Tes que perdoar...
Sei que baixou bastante o ritmo de actualización, pero non é por falta de ganas senon por falta de tempo e "organización" nesta vida que levo...
Cheguei hoxe a casa despois de andar dende finais de finais de Marzo por Coruña, Lugo, Santiago... Tiven un par de bolos, actuei nun par de cortos, asistín a un par estrenos de cortos, e un estreno no auditorio de Mera da serie "Matalobos" (13 de abril estreno na galega).
Comecei a semana cunha curta en Coruña dos rapaces da escola de imaxe e son de Coruña
Paseino xenial. Un trato excepcional e unha rodaxe moi relaxada que durou dous días, entre risas e bromas pero con moita profesionalidade.
A miña compañeira, Cristina Ramallal, unha excelente actriz coa que me encantou traballar e da que aprendín moito.
O mércores e xoves, outra Curta. Tamén doutro grupo de rapaces da Eis da coruña.
A mellor xefa de producción improvisada, sempre é algunha Mamá preocupada...jeje
E en canto acabámola rodaxe, pitando para Lugo a ver a estrea da curta Campelo, no círculo das artes.
Vaia sorpresa me levei cando vin tanta xente!
Estes rapaces da fundación TIC son uns cracks. Tomáronse todo moi en serio e curraron bastante. Nun futuro seguramente estaremos comendo unhas palomitas e vendo no cine algunha longametraxe feita e dirixida por algunha destas futuras promesas.
Ese xoves tocou un pouco de festa por Lugo con vellos amigos da vida universitaria e o venres, de volta para A Coruña. Á estrea dunha curtametraxe cómica na que actuei a finais de novembro "gracias pola súa visita". Unha curta dun taller dirixido por Jairo Iglesias "el nuevo Amenabar"
En canto rematou a proxección desta curta, correndo pitando para Mera, onde houbo un pedazo de acto para a presentación da serie "Matalobos" (onde estou de extra) e a proxección do primeiro capítulo que se estrea o 13 de abril. Recomendada (http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2009/04/04/0003_7633937.htm). En canto acabou a proxección, correndo pitando para coruña de novo onde tiña un bolo. E en canto acabou o bolo, xunto os amigos que xa andaban de festa pola zonda vella.
Onde visitei a un gran amigo, Manel, no seu gran local "la Fvndación". Sempre cheo e cun ambiente tremendo...
O sábado levei a casa un dos mellores regalos que me fixeron...(xa vos contarei) e aproveitei para continuar co mural da moto, e o Domingo de volta para Santiago a grabar unhas cousiñas...
Bueno, isto foi máis ben unha especie de repaso mental que me fixen para reordenar a cantidade de recordos e novos amigos que teño desta semana...Síntoo se non foi do teu interese. Pero a min axudoume jeje. Non tiven que deixar a boa costume de escribir nun bloc de notas un micro resumo do que facía cada día...
Agora vou a seguir cos murais, e se me da tempo aínda me pego unha escapada á praia polo medio.
Sede moi felices
2 comentarios:
joer rubensiño no has parado!! jajajaj, me alegro por ti, pasalo bien que estas experiencias son las que enriquecen a uno como persona.
saúdos dsd tierras de jairas
Graciaas. Claro, eu pásoo xenial. Coñécese a un montón de xente, fas novos amigos, sempre se aprende algo... é moi enriquecedor
biquiñooss
Publicar un comentario