

Frases:
-Joder, no veo el camino -Tranquilo, sigue las estrellas

- Al galoooopeeeee Cuucoooo!!.... buen caballo, buen corcel

- (video con voz e luz tenebrosa) Hay una historia (susurrando)...en Caneliñas....¡al lao de Gures no sabes!? (Bueno, esto dito así non ten gracia pero nós entendémonos jeje, este cacho de video hai que colgalo)

Aquí vai o video do que vos falaba

(actor: Tei) Se poñedes "cuarto milenio caneliñas" en youtube xa vos aparece jaja.

Buff, hai moitas anécdotas/frases, se vos acordades de algunha comentádeas rapaces :)

Ao día seguinte, houbo que inventar o inimaxinable para poder ver a Pedrosa arrasando en Montmeló :)
Photobucket

Foi un moi bo cumpleanos. Graciñas a todos por vir


E para rematar e a modo de "curiosidade", colgo esta foto da celebración do meu oitavo cumpleanos onde podedes atopar a un longboarder da zona. Adiviñades quen é?
Photobucket

Un abrazo a todoosss!!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

non fai falta que dijas cal eres ti jejejej

Anónimo dijo...

nin tampouco cal e tudor jajajaj Lipe

Anónimo dijo...

Jaaaaajajajaja... que guaaai! :D
1º- colga videos do cumple,si os tedes.
2º- vexo que atopache-lo album onde estaba a famosa foto!! :-D Tíñamos que sacarnos unha foto os catro, 15 anos despois, pero coa mesma pose!!

Bicoss!!

KingMatt dijo...

Moitas felicidades, rapazolo.
Quen pillara ese 23!!!

Desfruta mentres poidas, JAJAJAJA

Un Saudo.

Anónimo dijo...

moitas felicidades dende barna.e ke cumplas muitos mais!!!!.
Marta e koko

Chusma Surfboards dijo...

Felicidades meu, o sábado encontreime a Mesi e ainda compartimos un bañino bo.

Que sigas así e cumple moitos mais.

Rubén Prieto dijo...

jejej graciñas a todoooss

Lipe, non me dou conta de quen eres polo apodo! :) pero moi bo ollo!! ;)

Ra, video colgao jeje

Edu, graciñas,, disfrutarei sempre que poida jeje. teño 23 pero xa están aí os 40 e os 50 (estou moi concienciao coa percepción do tempo)

Graciñas marta e koko, un bicazo pa marta e un abraso pa koko (ou un bikiño pa ti tamen si o queres pero sin mariconadas ehhh jaja)

Graciñas Chuss.. xa me comentaron que andivecehs por aquí! teño ganas de acabalas opos dunha vez e desfogar almorzando comendo e ceando salitre tódolos días :))

un abraso a toduusss

Anónimo dijo...

frase:
ahí dentro hay movidas que nunca antes se han visto.......antes había una furgoneta...ahora.... ya no la hay