miércoles, 5 de diciembre de 2007

Inten tow-in

Boas!

Onte non sabía que facer co maretón eu só, así que chamei a Carlos de Camelle para ver que poderíamos facer das nosas vidas... e xusto estaba a punto de chamarme el a amin. O plan era baixar a súa moto de auga, e ir a facer tow-in a unha ola grande que rompe no medio e medio entre a ría de Camariñas e Muxía. Eu, obviamente, aceptei encantado :)

Levei a miña táboa de kite, unha 6,8 e o tablón 9,2, por se o olón era tendido.
A moto en cuestión é esta
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
É unha burra de nada máis e nada menos que 170 cabalos... case nada. Ten unha potencia que tira pa`atrás (literalmente).

Fomos ata a ola pero o vento non lle pegaba ben. Había moitos botes e a tabla de kite que levei non era a adecuada (demasiado pequena), pero houbo un par de seriotes que os surfeamos coa moto. Unha pasada
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Me parece que me quedei corto co tamaño.
Despois fumos todo pola costa vendo e surfeando coa moto tódolos tombos, tronchos, olotes (como queirades) que rompían preto das rochas e no medio do mar. (tranki ma, levábamos móbil:)

A ruta que fixemos foi esta (máis ou menos)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O "garabato" que vedes dentro da ría de Camariñas, foi que aproveitamos que aí a superficie da auga estaba completamente lisa para facer wake coa tabla de kite, e máis para pegar unhas carreiriñas coa moto. Como anda a condenada! eu peso cerca dos 90 e Carlos andará cerca dos 80, e cos dous encima, a moto acadou as 62 millas... que si multiplicades por 1,842 tedes os kilómetros/hora. Cunha persoa sola colle as 70 millas. Pero quizaves o que máis me chama a atención destas máquinas é a aceleración. Cando a levaba eu, e Carlos me dicía: "dalle caña!!!" eu apretaba o gatillo a fondo e tiña que agarrarme realmente forte ó manillar para que a moto non me deixara atrás.

Aproveitamos a ocasión e pasoume unhas fotos dunha sesión que lles fotografiei unha vez en Traba. Estábamos todos na auga pillando olas bastante boas, ata que eu notei que a miña táboa (unha 7,5) ía algo descontrolada. Rompérame unha quilla.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Saín da auga e aproveitei para coller a cámara de Carlos e sacar algunha fotiña.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Carlos e Mesi: Vas? -Vou!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Carlos apurando

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

A ver se amaño a táboa que dende aquela está sen quilla, que vergonza, xa pasou máis de un ano seguro. Ademáis esa táboa é ideal para olas grandes, que ultimamente me están encantando...
Hoxe collimos Rostro Rueda e eu. Revoltijo, pero algunha saía, e algún sifón tamén :)

E xa para despedirme...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Mundaka? non... Costa da Morte :)

Unha aperta!

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola!
Carlos de Camelle coñece a Nadia de Xaviña, jeje, que pequeno é o mundo. Vaia, creo que é o mesmo. É que a semana pasada falei con ela e díxome dun surfeiro de Camelle que te coñecía e que ía contigo ó mar.

Hala. taloguiño!

PD: xa faltan dúas semaniñas pra que coñezas ó teu sobriñooo! :-)

Anónimo dijo...

Vaya fotazas!!! Conozco la zona, deberíais de guardar los secretos en un baúl y tirar la llave!! Mi buenas olas en esas fotos, mi mas sincera enhorabuena...

Anónimo dijo...

Donde puse "Mi" deberia poner Muy....... estoy algo torpe.

estrela dijo...

Muy buenas fotos Ruben,nosotros por la zona de aqui abajo no tuvimos tan buena suerte estos dias,y para movernos ya se hace de noche muy rapido,a ver si hay mas suerte este puente, un saludo

Rubén Prieto dijo...

Sip, é el raquele :) El é o mozo da irmá do home de Nadia..si si, volve a lelo anda jajaj.
Teño un sobriño!!!?? estas embarazada??!!!! buaaa ke guaaayy!!! jajaja de canto estás??
Un bikiño

Graciñas antisurfer!
As fotos son algo sosas como diría Dani Almeida por non ter nada ó fondo, solo auga... pero as olas que había ese día eran o obxectivo principal..
Claro que gardamos algún que outro secreto, pero Traba de secreto penso que ten máis ben pouco :) Tampouco pensedes que está sempre así! esas fotos son de fai un ano e medio polo menos e dende aquela non volvín a botarme nesa praia. E eso que vivo relativamente cerca.
É o de sempre, coas condicións coas que rompe aí hai moitísimas praias por toda Galicia, e eu teño Rostro ó lado de casa, así que poucas veces me arrisco a gastar gasolina cando teño condicións preto.

Unha aperta!

Rubén Prieto dijo...

graciñas estrela, por aquí estamos nas mesmas. Tampouco penses que temos moi boas olas. Parece mentira, con tanto maretón e a maior parte dos surfeiros en casa.
Hai que buscar sitios ben resgardados ou botarlle un par e botarse nos sitios de sempre jeje.
e tes razón, hai que comer á 1 e media ou así para poder aproveitar algo de día, que si non...fáisenos noite en menos de nada. Falando do tema.. vou a facer a comida :)

Natural Mystic dijo...

xoooooooderrrrrrr meuuu que olas!!!!
Por certo dalle recordos a Rueda da miña parte!!

ain nos esoitei de que se jodera algun faro, nin barco!

unha aperta!

KingMatt dijo...

Mimadriña, estades feitos unhos Lobos de Mar, JAJAJA. Mira, asi escomenzou tamen Ibon Amatriain, e hoxe en dia esta invitado o Eddie Aikau. Hala, a entrenar duro, rapaces, a ver se chegades a ser os primeiros Tow-in Surfeiros Serios de Galiza. JAJAJAJA. Por certo:¡¡¡Estades coma Cabuxos.!!!

Un Saudiño.

Rubén Prieto dijo...

JAJAJAJA coma cabuxos di o outro jajaja... Ke va, creo que máis de 6 ou 7 metros xa é demasiado arriscar. Aumentan demasiado os riscos. Un mal golpe que te deixe sen respiración no revolcón e atalogo.Eddie aikau...?? nin que me den o premio do gañador por solo participar jejeje. Ademáis, fijo que xa non me deixa mina nai. jajaja.
Pero eso si, sempre digo que ante o tamaño das olas nos atopamos antes cos límites psicolóxicos que cos físicos.E a palabra "entrenar" non me gusta empregala no "vocabulario surfeiro". Relaciónoo con traballar,con esforzarse, con competición, con querer ser mellor que outros... e non me vai ese rollo :) Penso que mola máis o surf libre, surfear solo para disfrutar e gozar das amizades que se fan na auga e na blogosfera ;)

Dareille os recordos pita!
O outro día fun ó faro a ver o seu "piso".Que pasada, ten a terraza coas mellores vistas de Europa :) saquei fotos pero non se poden publicar... pódenme multar si me cachan publicando fotos do interior do faro.
Unha pena.

Xa me tarda a quedada!

Rubén Prieto dijo...

Ah! e que ninguén se sinta obrigado a escribir en galego eh!Si vos apetece facelo perfecto, e si non quérovos igual eh! graciñas a todos os que visitades e soledes escribir no blog. Dádeslle moita vida á páxina
graciñas de novo.

Se hai alguén que smpre lea pero que nunca escribe que se anime! que esto é unha gran familia e debe ir en aumento!

Andrés dijo...

Hola Ruben. Que olas! esas hacen falta por aquí.

Saludos!

Maika Boquete dijo...

E despois ándaste queixando de que non tes fotos boas... manda carallo! A que anda escasa de fotos son eu, últimamente non vou nada a praia, parece que fixen o fotolog pra criar arañas, xa teño gañas de colgar novas e frescas fotos!
P.d. déchesme unha envidia có paseo na moto...có que me gusta a min esa zona.
Saudiños!Maika

Anónimo dijo...

esa derechita potente, quizas me suene...
ummmm

disfrutar de eso cabroncetes...
sigue poniendo fotos de ese calibre,la magia está en guardar algun secreto..

Rubén Prieto dijo...

Andres.. tambien hacen falta por aquí, que hace mucho tiempo que no veo ni surfeo olas como las de las fotos :) exceptuando una derecha que me regaló rostro hace poco

Maika, para unha vez que poño fotos de surf e non dibuxiños feitos a última hora con lapis jejej... non botemos bombas. O paseo na moto a verdade é que foi unha chulada...sobretodo o espectáculo de estar entre as olas que normalmente a xente vai a ver dende os cabos ou faros

Anonimo.. seguir con fotos así? complicado jeje... faría falta ter unha factoría de olas... ou vivir en hawai... prométoche disfrutar todo o posible destas olas :)

Un abrazo a todos

Anónimo dijo...

JODER MEU VAIAN ONDAS K TEDES POR AI.

Rubén Prieto dijo...

Olas malas non hai, pero como esas non as hai máis de 6 veces o ano eh... calculo eu :)

"Rapaz calquera", teño unhas ganas de coñecerte que flipas, tes ke darme o teu correo e falamos.
O día que me de a venada colgo como entrada no meu blog o comentario que me respondiches no blog de nestor jaja

Anónimo dijo...

si joder.poderoserrimo@hotmail.com.me podo conectar so mercores xoves e vernes a noito so k e inalambrico deste das aldeas.aver se un dia doulle a tabarra a nestor de ir por ala.ademais promentinlle a un amigo de razo k estudiou cociña tamen e k se chama xisco ir por ai.un saudo