martes, 12 de mayo de 2009

O meu paso pola vela

A miña pasión polo mar, vén dende moi pequeno. Recordo que cando era un renacuajo, unha vez levárannos de excurisón a Camelle (superexcursionaza...) a ver ó Alemán e as súas obras, e mentras todos ollaban eses círculos de cores e eses bolos formando minisagradas familias... eu quedaba apampado mirando como as olas estouraban contra o dique. Dende que recordo, sempre tiven ganas de practicar algún deporte de mar, e a primeira oportunidade que tiven foi a través da vela.

En Corcubión, o Club Marítimo Carrumeiro organizou no ano 1992 uns cursos de iniciación á vela. O primeiro, moi ó meu pesar, era só para adultos; e fora meu pai con un amigo. O amigo, volveu do curso con un par de puntos na cabeza por un botavarazo. E iso fixo que se eliminase a idea preconcebida que tiña de que era un deporte "demasiado tranquilo".

Pouco despois organizaron o curso para pequenos e foi a miña primeira oportunidade de disfrutar do mar a través dun deporte. Con 7 ou 8 anos anoteime ó curso, pero entrara un pequeno vendabal (mal tempo e ondas medianas) que fixo que se desapuntasen tódolos cativos que estaban anotados.. polo que o meu primeiro curso foi "particular"; dous monitores para min só. (Agora, dende o punto de vista do monitor penso... vaia putada jeje)

Eran Jorge e Noemí (que actualmente segue coa escola de vela os primeiros que me ensinaron cousas como barlovento, sotavento, ceñida, largo, amura, escota, driza, botavara...

A partir daquela enamoreime da vela, xunto con meu pai, e anotábamonos ós cursos que había de iniciación tódolos anos. Non porque fósemos "duros de mollera" cos principios básicos da veña lixeira, senon porque era a única forma que tíñamos de poder navegar. Recordo que eran dous fins de semana, mañá e tarde, por 10.000 pesetas cada un.

Todo valía, e se non había vento, entrábamos igual a facelo cabra, ou a intentar volcalo barco para volver a poñelo dereito. De aí a explicación desta foto...

Photobucket

Facendo banda por sotavento. Imaxino a situación... Rubén, cólgate por aí...vale! ó non haber vento inclinei o barco para o meu lado, e a botavara cae cara o mesmo sitio, golpeándolle na cabeza á miña querida irmá jeje. Vaia momento captado.

Anos despois, cando eu tiña 15, un amigo meu, que comenta por aquí de vez en cando "Deivís", dicíame que iso da vela que era un aburrimento...que co windsurf íbase moito máis rápido. Eu recordo que non o cría, pero canta razón tiña.
Nun deses cursos de iniciación á vela, ós que nos seguíamos apuntando tódolos anos, aproveitei para coller unha "barracuda" (táboa de 3 m e pico) e unha vela destas triangulares que tiñan por alí tiradas nun galpón. Collinlle o toque máis ou menos rápido, e encantoume. Engancheime ó windsurf.

Despois, "só" había que convencer ós meus pais para que se gastasen 150.000 pesetas nun equipo de windsurf. Pero, como teño uns pais que non os merezo, recordo que me dixera miña nai..."-prefiro gastar 100.000 pesetas nunha táboa para que fagas deporte que non 500 ptas nunha litrona" (recordemos que eu tiña 16 anos e xa era unha idade fina, no sentido de adolescencia/tontería)

Eu,daquela, cos meus aforros, merquei a miña primeira vela a Juan de Ézaro (25.000 pesetas me costara), que era con diferencia o mellor windsurfista da zona, o modelo a seguir, un crack. Víamolo como se fose un dios. Recordo cando chegaba coa súa táboa vermella, enanísima, e parecía que voaba (planeaba), e facía unhas trasluchadas perfectas sen deixar de planear. Era o rei. O seu blog é ézaro en fotos

Despois conseguín mercar un mástil, e meus pais compráranme o resto, a táboa, unha techno 273 (125.000 ptas) e a botavara. Pero o do windsurf xa merece outra entrada..

