Ao final escapeime e algo collín, pero pouca cousa, a pesar do que poidan parecer as fotos.
O problema de Nemiña é que ten que funcionar no punto exacto de marea. Si te pasas uns 20 min ou media hora... por exemplo sacando fotos (como fixen eu). Pois xa pouco queda por facer.
Bruno recuperando a parede despois dun cutback
Rematando a ola con estilo :)
Era unha ola tabloneira, tendida, biplaza
Aquí Alfonso e Luis
Aquí Alex
O rapaz que máis aguanta na auga de tódolos que coñezo.
Luis Más
A pesar do ordenado que parece que está, as series rompíain un pouco fora de lugar, e as normais, non tiñan forza suficiente.
Marcos...mellorando cada día o seu DK
Mario, estilaso
Experimento de foto... Bruno collendo todo o que se menea :)
Rueda colleu unha das olas grandes da tarde
Suso e Bruno, coma sempre, compartindo unha ola biplaza
Hai poucos momentos igual de bonitos que surfear unha ola, e un deles, é saber que estas colocado para surfear a ola que se achega polo horizonte :)
Esta praia meréces un mimo, e ímosllo dar o sábado.
Limpeza ás 10 da mañá. Quedades todos convidados
Apertas
2 comentarios:
O que hai que ver... na segunda afoto ,cando parece que o tipo cae na agua, resulta que está rematando a ola "con estilo"... hai que copularse!!
Claro co cutback e o overbooking é lóxico que remate a ola con estilo.
Se ,en cambio, saira cun backstage e cun landsacape , xa sería outra cousa.
Non che hai como saber...
sen dubida o mellor estilo esta no club de surf os tombos onde non hai "maquinillas" so xente k disfruta da praia e das olas da costa da morte; e os de fora dan tabaco...
Publicar un comentario