...Paciencia...É o que tes que ter se visitas este blog con frecuencia e non ves actualizacións...
Non é que non teña nada que contarche, nin fotos que publicar. Todo o contrario.
Acumúlanseme as cousas, ideas, fotos... e non sei por onde comezar. 1720 fotos en cuestión de dúas semanas...
Cal proceso? cal escollo? que conto primeiro?...poño o nome da praia ou non?...bo! marcho a sacar fotos. E así sigo entrando nun bucle no que as fotos entran e non saen.
Polo de pronto.. un pequeno avance: Hoxe foi un día completísimo de olas (baño de 4 horas) e completísimo de fotos (7 horas disparando)
O baño en compañía dos de sempre. Que fortuna... Coller olas en común, entre risas, entre gritos, entre miradas cómplices, entre ánimos... Isto non hai quen o pague
E a tarde de fotos en compañía de Daniel Almeida (xa o coñecedes, www.surfinglifebydani.blogspot.com)
Todo un placer e un privilexio. É difícil non aprender algo novo de fotografía afotando con este home
En breves... (Que agora toca descansar)
6 comentarios:
pos mira k andas porke pa encontrar esas sillas ya tuviste k buscar eh? eu encontreinas indo de pesca o outro dia,e o portalon da reixa de ferro metia medo
pois sip jeje.. con decirche que para chegar aí rodeamos polo norte o embalse do xallas.. jeje aínda fixemos kilómetros...
Do portalón tamén hai unhas cuantas fotos... :)
A verdade e que o baño foi a ostia, habia moito tempo que non me reia tanto na auga...a ver si se repite mais a miudo
Moi boas as fotos
JAJAJA CLARO JODER DASLLE ATODO ...
JAJA XA ME PARECIA AMIN K UN LIMITE TERIAS.A TUA CACHUCHA DEBE SER DE MOITA CAVIDADE MIOLIN OU MIOLACEA JODER SE NON NON E NORMAL
JAJAJ
Ali tes k ir cando chove moito filtrse a auga polas pedras do teito frente o portalon e cae como formando unha cortina de auga,non sei se me explico,e unha chulada e tamen te podes botar unhas risas intentando beber a auga k cae como cando tiras un cacahuete o aire e intentas k che caia na boca
Ali tes k ir cando chove moito filtrse a auga polas pedras do teito frente o portalon e cae como formando unha cortina de auga,non sei se me explico,e unha chulada e tamen te podes botar unhas risas intentando beber a auga k cae como cando tiras un cacahuete o aire e intentas k che caia na boca
Publicar un comentario