O paso que máis quebradeiros de cabeza me dá dende que chego a casa cunha remesa de fotos ata que colgo algunha no blog... é decidir que fotos van a ser as escollidas.
Foi bo o consello de Peter, que di que o mellor é que escolla a foto alguén que non a sacou. Porque cando unha foto che da moito a lata, e costa o seu traballo sacala, témoslle máis aprecio... en cambio unha que saiu no momento, que disparamos ó chou, pode ser "a foto" do día.
Cando non tes a ninguén que te asesore, non sei en que cantidade de cousas te fixas para decidirte por unha ou outra foto..(encuadre, composición, equilibrio, simetría,enfoque, cores, exposición...) pero imaxínate que de 30 fotos escolles unha. Poste a procesala e, ó disparar en formato RAW, ves a cantidade de posibilidades que ten e vólveste mico para decidir qué matices darlle. Ó final, unha soa foto podes deixala de 20 formas totalmente distintas... e cando consigues un procesado chulo pensas..."- e como como quedaría algunha das outras fotos con este outro procesado? daríanme máis xogo?" entonces é cando te das de conta que se te puxeses a facer probas con tantas fotos... (poñamos que 20 combinacións de 30 fotos distintas, saen a uns 600 procesados) e se cada procesado leva mínimo 5 minutos, son 3000 minutos para colgar unha foto nun blog.50 horas. Máis de unha semana procesando fotos 8 horas ó día. Case que inviable.
E o peor de todo, é que moitas veces sacas unha foto pensando en conseguir esa foto que tes na cabeza, e cando o consigues e lle metes man no revelado, pode acabar totalmente distinta á idea preconcebida pola que naceu
Por exemplo, esta foto queríaa así, que é tal cual como a saquei da cámara. Nin a firmei
Pero cando a abres... comezas, e si lle dou máis forza ás nubes? e si a enfrío algo? e si lle poño ruído?... e si...
e acaban quedando cousas tan distintas á orixinal coma estas
Cal é a mellor? pois... supoño que para gustos colores.
Apertas!
3 comentarios:
Aaaaaiii, meniñooo!!!
Como se nota que sodes fillos da fotografía dixital.
Os que mamamos fotografía en película e laboratorio tentábamos facer a foto na cámara.
Así evitábamos o engorroso e laborioso proceso de retoque , que , a meirande parte das veces , dependía de terceriros por falta de medios na cociña oscurecida onde revelaba in illo tempore.
Deixa que outros , alleos, e independentes dos teus sentimentos pola toma, escollan.
Tes ben perto xente con criterio que a bon seguro farao gustosa e delicadamente.
Aí falaches, meu! Mira que llo dixen... Cando me preguntou "ma, ¿cal che gusta máis?" Díxenllo: A PRIMEIRA. " Uséase, la original, oiga". A fonte, tal cual lle chamou a atención cando se fixou nela para retratala. Tiña cores que me encantaban: a ferruxe da billa, o verde do campo, o gris do chan... Ademais, incluso permitía xogar ás adiviñas en plan: ¿a billa é cor ferruxe, ten verdín, ou vai tirando á cor da pota das pulpeiras...? En fin, que ata se podía filosofar. E a auga caendo en plan signo de admiración... ¿que máis lle queres pedir? Pero nada, que estamos na época da ciruxía estética e teñen a manía de retocalo todo. NATURAL, leñe,¿ou non é así como vos gusta o mar? ¡Pois logo!
Espera, que acabo de fixarme. A que vin eu non está aquí.
Agora dirán que me empeza a demencia senil. Non, non. A que digo eu non é ningunha das tres. Era a "tal cual" e esa non era en branco e negro.
Publicar un comentario