Polo windsurf, deixei medio aparcado o tema da vela, só íbamos a dar unha volta no "janter" de vez en cando, cando o vento non era suficiente para planear. Cargábamolo barco de pan bimbo, nocilla, cocacolas e íbamos a dar paseos pola costa, fondeabamos en calquer lado, e a poñernos como guarros.

Cando cumplín 18 anos, había uns cursos organizados pola federación galega de vela para formar monitores de vela lixeira e tdv (Táboa De Velocidade, windsurf). Costaban 75.000 ptas, pero estes, se pasabas unha proba de acceso, eran gratuítos. Pasámola Deivís e eu, fixémolo curso durante dous meses a cabalo entre Laxe, Fisterra e Malpica, sacámolo titulín para poder manexalas zodiacs et voilà. Monitores de vela :) Eu quixen estrenalo pronto, aproveitar para coñecer outros sitios e escaparme coa moza, polo que puxen un anuncio no que buscaba traballo en calquer punto de España. Acabei ese verán, con 18 aniños, traballando nunha escola de windsurf e vela lixeira en Gandía, Valencia.

escuela de currantess
Photobucket
Eu daba windsurf, pero cando había alquileres de veleiros, algún dos monitores tíñamos que ir de patróns se víamos que os clientes non tiñan moita idea.
trabajandoo
Alí foi onde aprendín realmente. A experiencia son as mellores clases. Divertidísimos os catamaráns. Aguantalos sobre un patín todo o rato que queiras, mentras vas voando a toda velocidade sobre unha auga cristalina que che permite ver o fondo (e as medusas) non ten precio.

Despois chegou o surf e o kite, polo que volvín a abandonar un pouco o tema da vela. Ata que un "bello" amigo de meus pais, me invitou a un "casting" veleiro, no Hansa. Un dos barcazos do Real club Náutico de Coruña. Pero disto xa había unha entrada....AQUÍ

Volvín un par de veces, algún día con moito vento e olas, e outro que se acabou anulando a regata por falta de vento. E o 3º ou 4ºdía (non me lembro), foi antonte. O domingo.

Participamos na regata "IX trofeo Torre de Hércules" a nivel autonómico (polo que acabo de ver na páxina do clube).


Photobucket

Anque as maniobras son momentos de tensión onde os 15 tripulantes do barco teñen algo que facer... os bordos largos como as empopadas, son bastante tranquilas, como podemos observar na seguinte foto.
Photobucket
Se non hai nada que facer, o mellor é tumbarse sobre algún spinaker e tomalo sol mentres te comes un bocadillo.
Pero cando hai que dar o callo, bótanse de menos uns bos callos na man
Photobucket

O domingo éramos 15 no barco, e aquelo parecía un chiste, porque había un australiano, un inglés, un americano e o resto galegos. Vaia jirigai que nos montábamos nos momentos complicados...
- Come on! joder! take the corda and pásama quickly!!
-take the corda with esta man gou gou!
- be careful with the botavara que la parió
... (poderíase escribir un libro)
-joderr, que me traigan a un traductor!!

jeje.. eu pásoo pipa. Encántame "currar" e estar seguido facendo cousas. Para min, o máis aburrido, é estar facendo banda, coas pernas colgadas, charlando cos novos amigos mentres observas unha paisaxe incrible...(e iso non é algo que me disguste precisamente)

Todo un placer poder disfrutar destas navegadas. Síntome na obriga de volver a darche as gracias "peter p. de mille".

E a tódolos tripulantes do barco, porque é difícil non aprender algo novo cada día, e os culpables son eles.

Aquí, media plantilla unha vez en terra.
Photobucket
de esquerda a dereita: Jhon, Peter, Abraham, Antón, Fran, Stewart e "llosh" (o australiano)

Ó final, pese a todo, chegamos de primeiros cunha diferencia de 8 minutos con respecto ó segundo. Pero non sei si compensando os tempos quedamos primeiros ou non, porque faise unha estimación da ventaxa que temos por levar as velas máis grandes (spi de 300 metros cadrados, maior de 195...etc) e creo que lle tíñamos que levar máis ventaxa ó segundo para quedar realmente de primeiros... pero non cho sei.

