lunes, 18 de mayo de 2009

Regateando de novo

E non me refiro ó fútbol, que nin me vai nin me ven, senón á vela.
Hoxe tivemos o 2º día do "trofeo de Torre de Hércules".

Comezamos con pouco vento, pero a medida que saímos da ría, á altura da torre de Hércules, o vento chegaba ós 20 nudos. Foi un día máis emocionante que o domingo pasado, con ondas máis grandes e máis vento.

Por momentos, o barco ía tan escorado que entraba a auga pola borda e as olas pasaban por encima da proa, mollándonos aos que alí andábamos a facer algo.

Houbo un momento, que foi un dos que saquei unha boa "foto mental" no que Pedro alertaba dende a bañeira que o tangón estaba solto. Co barco tan escorado que por momentos as velas tocaban a auga, corrín para proa para cerrar a uña do tangón facéndoo firme a cuberta. Digo corrín, pero máis ben poderíase dicir que se "escala" lateralmente, para non caer á auga. Despois de aseguralo, mirei á popa mentres me agarraba ó stay, e vin o bicharraco de 22 toneladas movéndose entre as olas como un cascaronciño. Unha vez máis, esta vez dende un deporte ben distinto, dinme conta do insignificantes que somos os humanos ante un xigante como é o mar. E iso que "non foi nada"

Hoxe quedamos algo mellor que o domingo pasado, quedamos, de primeiros outra vez, pero cunha ventaxa de 10 minutos con respecto ó segundo. Vantaxe que non é suficiente para quedar campeons. Polo que aínda estamos cuartos de Galicia, pero gústame que, a posición ou o resultado final, é un detalle que se comenta de casualidade, no medio da comida, sen importancia; como quen di:
- pois fulanito mollouse os pes...
- e ó final de que quedamos?...
- non sei, pero que ben nos saíu aquela trasluchada polo interior do "porcelanosa" entre o barco e a boia verdade?

Ó volver... a felicidade respirábase no ambiente despois dun divertido día de navegación. sacaron o viño, uns bocatas e un arsenal de chocolates variados. Mentres lle comentaba ó "compañeiro en funcións" Abraham que nin me dera tempo a sacala cámara polo movida da viaxe... pediuma para vela e disparou ó chou isto.
Photobucket
(eu sempre felís)
Véxome na obriga de poñer un comentario que me fixeron nunha rede social con respecto a esta foto: "a sua risada semallaba o orjullo k o rapas sentia polo mare.e antes e despois de saire del ,botaballe o seu aturuxo o mare en sinal de boas condicios ventis u ventaceas" Raposo Real (tremendo)

Despois, como de costume, comilona no Club náutico comentando as xogadas e para casa. Camiño onde saquei algunha foto na cuneta que colgarei maña.

Apertas!

4 comentarios:

Peter P. de Mille dijo...

Aaaaai, que juapiño é o noso neno... e que ben lle queda o Jansa

RAPOSO dijo...

FOI UN COMENTARIO REAL EH!!EU TAMEN BOTOLLE O MEU ATURUXO O MARE COMA SINAL FANEQUIL U CHOCACEA.SEMPRE ATURUXANDO...ENCHENDO OU BAIXANDO,FONDA OU ALTA,CON XURRO U ESTERCO OS ATURUXOS SEMPRE ESTARAN PRENSETAS NA JORXA AVECIÑANDO UN BO PORVIR TERRIL OU MARIÑACEO

Rubén Prieto dijo...

A pregunta é... a quen non lle queda ben o hansa? :)eu xa me estou emosionando co barquiño. Ti que dis.. haberá "katixark" ou non? eu tiña pensado facer carto no verán para irme a indonesia, pero si me surxe a oportunidade.... indonesia pode esperar eh...

Raposo... os teus aturuxos serán benvidos. pero,, unha pregunta, o das maiúsculas, é porque as frases che pega dicilas berrando, ou é por costume?xk sabes que en internet as maiúsculas son gritos non? :) abrasos!!

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,