martes, 24 de junio de 2008

Liberado do tocho!

Por fiiiiinnnnnn! LIBREEEEEE

Non sabedes o agusto que se queda un despois de librarse de ese tocho de 25 kilos, un kilo por cada tema. Eso é o que pesan na cabeza, non na man, claro está.
Photobucket
(cando estaba sacando a foto apareceu este amiguiño de "strangiss"jeje)

Parece que o sangue se che transforma en helio e tendes a subir, a flotar!

Que tal me foi? pois penso que ben. Para os que non sepades como vai o conto, sacan ó azar 3 bolas que teñen o número dos temas, e ti escolles o que prefiras.
Dos 25 temas que hai, eu tiña uns 10 mellor preparados que os outros e tocoume un desos 10.
O tema que fixen foi o 3: "Anatomía e fisioloxía humana implicadas na actividade física, patoloxías relacionadas co aparato motor, e avaliación e tratamento no proceso educativo"
A raíz deste título tes que desenvolver o tema nun tempo de dúas horas. A min deume tempo a escribir 14 carillas, pero o que conta é que guste o que vai escrito nelas así que... vai a haber que esperar a sabela nota.

Agora queda a defensa da programación (falar durante 20 minutos sobre un traballo no que aparece programado todo un curso)
e a exposición da unidade didáctica (falar 30 minutos sobre unha das 15 unidades didácticas que ten esa programación)
Pero isto xa é compatible con surfeaaarr.... navegaaarr..... amañar tablas...(empecei hoxe, xa vos contarei mañá como foi)

Un abrasooo!!!

7 comentarios:

Nacho dijo...

Vaia... así que somos colegas!
Eu presenteime por Lingua Estranxeira (Inglés) que é a miña especialidade, pero bueno, non me foi moi ben XD!!!
Espero que teñas moita sorte. Un saúdo e boas ondas!

risos dijo...

Espero que teñas sorte nas oposicions, sabes que ahora que acabaches, ou medio acabaches, as ondas desaparecen e o vento non pasa do nudo, jejeje. A pasalo ben

Anónimo dijo...

liberados si señor¡¡¡que gusto da ter solo MINGURRIA da programcion.a ver q pasa...eu non teño unidade pero teño practico o sea que...vamos a darlle duro e asi chegan antes as vacacións...por fin¡¡¡¡
MOITA SORTE¡¡¡

Anónimo dijo...

Vaia! pero si aqui aparecen tódalas especialidades: Rubén, E.Física. Marián, E.Musical. Gerry, E.Lingua Estranxeira. Eu por P.T. ... falta que entre Salvia, de Infantil e montamos un colexio!

Sorte a todos!

Anónimo dijo...

Moita sorte.
E non esquenzas que esto é unha lotería.
Nunca aproban os mellores ,nen os máis profesionais... (mira para teu pai..., ou para min).

Ah, na exposición bótalle jeta e pisa forte. Segurísimo que os pringados do tribunal teñen menos idea que ti. Sei de que falo!!!

Rubén Prieto dijo...

Risos! cala cala! que non se entere murphi! veñen un par de días bos de olas pa surfear e vento para navegar...pero como ben dis e algo mooooi raro.. porque o normal e que houbese platazo ata que teña que empezar a traballar jajaja
é como compras unha cometa ou unha táboa.

BUeno, así que moito mestre xunto hai por aquí! está raquel, gerry, marian, salvia, peter, isabel, eu... alguén máis que se esconda? jeje Ah, e de vez en cando pasa por aquí Docal, e Ivan...

Un saúdo!!

pd. Hoxe vou ir ó maaaarr!!! por fiiiiinnn!!

Anónimo dijo...

q sorte tedes os que vivides cerca do mar...que envidia¡¡¡pois os de lugo como non fagamos unha artificial..un desastre porque eu ainda non a toquei,non me acordo nin de como era