jueves, 7 de mayo de 2009

Auga cristalina

Os famosos "bañazos" non só dependen do tamaño e forza das olas...
Hai outros moitos factores que se nos olvidan.
Onte, a pesar de haber unhas olas que casi non chegaban á cintura (un metro real) e de ter moi pouquiña forza...

Photobucket
para min, foi un bañazo.

Porque había sol, boa temperatura, no aire e na auga, as olas abrían...
Photobucket

Porque anque ás 11 da mañá xa éramos 10 persoas (un mércores...mimadriña), había moi bo ambiente na auga. Todos de risas. Coñecín a tres rapaces de Coruña moi majos (da tenda Pure, que ben surfeaban os condenados). Intentei facer tandem surf con Alberto (un deles) e con Alex. Si é que eu sigo decindo que prefiro que veñan 10 persoas de fóra de bo rollo, respetando e cun sorriso na boca que un "estresado". Porque na auga, un está para desestresarse.

O único fastidio na auga era que ao teu compañeiro non lle dese tempo a coller a ola contigo...

...a auga estaba totalmente cristalina, parecía "jauai"
Photobucket

Houbo unha ola na que fun todo o rato embobado mirando para o fondo, porque vía proxectada na area a miña sombra e a ola dibuxaba na area unha sinfonía de brillos e sombras que hipnotizaba.

Ó saír, nada mellor que uns grolos de auga fresca para endulzar as bocas saladas
Photobucket

Porque o surf... está feito para pasalo ben. E punto pelota

12 comentarios:

Chusma Surfboards dijo...

Tes razón, teño que reconocer que onte paseino como un enano, fosteste moy pronto e non me destes tempo de propor un cámbio de taboa, outra vez será.

Rubén Prieto dijo...

É que xa me bañara un par de horas pola mañá.. e pola tarde, cando chegaches levaría casi outro tanto... saín coa intención de volver cunhas aletar para facelo "arroas" por debaixo das olas metres lle prestaba o tablón a Libertad.... pero ó final.. tamén se estaba ben descansando os músculos ó soliño jeje

Á próxima cambiamos xa en canto nos vemos jeje.. que sabes que me gusta experimentar coas táboas. O de ir no tablón sen quilla central, só cos estabilizadores tiña o seu aquel, derrapar de vez en cando :) pero non se controlaba moi ben...

un calquera dijo...

Gustame o teu blog ruben o visito cando podo pero hay algunhas entradas coma ista q me dan un pouco de vergoña allea,non sei,non e por facer mal pero parece feita por un cativo..a ver si fas un dia unha do nivel de niega ou outros que sabemos que podes!!

marcos dijo...

pos claro k si os bañazos son os k te acordas deles dentro de equis tempo e o ben k o pasaches non ten k ver co tamaño nin a perfeccion das olas,o de hoxe tamen foi un bañazo e t vas acordar sempre polo hangfive inverso e por outras moitas cousas como o cachondeo da parroquia na auga

Isabel Tomé dijo...

Diríxome a "un calquera": mira, non te poñas "quisquilloso" porque se dis que habitualmente visitas o blog e che gusta, non vas agora sentir "vergoña allea" que soa algo forte, pareces ofendido, porque entón eu tamén me podo poñer cun arrebato de "deformación profesional" e decirche que a vergoña allea síntoa eu ó ver que nun texto tan pequeno tes once faltas de ortografía. (Y no es pasión de madre!)

Anónimo dijo...

Perdoa isabel isto e solo unha critica e o das faltas ortograficas (si controlas minimamente de informatica q o dubido moito)e porq moitos pc traidos de fora non teñen a mesma nomenclatura(mellor busca na wikipedia para sabelo q e,q non teño tempo para clases de primaria)e o escribir o til saen outras letras non desexadas
Un exemplo:æ,И,¥....e un largo etc ,pero como di o refran non se lle poden pedir peras ao olmo...
saudos

Isabel Tomé dijo...

Acertaches, meu. Non teño idea de informática.Pero tampouco presumo, (os que me coñecen sábeno).E teríalo moi duro para ensinarme porque sonche "algo corta" para o das "novas tecnoloxías". Pensei, simplemente, que igual tiñas máis sentido do humor, e te partirías ó ver tamaño comentario. Porque se me poño en plan "filóloga" -xa que ti te puxeches en plan informático- non me refería só ós tiles,(xa que ignorándoos aínda quedan seis). Ademais, os textos que hai arredor do teu, teñen outras tantas. Pero opinan, non xulgan. Só era por iso. ¿Non ves que eu tamén sei mandar un sms poñendo "bks" "tK mxo..." e todo iso? Que tan ANTIJUA non son, oh. Pero se chegas a decir "a doxe non me molou, non me justou unkrallo..." Eu calo. Só que o de "sentir vergoña allea" parece un xuízo tipo "isto é unha p. merda" e pareceume m8.Biquiños e non te mosquees ¿vale?.

Rubén Prieto dijo...

jajajajajajajaja... ver para crer.
Ves? esto non pasa en ningún outro blog... a nai do blogueiro entrándolle ó trapo a un calquera jejeje. Miña nai é a jefa

Eu non poñerei entradas como as de Niegá porque non son Niegá, eu son Rubén. Ás veces non actualizo, outras fágoo 2 veces por día... ás veces poño relatos, outras dibuxos, outras cousas persoais... Ás veces poño tonterías e outras non. Ás veces fotos "decentes" e outras moitas veces fotos de móbil. Porque este é un blog persoal. Inténtoo, pero non dou acadado a perfección, nin poño entradas ó gusto de todos.
Para ser feliz, hai que quedarse co bo das cousas... e eu vou a quedarme co bo do teu comentario


"un calquera" alégrome moito de que che guste o blog e o visites sempre que podes home... de verdade

Jose dijo...

O "O Calqueira" esta mais flipao que un posto ata as cexas, este e un blog non un centro de opinion calqueira "FLIPAO QUE ESTAS FLIPAOOOOOOO", un saudo, Jose.

Rubén Prieto dijo...

Haxa paaazz jeje.. que un mal día teno calquera.

Marcos...tes moita razón. Como dixo o outro.. as olas ó final son o de menos jaja (bueno, a tanto non chego, pero é unha boa reflexión)
O do hangfive inverso foron unhas risas, pero o teu take off marcha atrás tamén molou jeje

apertas patokiski

Fran dijo...

Boas, e certo que cando tes o fondo cristalino se che vai a vista sobre todo si aparece algun peixe. Gustoume a foto da agua. Unha aperta.

Niño da Curuxa dijo...

Rubén, meu rei, encántame ler como aluciñas ti sozinho...