martes, 21 de abril de 2009

Ruta turística pola costa da morte

Imaxínate que te encontras a alguén (ou alguenha) sentada nunha cadeira á beira da estrada, e che pide que lle ensines os sitios máis bonitos que coñeces da zona.

Photobucket

Como as tardes non son infinitas, hai que escoller ben. Ter en conta as horas que quedan de sol, e o tempo que leva ir de un sitio a outro. Eu na miña zona, teríao bastante claro...

Por proximidade, en primeiro lugar, escollería "o sitiazo" do faro de fisterra que tantos e tantos peregrinos de nuestro señor se perderon.

Photobucket

Para ir ata el, hai que estar atentos e antes de chegar ó faro de Fisterra, uns 100 metros antes, coller unha pista que sube. Subir ata onde acaba a carretera asfaltada e continuar por unha pista de terra ata onde te atrevas a chegar co coche. Se chegaches ó final, noraboa; e se non, a camiñar un pouquiño que non fai mal ningún. Que despois só queda pincharse un pouco cos toxos para chegar "á pedra do rei león" como digo eu...

Despois, acercaríame ata o Ézaro; pero de camiño, hai un sitio no que vale a pena parar un ratiño: Os muíños de Toba

Photobucket
Un bo sitio para facerse unha churrascada no verán os días de calor.
Photobucket

Seguímos a ruta cara Ézaro, onde se atopa, para min, un dos sitios máis bonitos que coñezo. Falo da desembocadura do río Xallas. O único de toda Europa que desemboca no mar en forma de fervenza.
Photobucket
(Aquí fóiseme un pouco a pinza coas cores no procesado... pero bueno.. aí queda)

Photobucket
Un recuncho espectacular
E se atravesas este minilago para meterte no embudo de pedra... podes alucinar
Photobucket
Creo que había algunha foto do "interior" do embudo na minireportaxe que fixera do descenso de barranco que fixemos por este mesmo río (preme aquí

Esta caída de auga foi aproveitada para construír unha central hidroeléctrica, da que aínda quedan motores antigos por aí estrados. Un deles chamoume a atención
Photobucket
Photobucket

Despois so queda subir ó mirador de Ézaro, que está aí ó lado
Photobucket

e esperar para vela posta de sol
Photobucket

Estas fotos foron sacadas coa 400D que me prestou Patricia e coa que estou sacando unha media de 300 fotos por día jeje.. así que hai material para próximas entradas...
Photobucket
Un millón de gracias!!

pd. Nalgún lado lin como quitar a linea esa que cubre a montaña...era algo de quitar "halos" pero non o atopo, se alguén me di onde está agradézollo :)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

300 fotos o dia!! ti si que es unha maquina, non coma estes que sacan unhas fotos de vez en cando (nos cales me incluyo), terei que buscar camara para poder afotar este veran.
Vemonos nunhas semanas!!
Un abrazo
Mesi

Nico dijo...

quen e patricia??pero ti non estabas con salvia??BRIBON!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

que fotos mas bonitas y los sitios tambien, si es cuando se trata de galicia!! jejeje

cuideseme jajaja saúdos dsd fuerteventura que gracia me hizo el comentario de isabel kon lo de ke te aplikes con las paredes de tu cuarto jajaja.

Rubén Prieto dijo...

300 non, levo unhas 530, pero é unha forma de falar jeje, e porque as baterías se acaban, que se non onte non pararía tan cedo (á 1 da noite) de sacar fotos.Xa te me vas pa Vietnam mesi?? pásao ben cabronazoooo!! jaja..

Nico, xa imos a cumplir un ano de amizade Salvia e eu ;) Son libre coma os paxariños libres.

Jeje, gracias Aliiis! miña nai é unha cachonda mental...Non sei se hai moitas que anden comentando nos blogs dos fillos, e sempre dando caña jaja.. se non é polas faltas de "horticultura" é por outro lado jeje...Eu xa lle digo que se ten que facer un blog, pero non me fai caso. Só con que vaia publicando os guións que tiña para un programa de radio de aquí da zona.. xa arrasaba. púleme en visitas fijo jaja.

Anónimo dijo...

Impresionantes las fotos chaval, se me han puesto los vellos de punta, que paisajes tan chulos, y que pedazos de fotos que has echado.

La chica del sur

Rubén Prieto dijo...

Muchas gracias chica, me alegro de que ya seas una de las comentaristas fijas... :)

besoss

Peter p. de Mille dijo...

Nico, Petricia é a rapaza da curva.

Eu atopeina unha noite vindo de Frixe cara a Pereiriña e avisoume dun control de alcoholemia.
Despois desapareceu.

E mira ti por onde que vouna a topar nos brazos deste "pichabrava".

Rubén Prieto dijo...

jajajajjaa