miércoles, 6 de mayo de 2009

Imos comer unhas pipas ó faro...

En Corcubión, cando hai un tempo morto, cando se está sin saber que facer...Hai unha proposta que nunca falla:
-"¿pitillo no faro?
ou no caso dos non fumadores...
-"que,¿unhas pipas no faro?

E é que, moitas veces, estamos acostumados a facer cousas porque si, a piñón fixo, porque é o que se soe facer...Si se "toma algo" hai que ir a unha cafetería. Pois non.

Eu prefiro con moitísima diferencia mercar algo de beber nun super, unhas pipas, algunha trapallada (véxase donuts, palmeras, xelado...) e ir ó faro C (que non faro de Cee) a charlar, escoitar música e disfrutar das vistazas da nosa terraza particular.

Photobucket
..foto feita co mobil. Hai momentos no que non sempre tes o troncho de cámara á man.

Photobucket
(terraza) Nacho apañando cousas para xogar...

Certo é que, este sitio, é o típico "picadero" do lugar, pero alí, a única femia que había, non nos facía caso. Que perra.

Photobucket

Despois de comernos dous paquetes de pipas, unha palmera e non sei que máis... intentei facerlle un retrato a Nacho do estilo dos que fixera con Dani na cova. Non tiña para nada unha boa luz. Lorenzo regalábanos unha luz demasiado dura e intensa, pero reducindo a velocidade conseguín coller ese toque oscuro nun dos lados da cara.

Photobucket

Cando xa nos íamos, apareceu por alí Aitor. Tamén é un dos que disfruta deste sitio.
Photobucket

Dous paquetes de pipas: 2,20 € (que ladróns)
un aquarius: 1 €
palmera: 70 cnt
botella de auga da fonte: 0 €

Pasar unha tarde nun sitio precioso, cun bo amigo e escoitando boa música... non ten prezo.

Apertas!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ruben; vendo a derradeira foto do teu blog, ou te debes coidar , ou "neng" que ben te vexo coa sudadeira. Eres case tan bo´ surfeiro ","fotografo.Elixe unha das duas ou aplicamosche a lei das incompatibilidades.Vamos a dejar de chuparnos las pollas ... e achégate a BCN ¡ que te estamos esperando ! a ti e a todolos teus.Incluido ese Galaicodanés que xa lle temos un sitio na Masia(escola d campions)