miércoles, 20 de mayo de 2009

A necesidade de competir

A competición non é algo que me chame moito a atención. Non coñezo nin a cuarta parte dos que corren o circuito mundial de surf nin teño un grandísimo interese en aprenderme os seus nomes. Non sei, eu sempre comparei unha competición de "pillar olas" con unha competición de obras de arte. Como? que non é comparable?

Vale, que no surf pódese ver se unha maniobra está mellor feita que outra, ou nunha sección máis crítica que outra, ou se un escolleu unha onda mellor que o outro...Si. Pero nun cadro tamén se pode ver se un empregou unha técnica máis complexa que o outro, se lle dedicou máis ou menos tempo, se un controla mellor ou peor as proporcións, se un parece máis ou menos realista, se un transmite máis ou menos que o outro...

E un artista dirá.. pois eu emprego a técnica que me da a gana, uso a cantidade de pintura que quero, coa dificultade que me apeteza e transmitirá ou non en función do que me saia do mesmísimo.....corazón.

Un surfista dirá.. pois eu prefiro coller velocidade toda a ola e tirarme a unha manobra imposible contra o cerrote, ou non facer "nada" máis que acariciar a superficie cristalina coas xemas dos dedos mentres sintes como o mar che empuxa a un estado de felicidade indescriptible.

"Medir" o surf paréceme unha forma de desvirtualizalo. Unha forma de perder de vista a pureza, a esencia, a maxia da arte de deslizarse polo mar.
Non me gusta o feito de que o disfrute dependa da superioridade de un con respecto ó contrincante, porque penso que o disfrute é o propio surf.

Ollo, non critico aos que compiten, eu tamén o fixen no seu día e paseino coma un enano. Porque coñecín moita xente, fixen windsurf con amigos, nunhas condicións inmellorables, nun lugar novo e aprendín cousas. E o que chegou primeiro chegou primeiro, non fixo falta avaliar nada, só mirar.

Que quero dicir con todo isto...?
Simplemente sinto pena? non, sona moi forte; compaixón?...tampouco; simplemente non me gustaría estar nas carnes de alguén que necesita medirse con outros, ou verse superior para ser máis feliz

Isto é extrapolable ó mundo da competición en xeral, e incluso ós xogos. Teño xogado pachangas ó futbol (que non me gusta moito) con amigos e ver como algúns se enfadan porque lles marcan un gol. A ver rapaz, se non o pasas ben xogando, pasa de xogar non? ou polo menos sería o que faría eu. Que pasa, que ese é o precio que paga por ter, noutros momentos, a sensación de sentirse un campeón e rir satisfeito de si mesmo.

Despois, por outro lado, estarán os que disfrutan da competición como se fose un xogo, alegrándose polos que gañan e compartindo baños, carreiras, travesías, partidos... con outras persoas. Cousa que será complicada cando a túa vida depende dos resultados. Supoño que para a maior parte de surfistas (exceptuando a personaxes como sunny garcía) a competición é o precio que teñen que pagar para poder gañarse a vida e surfear nas mellores olas do mundo. O que pasa é que os baños libres, supoño que xa os enfocarán como unha especie de entrenamento. Eu, non transformo en entrenamento unha das actividades que máis me gustan na vida nin tolo.


Que si, xa sei o que estás pensando: "si Rubén, que si surfeases o suficientemente ben como para que puideras recorrerte o mundo surfeando as mellores olas do planeta, cos mellores surfistas e cobrando! igual dicías que non!! ja!"

pois si, evidentemente aceptaría encantado, pero anque o meu nivel fose tan bo, que máis ben é mediocre, non chegaría moi lonxe porque non sinto ese afán de ser o mellor.

Independientemente da filosofía coa que se tome Aritz Aranburu a competición, doulle a noraboa porque gañarlle a "eses" cos que tes empapelada a habitación debe de inflar o ego como para non caber dentro do corpo.
Aritz Aranburu vs Kelly slater (9 veces campeon do mundo)

4 comentarios:

Gerry_lopez dijo...

tranqui ruben, por estas liñas vese que eres bastante máis surfer que todos esos competidores (que algún se salvará ollo)
Ía a poñer algo, pero estaría de máis...ti xa o explicaches perfectamente...sen dúbida, quédome na miña mediocridade (e xa é chamarlle moito) feliz, facendo o que me gusta por min, non contra outros...
Un saúdo e Aloha.

Fran dijo...

Boa reflexion.

O XINETE REAL dijo...

EU COMPETIA ANTES NO LUJAR COS VECIÑOS NAS CARREIRAS DE BESTAS E BURROS DO PAIS.LEVEI TRES ANOS O TROFEO.LOGO UNHA VEZ APRENDIN VALORES COMO SABER PERDER E JAÑAR DEIXEI DE COMPETIR E BOTEILLES O MEU ATURUXO O BURRO CUCO.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,