Eu sempre digo que non se deben de saltar olas, pero de facelo, facelo cun pouco de estilo non?
jajaja... En fin... hoxe o pobre de Uxío tivo que aturar o meu frenesí por coller moitas olas en pouco tempo antes de ir a traballar (si, a traballar, liches ben... os martes toca teatro cos nenos de Corcubión).
Bueno, na miña defensa dicir que estes días, nos que as olas son diminutas, levo tablón, e todos na auga somos amigos...
(Marcos, Uxío e Alex, creo)
... eu sempre cambio o berro "voou!" por "imoos imoos!!" :) e invítoos a todos a subirse ó meu barco :)
Si é que, estes días que entras por mollar o traxe, acaban sendo divertidos e todo. Hoxe, gracias ó longboard, puiden disfrutar dun día precioso de olas pequenas, fofas, tendidas e vento "imperfecto".
Unha a aperta a todos!
Pd. Grazañas a Juanma por estar aí ó pé da "canon"
2 comentarios:
somos de corcubiooooon!!! sinto pola xente q non é de corcubion.jeje.
tei
jajaja...tei.. pa un comentario que me pos e confúndeste de entrada? jeje
abrasoooooo!
Publicar un comentario