Moi boas!
O domingo pasado tiven o gusto de estrenarme como tripulante do Hansa nunha regata realizada polo Real Club Náutico de Coruña. Era a penúltima das regatas do Trofeo Comodoro e fun a "probar" a ver si daba a talla ou non. Digamos que foi unha especie de casting. E todo isto, gracias a Pedro Presedo, vello amigo dos meus pais, que me veu crecer e é un dos experimentados tripulantes do barco.(O máis grande de Coruña e non sei si de Galicia)(Pedro non, o barco)
O domingo pasado tivemos bastante vento e olas. Penso que foi un día "movidillo", e digo "penso" porque non teño outros para comparar. Tivemos que cambiar de génova dúas veces (vela de adiante) en función de si subía ou baixaba moito o vento. Houbo bastantes contratempos, como cando nos rompeu a driza do spi (a vela con forma de globo desprendeuse do mastro pola parte de arriba e caeu ó mar), ou nos comimos unha boia e tivemos que volver cara atrás. Pero aínda así quedamos segundos en tempo real. É un barco que cando hai olas e vento, voa. Adiantábamos a todos cunha velocidade pasmosa; exceptuando ó Salseiro, que é un barco ultralixeiro preparado para regata. Estamos falando dun barco que pesa 6 toneladas contra as 25 do Hansa.
Ademais dos placeres propios da navegación a vela, disfrutei de algo ó que non estou acostumado que é o deporte en equipo. É raro, que, co sociable que me considero, so practique deportes individuais. Nunca me parara a pensalo. Había momentos nos que a axuda de todos era imprescindible, e cando varias persoas funcionábamos de forma coordinada e compenetrada daba o doble de gustirrinín :) Como cando drizábamos (subíamos) as velas, maniobra na que había que empregar a forza bruta (bruta non, brutísima) pero de forma controlada e coordinada entre dous homes.
O recorrido que fixemos foi "máis ou menos" este
(Pedro corríxeme)
e houbo momentos nos que íbamos tan escorados (tumbados) que eu resbalei dende babor a estribor ata que me agarrei a unha asa :) Tamén se nos clavou a proa un par de veces nas olas enchoupándome por completo ata casi a altura das rodillas. Que sería unha "gran jodienda" si non estivese xa enchoupado por culpa da chuvia.
Debido ás condicións meteorolóxicas non puiden sacar prácticamente ningunha foto, pero hoxe si. Cóntovos:
Este domingo volvéronme a chamar para a última regata do trofeo, pero o día foi mooooooito máis tranquilo. Taaaaan tranquilo, que se anulou a regata por falta de vento. Por iso, hoxe si, puiden sacar algunha foto.
Hete aquí (como diría el), o energúmeno ó que lle debo agradecer que agora sexa un dos novos tripulantes do Hansa
Pedro (que me firma no blog como Peter P. de Mille) que ten un blog fabuloso chamado "contos do país do solpor" (fai click aquí para entrar) onde relata moi ben tódalas aventuras náuticas e outras moitas cousas. (É un cachondo mental)
Cifras: Precio novo- aprox. 400.000 euros (60 millons de pesetas)
Peso- 25 toneladas
eslora- 19 metros (largo)
manga- 6 e pico (ancho)
spinaker (vela con forma de globo)- uns 300 metros cadrados
mástil- 30 metros de alto
maior- 195 metros cadrados
nº de tripulantes perfecto- 14
Plazas para durmir- cómodos 14, algo menos cómodos 18
(Pedro, corríxeme si me equivoco en algo)
Por dentro, vese que non é un barco de regata puro. Os donos téñeno preparado para poder viaxar cómodamente.
As porta que se ven ó fondo dan a dous camarotes que teñen 4 literas cada un. Máis adiante teñen un cuarto de baño cada un, e máis adiante unha habitación (pozo) onde se gardan tódalas velas a modo de almacén.
E cara atrás (se nos désemos a volta) veríamos dous camarotes con unha cama de matrimonio xigantesca cada un, no que penso que durmen 4 persoas. Detalle curioso, teñen unha tabla no medio dividindo a cama para que un non se caia enriba do outro no caso de ir escorados.
Como non había vento, dedicámonos a esperar ata as 2:30 ata que os xuices decidisen empezar ou anular a regata. Estivemos un par de horas flotando, tomando o sol, charlando, comendo bocadillos, chocolate, e bebendo cervezas e auga ata que finalmente se anulou a regata.
Volvimos para o porto...
e o patrón invitounos a comer no club náutico con estas vistas
Xusto despois de regalarnos un reloxo volkswagen a cada un jeje. Graciñas!
Agora xa estou desexando que haxa máis regatas, pero me parece que ata Xaneiro, nai nai de la china.
Un abrazo a todos e disculpas por non actualizar todo o que me gustaría! aínda teño varias entradas pendientes...como a da viaxe a indonesia do noso bodyboarder Jose de Viveiro
Saúdooss
PD: por certo, venden o barco para comprarse outro máis grande, así que si tedes uns euriños por aí soltos... xa sabedes
6 comentarios:
Joeeer, ata parece máis grande o barco e todo.
Gracias polas afotos.
Lástima que estiveras tan ocupado botando unha man cando se rompeu a driza do spí. Sería boa a afoto de todos/as colgados pola borda para evitar que se nos metera por debaixo do casco.
graciñas a ti meu....
cando rompeu a driza do spi eu alucinei. quedamos como bobos todos mirando como caía o mar, ata que alguén berrou "moveroos!!" jaja... eu a verdade é que quedei un par de segundos pensando: "ruben, non te fágalo valiente que como intentes agarrar unha sábana de 300 metros cadrados que voa libre e descontrolada vas sair voando e vas caer ó mar..." pero despois xa nos puxemos todos a recoller como se fosen nasas cargadiñas de bos centolos jeje.
xa teño gana de repetir meu... a ver se hai algunha outra viaxe antes de xaneiro :)
abrasoosss
P.S.
Menos mal que non quitaches o afoto miña subido ó pao, cun primeiro plano do meu cu.
Xa dicía miña "ex" que nen tiña cu nen nada.
Ah, o de este domingo foi o típico: "No wind, no race".
si dices que es el barco mas grande de Galicia,es que no as visto muchos Eso si la vela mola como el surf o mas.Seguro que piensas igual,y que es eso de la driza del spi,jeje jamas lo habia escuchado.coruño.
Creo que te confundiches lendo anónimo. Copio e pego:"O máis grande de Coruña e NON SEI si de Galicia"
A driza do spi, é a driza (cabo que sirve para izar unha vela) do spi ou spinaker (vela con forma de globo que vai na proa para ventos de popa e largo).
Téñeno todos esos barcos grandes que viches por galicia.
E si, a vela molame moito. De feito, o meu primeiro contacto co mar foi a través deste deporte. empecei cuns 9 anos creo, e dende aquela sempre me gustou. asistía a cursos de vela varios anos con meu pai, solo por navegar... e despois con 18 anos xa me saquei o título de monitor para poder traballar nunha das miñas aficcións que tiven bastante abandonada dende pequecho.
(pero mólame máis o surf eh...) jeje
Un saúdo coruño
o.k Gracias pola explicacion
Publicar un comentario