martes, 1 de julio de 2008

Fotos mentireiras!

Din que máis vale unha imaxe que mil palabras....pero no tocante ás imaxes de surf, eu penso que son necesarias moitas imaxes e mil palabras (como o título do blog de Willy, una imagen y mil palabras) para poder describir "decentemente" o que foi un baño.

Isto ben a que o outro día fomos ata Nemiña pensando que iba a haber bañazo... e ó final estivemos horas mirando as olas, pero sen saber en que parte da praia botarnos, xa que non había un solo pico no que rompesen dúas olas seguidas e "iguais". Pero mentres nos pasábamos horas mirando o mar esperando a que subira a marea coa esperanza de que se adecentara o baño... puiden sacar algunha foto que non é fiel ás olas que había, pero podería enganar a calquera

nemiña engaña

Este tipo de foto, así, sen ningún tipo de explicación pode provocar envidia a máis de un, pero a realidade é ben distinta. De vez en cando salía unha ola de este tipo, pero en lugares distintos de forma aleatoria e rompendo de formas distintias (a maior parte eran barras)
Polo tanto temos unha realidae por un lado, e unha foto que nos transmite outra ben distinta.
A realidade dese momento era: baño desordenado, sen pico definido, onde a maior parte das olas eran barras, algunhas machaconas que levantaban area, e outras demasiado tendidas. Peeero cada unhas cuantas series, podía salir algunha ola que abrise durante uns segundos, e se cazas ese momento... tes unha foto "resultona".

Nesta foto, en cambio, xa se intúe a forma coa que vai a romper a ola
Photobucket
Rompe unha barra tremenda de un lado a outro e deixa un codiño sen forza enriba dun "canal" por chamarlle algo.
Esta foto xa ensina un pouco mellor como estaban sendo as olas nesa zona e nese punto da marea.

Para que vos fagades unha idea, estivemos mirando as olas dende as 4 da tarde ata as 9.
Cando xa marchabamos, xa coa marea chea, parei no medio da pista que pasa por enriba de Nemiña para mirar a última serie. Docal, que viña detrás, fixo o mesmo.
Vimos romper un par de olas e finalmente deixamonos enganar por un par de fotos "mentais"...
Photobucket
Photobucket
Photobucket
...e tirámonos á auga.
Ó final, collimos algunha oliña, pero ningunha parecida ás das fotos...
todo hai que dicilo, había un factor que me facía ter máis ganas de botarme: había que estrenalo traxe! jeje (gracias ás garantías e a Dani Raz)
Photobucket


Vamos, que non te tires dos pelos cando vexas noutros lugares fotos de olazas que te perdiches...porque seguramente o baño non foi como parece. Réstalle sempre un par de puntiños :)

Moraleja: eu sempre digo que do que escoites, nada; e do que vexas, a metade.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Rubén son a irmán de Felipe.
Mandame a información que me deches en San Pedro (non estaba no meu mellor momento je je) por mail.
mardelice@hotmail.com
Graciñas

Anónimo dijo...

Jrasiax (en priemeiro lujar) polo anuncio.

E agora, en segundo lugar, noraboa polo magnífico análese de imaxe co que nos obsequiaches ós/ás lectoras/es da túa páxina.
Jrasiax á providencia es listiño como túa nai e juapiño como teu pai...

Perry dijo...

Sí que enganan as fotos!!

Ata vexo o teu traxe vermello...

Jejejejejeje.

Un saúdo!!!

Anónimo dijo...

muy bueno Ruben..muestras la realidad y eso es de agradecer.....sinceridad bloguera...gracias..
un saludo
chema

Rubén Prieto dijo...

Barca, xa che mandei un correo coa informeixon :)

Peter, d nada home, pa iso estamos, gracias a ti polo marabilloso comentario jaja

Jaja, ves perry como enganan? o meu traxe en realidade é amarelo! :)

Graciñas Chema, penso que moitas veces se abusa das fotos scadas no mellor momento da mellor ola da tarde para "fardar" de baño...e iso resulta casi tan falso como a mítica frase de:

-buaa, ahora as olas son unha merda pero fai 1 hora podías flipar! perfectas! tiñas ke estar...que pena que as perderas...

graciñas por participar
abrazooss

Anónimo dijo...

Con ese traxe, cando chegues ó pico donde estean os teus colegas, podes dicirlles iso de "Hola...soy tu menstruación" jajaja :-P