O que pensei que me ía a levar pouco tempo, estame dando bastante traballo. O que pensaba que estaba chupado, é difífil, e o que me parecía complicado, non o era tanto.
Esto é un mundo.
Antes do finde, deixei o debuxo así
Non o puiden tocar entre outras cousas porque non abriron o taller, e porque houbo outras actividades alternativas como forixempol, bañiño tablonero en nemiña e con vento cruzado. (vaia trompazo que me din nunha orillera na que se me puxo o tablón de canto despois dun bache e decidín castigala dándolle un golpazo no canto co antebrazo)
Pero hoxe paseime polo taller pensando que a ía a rematar.. e resulta que aínda me queda máis da metade. A ver se en dous días máis a remato.
Así a deixei hoxe
Anímovos a descubrir os fallos máis gordos que ten por ahora.. que haberlos hailos
Como coloca a pintura; teño o olor metido ata curuto do cerebro, téñoa penetrándome dende detrás dos globos oculares ata o occipital atravesándome o cerebro polo medio a través de un fío de dor.
apertas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario