Mentres comíamos, alucinei cando pensei que vira unha balea tremenda polo rabillo do ollo, pero era un submarino! impresionante. Nunca vira un

quedáronme ganas de ir ó porto para ver se nos podíamos acercar a velo... pero ó final pasamos.
Subimos á Torre...
e baixamos


Despois visitamos o Domus. Xa fora de pequeno, de excursión co colexo, pero neses casos vas máis atento a tocalo todo e rirte cos compañeiros que a reflexionar sobre o que poñen "os montonciños de letras"
Aínda así pegámonos unhas risas vendo como nos quedarían uns quiliños de máis

e algún de menos

e vendo como quedaría a súa cara co meu nariz e a miña fronte :)

Despois disto decidín non ter fillos por se acaso jejeje
De noite, despois de tomar un chocolate con churros, tiven quedarme un rato no coche escoitando música, e antes de quedarme durmido púxenme a garabatear nun bloc de notas que atopei. Por practicar. Despois de uns garabatos fallidos e non saber que dibuxar, mirei arredor para ver se algunha idea me entraba pola vista ata que me atopei no retrovisor. Empecei polo ollo e despois emocioneime e seguín, aínda que a boca me quedou algo rara, e non tiña sitio para acabalo todo. Igual un día si me da a venada intento autorretratarme en serio.

O que me coñeza xa me dirá si se me recoñece ou non... eu penso que aínda hai que pulir bastante :)
Ó chegar a casa non puiden evitar volver a probarme o traxe novo (penso que todos o fixemos algunha vez non? jej) e recordar a ..^¨erd^"-... de traxe co que me estaba botando ultimamente. Estreneino a finais do inverno e mirade xa como estaba. É certo que durante o verán co tema dos cursos (houbo semanas que estiven 6 horas diarias na auga)o traxe levou bastante tralla, pero penso que a pesar disto se deteriorou demasiado, non credes?
mirade o pescozo

e o agrietado que está

e este é o novo que comprei na tenda de Dani en Raz.

Nunca tiven un oneill, a ver como me vai. Parece ser que é un dos poucos ou o único que ten termosellado por dentro e por fora ó mesmo tempo... ten uns detalliños moi chulos, a ver con que olas o estreno mañá :)
Con que sexan como estas xa me conformo

Unha aperta a todos