Moi boas!
Hoxe, debido ó temporal, non curro. Demasiado "jevis" as condicións para rapaces que acaban de empezar no surf; inda que hai algúns como Nico, que non lles da medo. Demostroumo onte ;)
Pois ben, como hoxe teño un ratiño, cólgovos dunha vez por todas unhas fotos que tiña ganas de que vírades. Como son moitas, e me iba a eternizar subíndoas, baixeilles algo a calidade, e eso que xa non era moi boa. Pido disculpas anticipadas.
O 4 de agosto fumos a facer o descenso do río xallas. De monitores ían os nosos amigos David (o deivís dos comentarios), David (bato, tarzán, masapán..), e Alberto (malías, judias, judi para os amigos).
Pasámolo en grande, e a paisaxe que puidemos disfrutar, non se ve tódolos días.
Comezamos:
O descenso comeza dende o embalse, e remata na tan coñecida fervenza do río Xallas

Equipados con traxes de buzo con reforzos, casco, chalecos e tenis vellos... chegamos á primeira poza

Tivemos auga totalmente cristalina durante todo o descenso, e cunha temperatura ideal, nin frio nin calor, cero grados.
Aquí vemos a Tei remolcando a Rosi

Pasamos por sitios que parecen escenarios dalgunha película de James Bond

E aquí o primeiro indicio de que este é un deporte de risco, jeje, unha pequena víbora veu a saudarnos o pouco de comezar. Aquí Bato (tarzán), salvándonos dos perigos. Pero unha idea nos rondaba ó resto... ¿por donde estaría a nai desta criatura?


chegou o primeiro saltiño decente. Aquí todos pensativos...


aquí david mostrándonos o seu dominio da situación :)

Neste salto todos nos animamos a facer a voltereta

Unhas saían ben e outras non tanto jeje

Outro salto, este xa era voluntario, so subía quen quería.

Aquí ó lado había outro máis alto, que é o do video
3 comentarios:
vaia pasada! encantoume! fun mirar unha vez o típico domingo que abren as comportas e está a fervernza de Ézaro en pleno apoxeo (e atestado de guiris) pero non imaxinaba que houbese tal cantidade de saltos e recunchos entre o embalse e o mar.
o pasariades de medo!
una saudo!
Que guaaaaaaai! Eu tamen queeeerooo! Eu tampouco tiña nin idea desa baixada....
Vendo a fervenza os domingos dache a impresión de que vén directamente ó dereito do encoro, jeje..
Moi chulas as "afotos"
Biquiños!
comoo MOOOLALAAAA EU TAMEN QUERO FACELO!!!!!!!!!!! jeje
xa era hora que despois de 3 anos facendo o barranco, conseguira unhas fotos con xeito del, e inda por riba cos meus colegas.jejeje.foi un dos barrancos mais comodos que fixen.
parece mentira que vivamos tan cerca dun sitio tan vonito e que apenas o coñeza a xente. ten vido xente do eraro e non saber que eso se podia facer,e que habia tantas pozas e saltos.jejeje
animo a todo o mundo a que veña a facelo, xa que se pasa moi ben e non e peligroso, podedes preguntarlle a xente que o fixo.
eso si eu dos monitore non me fiaria moito jejjjeej sobretoddo dun tal deivis que ta medio furado jejjeeje NOOOOOOO.
raquel cando veñas pasar uns dias pola tua terra queroche ver apuntada para facer o barranco que che ten que gustar mogollon.
e ti iago a cascada xa a vistes dende abaixo agora toca dende arriba,colgao por unha corda, saltando, nanado....
veña un saludo a todos e espero vernos polo barranco, que merece apena.
DEIVIS.
Publicar un comentario