Tropa! vémonos o domingo que ven.. que eu repito :)

Apertas para todos

10 comentarios:

Peter P. de Mille dijo...

Joeee... na de branco e preto vese ben ás claras a tensión e dificultade da proba...
Panda de vagos... parecedes funcionarios!!

Tonylopex dijo...

Moy guapa esta entrada. A min tamén me chama moito a vela e non me importaría algún día ter un pequeno veleiro para navegar pola ría de Ferrol ainda que nunca a provei. E o windsurf... ver a eses tipos nas taboas voando baixo na praia de San Xurxo cando era neno foi o que me meteu no corpo o gusanillo polo mar. Quizais algún día me decida tamen a probar.

Peter P. de Mille dijo...

Ah,por se algún se sinte chamado a tomarse esto máis en serio; non deixedes de ollar esta páxina e vendedevos!!

www.crewagency.de

P.S.
Stwart tamén é australiano e fabricante de veleiros de vela adaptada... ainda que agora anda metido (con grandes expectativas) en ser o campeón de Europa na clase J-80.

Anónimo dijo...

Faltache comentar que quedaches moi ben nun campeonato de jalisia de win, e a tua aventura polo Finisterre Frances nos xogos intercelticos de formula win (pena de vento e que alejria de mulleres)
Eu son boisimo comtrolando a tarpa, se precisas un trapeiro avisa :)
Unha aperta jaiteiro.
Mesi

Anónimo dijo...

Me encanta Rubén! para la próxima iré de polizón aunque sólo sea para oiros hablar ese "jallinglish" tan cojonudo!

Y si antes tenía ganas de hacer vela..ahora todavía más.

Patricia.

Hugo Arevalo Bacon dijo...

Ruben! Siempre te lo pasas pipa con los guiris jejejej aver si voy yo para hacer de traductor!! jejej nos vemos pronto!! xxx

Rubén Prieto dijo...

Peter... funcionario si... foi falar! jeje

Tony, pois anímate a pasar por algunha escola e facer un cursiño, que non son moi caros e é perfecto para probar e ver si che gusta. Ou se tes un amigo con barco... mellor jeje. O windsurf é unha pasada. Ademais é o complemento perfecto para o surf... polo menos nesta zona. porque cando se clava o anticiclón, e só trae nordés, non hai olas.. pero vento hai a fartar.

jajajaj.. Mesi.. tes razón.. pero iso igual xa merece outra entrada.. jeje, igual noutra máis específica sobre wind :) Anque agora que o penso, estaría simpático que algún dos competidores daquela regata fose seguidor do blog, e se enterase agora que eu era aquel rapaciño embalao jeje.
E o da bretaña francesa.. tamén vaia aventura.. pena de non ter daquela cámara dixital.
unha aperta trapeiro`s boy!

Patri, ti vente, anque co jallinglish podes mexarte coa risa polas esquinas jeje. Alí estou seguro de que hai moitOs que agradecerían que estiveses por alí... anque fose tomando o sol. Equivócome? ejem ejem (es la chica de la curva!)

Hugo.. ya sabes.. para mi los idiomas no son una barrera para pegarse unas risas jeje

fermin dijo...

muy bueno Ruben, muy buenos textos, mejores fotos, excelentes, un fuerte abrazo a toda la banda de nemiña de mi parte, de Fermin el vasco, ahora estoy en Martinique, Caribe...ya me anime y cruce el atlantico...hace un par de meses que surfo por aqui, y para mi sorpresa hay muy buenas ondas, lo mejor he encontrado no barbados, muito nivel....ya sabeis que podeis seguir por donde ando en el blog www.fermintxo.blogspot.com

Aupa Felipe, messi, Ruben, Xuxo, Uxio, Marcos, Rueda,...un fuerte fortisimo abrazo, hasta siempre

Juan dijo...

Síntome halagado por acordarte de mín na túa relación co mundo da vela,leendo isto viaxei vinte anos atrás. Nembargantes iso de que "era" o rey do windsurf non me acaba de convencer. Sigo sendo o REY,o Borbón do windsurf,aínda que "se ve que ya...."
Un saúdo Rubén

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,