Moi boas
Como che vai todo?
Eu nada, por aquí, encerradiño e deixando as marcas dos codos no escritorio.
Quédanme 3 días para a proba teórica dos 25 temas, e, aínda que non é a proba que máis puntúa, é unha das que máis pesan psicolóxicamente. A memorización non é o meu.
Ás veces, cando estou estudiando, e sudando de calor, danme ganas de levantarme da silla bruscamente e, sin pensar, baixar correndo a pola bici, pedalear a todo trapo ata Corcubión, chegar ó muelle coa lengua de fora e lanzarme á auga pegando un bo salto. Con bici ou sen ela :)
A sensación dunha zambullida así é moi placenteira. Entre outras cousas, atopamos o placer dos contrastes. Colles carrerilla polo muelle, pegas as dúas últimas zancadas acadando bastante velocidade e, finalmente, co pe cerca do borde colles impulso para intentar voar. O primeiro contraste atópamolo no sonido, pasamos de escoitar as nosas zancadas e a nosa respiración acelerada ao silencio absoluto mentres retémolo aire nos pulmóns ben cheos. Só escoitamos o vento que nos roza as orellas. En realidade estamos un segundo polo aire, pero no recordo estamos moito máis; da tempo a sentirnos libres mentres unhas formiguiñas chamadas adrenalina recorren suavemente as nosas tripas. Imos colocando os brazos por diante da cabeza e unimos as mans para entrar na auga de forma hidrodinámica e.... derrepente, zambullímonos na auga. Fría. Onde cada poro, quente, que expulsaba suor en cada pulsación, se refresca coa presión da auga fria. Auga fría que percorre o noso corpo de arriba a abaixo a medida que avanzamos gracias á inercia da caída a un par de metros de profundidade
Solo queda subir á superficie e nadar a toda leche cara as escaleiras para non seguir pasando frio :)
psss.. iba a escribir unha entrada sobre nemiña e ó final mira con que me fun a enrollar.. en fin... bueno, ahora xa que estamos, ensínoche un video dunha zambullida, pero nesta tireime de pe, e antes falaba das de tirarse de cabeza
bueno, ahora atopei este
saltamos eu e deivis respestivamente, nun descenso de barranco que fixemos fai tempo. Deivis, a ver si nos levas a facer este veran un barranquiño que xa me apetece
1 comentario:
¡Aaaai! ¿E ti sabías como era ese fondo antes de tirarte desde tan arriba? ¿E se houbera ferros ou restos de tubos da central, ou algo? Ben cadra que me entero de todo a posterioriiiii. Andade amodiño pordios!
Publicar un comentario